{"id":9144,"date":"2009-02-27T07:30:00","date_gmt":"2009-02-27T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:20:22","modified_gmt":"2024-11-12T14:20:22","slug":"e-o-fin-campana-finaliza-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/02\/27\/e-o-fin-campana-finaliza-hoxe\/","title":{"rendered":"&#8230; e \u00f3 fin, a campa\u00f1a finaliza hoxe"},"content":{"rendered":"<p>Din que foi non a m\u00e1is dura, sen\u00f3n a m\u00e1is rastrera que se lembra. Onte, a charla de Onda Cero rematou con dous minutos para falar sobre a impresi\u00f3n da campa\u00f1a. Un contertulio, <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodriguez<\/a>, dixo o que eu remato de dicir. Eu contenteime con dicir algo as\u00ed como &#8216;se un pol\u00edtico quere ser crible nas pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns, nestas deber\u00eda sa\u00edr pedir a abstenci\u00f3n&#8217;. \u00c9 dicir, algo que non vai suceder por ser unha especie de contradicci\u00f3n. Pero o caso \u00e9 que cada vez m\u00e1is, vexo posible unha situaci\u00f3n parella \u00e1 que descrebe <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_Saramago\">Saramago<\/a> no seu &#8216;Ensaio sobre a lucidez&#8217; (e que xa <a href=\"site:http:\/\/ribadeando.blogspot.com%20Saramago\">toquei algunha vez no blog<\/a>), unha votaci\u00f3n con maior\u00eda aplastante de votos en branco e coa posibilidade de que o pa\u00eds, a estrutura social, siga funcionando a pesares dunha guerra declarada da estrutura pol\u00edtica fronte \u00e1 sociedade. Isto \u00faltimo, algo que xa planea como realidade en moitas cabezas.<br \/>\nMa\u00f1\u00e1 ser\u00e1 a &#8216;xornada de reflexi\u00f3n&#8217;, un feito que parece negar precisamente a posibilidade de reflexi\u00f3n \u00e1 deixala referida a unha soa xornada, mentras permete que se bombardee con anuncios o resto do tempo. Anuncios que xa se asume, pola experiencia previa, que non te\u00f1en ning\u00fan valor: peor que papel mollado, pois non soen aparecer nun documento asinado, sen\u00f3n recollidos como noticia.<br \/>\nAlgunha an\u00e9cdota despois de cumprir que pouco \u00eda tratar das elecci\u00f3ns no blog: remato de mirar &#8216;elecci\u00f3ns 2009&#8217; no buscador e a p\u00e1xina oficial da Xunta sae &#8230; no 5\u00ba lugar, abondo despois, por exemplo, do v\u00eddeo promocional sobre a &#8216;Frente Popular Galega&#8217;.<br \/>\nVexo na web as &#8216;CANDIDATURAS PROCLAMADAS NA CIRCUNSCRICI\u00d3N ELECTORAL DE LUGO&#8217;, e son as seguintes:<br \/>\n1. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPA\u00d1OL (PSdeG-PSOE)<br \/>\n2. PARTIDO POPULAR (P.P.)<br \/>\n3. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)<br \/>\n4. UNI\u00d3N, PROGRESO Y DEMOCRACIA (UPyD)<br \/>\n5. N\u00d3S-UNIDADE POPULAR (N\u00d3S-UP)<br \/>\n6. ESQUERDA UNIDA &#8211; IZQUIERDA UNIDA (EU-IU)<br \/>\n7. POR UN MUNDO M\u00c1S JUSTO (PUM+J)<br \/>\n8. FALANGE ESPA\u00d1OLA DE LAS J.O.N.S. (FE de las JONS)<br \/>\n9. TERRA GALEGA (TEGA)<br \/>\n10. GALICIA UNIDA (GU)<br \/>\n11. PARTIDO HUMANISTA (PH)<br \/>\n12 + GALICIA (+G)<br \/>\n13. FRENTE POPULAR GALEGA (F.P.G.)<br \/>\nPreg\u00fantome, cal \u00e9 a orde na que se dispo\u00f1en as candidaturas?. Por certo, a FPG ista volta sae na \u00faltima praza. Picoume a curiosidade de que son algunhas delas, e tentarei procurar informaci\u00f3n. Pero non agora.<br \/>\nNon podo deixar de comparar o ambiente das elecci\u00f3ns con citas dun artigo atrasado que remato de ler onte: &#8216;Non hai patria pequena \u00e1 hora de defendela&#8217; ser\u00eda algo tildable de cousas como patrioterismo, pero se vai seguido de &#8216;o home que da s\u00faa patria non esixe m\u00e1is que un palmo de terra para a s\u00faa sepultura, merece ser o\u00eddo, e non s\u00f3 ser o\u00eddo, sen\u00f3n tam\u00e9n ser crido&#8217;, a cousa xa comeza a ter algo m\u00e1is de corpo. Polo medio, o concepto de patria e alg\u00fan m\u00e1is que caber\u00eda matizar abondo, pero as ideas de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Sandino\">Sandino<\/a>, de quen son as citas, piden ser escoitadas, non ser aceptadas tal cual de xeito universal.<br \/>\nMa\u00f1\u00e1, reflexi\u00f3n, ser\u00e1 asemade o momento de comentar unha serie de novas atrasadas en relaci\u00f3n con Ribadeo&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Din que foi non a m\u00e1is dura, sen\u00f3n a m\u00e1is rastrera que se lembra. Onte, a charla de Onda Cero rematou con dous minutos para falar sobre a impresi\u00f3n da campa\u00f1a. Un contertulio, Jos\u00e9 M\u00aa Rodriguez, dixo o que eu remato de dicir. Eu contenteime con dicir algo as\u00ed como &#8216;se un pol\u00edtico quere ser [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,32,13,9],"class_list":["post-9144","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9144","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9144"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9144\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9144"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9144"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9144"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}