{"id":9114,"date":"2009-03-17T07:20:00","date_gmt":"2009-03-17T06:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:19:25","modified_gmt":"2024-11-12T14:19:25","slug":"pleno-de-16-de-marzo-de-2009","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/03\/17\/pleno-de-16-de-marzo-de-2009\/","title":{"rendered":"Pleno de 16 de marzo de 2009"},"content":{"rendered":"<p>Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e dem\u00e1is que se fan \u00f3 longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde \u00e1s que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en poucas palabras, far\u00eda fincap\u00e9 en que o balance de forzas externo, debido \u00e1s elecci\u00f3ns galegas, fixo mella na li\u00f1a habitual de cada un dos grupos, sutilmente, de xeito que no futuro \u00e9 posible que nos esperen plenos diferentes en canto a correlaci\u00f3n de forzas e alianzas no sal\u00f3n, que non l\u00f3xicamente no n\u00famero de concelleiros ata as pr\u00f3ximas elecci\u00f3ns.<br \/>\nComezou aprob\u00e1ndose as d\u00faas actas anteriores. O punto n\u00famero 2 foi unha daci\u00f3n de contas do grupo de goberno, preguntando a oposici\u00f3n por diversas facturas das tratadas. Entre outras moitas, sa\u00edron a relocier a primeira limpeza de mantemento do dep\u00f3sito de combustible que mante\u0144 o concello entre o Pazo de Ib\u00e1\u00f1ez e a Aduana, a petici\u00f3n do n\u00famero de exemplares de &#8216;Ribadeo de Tapeo&#8217; (3 000 \u20ac), 2030 \u20ac en concepto de p\u00e1xina web, obras por 20 000 e 40 000\u20ac no centro de d\u00eda, subvencionadas pola Deputaci\u00f3n Provincial, un informe de intervenci\u00f3n sobre o exceso de gastos (un m\u00e1is e non o peor, onde se corrixiron xa alg\u00fans vicios anteriores, segundo o equipo de goberno), etc. Como curiosidade, Balbino P\u00e9rez pediu a presentaci\u00f3n de t\u00f3dolos informes anteriores, despois da s\u00faa propa petici\u00f3n de saber se o alcalde fora part\u00edcipe do equipo de goberno que el presid\u00eda; &#8216;para rematar coas culpas sobre as d\u00e9bedas e excesos de gastos&#8217; (m\u00e1is ou menos foi o motivo que aduxo).<br \/>\nA adhesi\u00f3n \u00e1 &#8216;Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica Interrexional&#8217; en torno \u00e1 Reserva da Biosfera deu lugar a un debate que non esperaba. Postulouse o alcalde como representante e foron votados tam\u00e9n os estatutos. Votou PP contra o resto dos grupos, pero o interesante estivo en que en contra do normal, que o suplente do representante en asociaci\u00f3n diversas fora ampliamente discutido segundo ven sendo tradicional, neste caso, insistiu UPRi en saber quen era o proposto, pero nada m\u00e1is. E iso porque se usou unha f\u00f3rmula normal de substituci\u00f3n, sen ser nomeada en principio: o substituto do alcalde \u00e9 a Tenente de Alcalde 1\u00aa. O PP cualificou de ilegais os estatutos, e a asociaci\u00f3n de chiringuito do PSOE, fixo sa\u00edr a relocer que est\u00e1 sen asignaci\u00f3n de cotas por aprte dos concellos participantes, destacou que a s\u00e9 estar\u00eda na Veiga e non en Ribadeo, que a diretiva estaba constitu\u00edda de 3+3 (Asturias\/Galicia) representantes de concellos, co que espant\u00e1base a outros posibles socios e contribu\u00edntes, como as Deputaci\u00f3ns, etc. Foi contestado polo alcalde entre outras cousas que non se prev\u00e9 aportaci\u00f3n econ\u00f3mica ou que o BNG que representa o alcalde est\u00e1 abondo menos representado que os outros partidos (en relaci\u00f3n \u00f3 de &#8216;chiringuito&#8217;)<br \/>\nO nome das r\u00faas xa esta acordado: quedan <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/03\/os-mortos-xa-chegaron.html\">Amadora Su\u00e1rez Couto e Ernestina Mansilla<\/a> asignados, na procura de sitio para seren aplicados Saudade e 8 de marzo e o resto, adiados, ped\u00edndose asemade un establecemento de criterios para asignaci\u00f3n de nomes no futuro.<br \/>\nFoi a partir deste pundo cando a audiencia, que chegou a ser de 22 persoas nalg\u00fan momento, comezou a desfilar segundo intereses persoais, quedando \u00f3 final unha decea de persoas.<br \/>\nO punto seguinte, sobre o Regulamento da Agrupaci\u00f3n Municipal de Voluntarios de Protecci\u00f3n Civil, foi votado a favor de xeito un\u00e1nime, con escarceos sobre que os voluntarios non foron consultados ou si o foron, a baralla sobre o n\u00famero de membros (m\u00e1is de 100) e a s\u00faa pertenza real operativa, o control democr\u00e1tico e a constataci\u00f3n de que \u00e9 infinitamente mellor do que hab\u00eda.<br \/>\nPasouse a licenzas de ocupaci\u00f3n com\u00fans, xa tratadas e consensuadas con anterioridade, o regulamento de actividades deportivas municipais, sobre o que tam\u00e9n hab\u00eda consenso, e logo, a unha moci\u00f3n do PP sobre a modificaci\u00f3n da lei eleitoral (en relaci\u00f3n co voto exterior), moci\u00f3n que segundo parece se presentou en outubro. A votaci\u00f3n deixou a abstenci\u00f3n do PSOE fronte \u00f3s outros grupos municipais, despois de remarcar diversos aspectos uns grupos sobre as posturas dos outros ou o feito de que un rec\u00e9n trasladado a Catalu\u00f1a non poda votar nas galegas e si o poda facer un neto de emigrantes que non pisou nunca a terra.<br \/>\nO apartado de Rogos e Preguntas, como soe suceder, foi longo, encabezado pola UPRi, o que deu lugar \u00e1 petici\u00f3n final do PP de que se alternaran en contravolta os grupos de comezo para que non lles pisaran as s\u00faas propostas e quedaran m\u00e1is visibles, o que Jos\u00e9 carlos Rodr\u00edguez propuxo a car\u00f3n de que asemade se usaran as normas correspondentes para que as daci\u00f3ns de contas non se eternizaran a ra\u00edz das preguntas dalg\u00fan grupo (UPRi)<br \/>\nEste punto final deu lugar a aut\u00e9nticas curiosidades. Noutro post sair\u00e1n algunhas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e dem\u00e1is que se fan \u00f3 longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde \u00e1s que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-9114","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9114","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9114"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9114\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9114"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9114"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9114"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}