{"id":9113,"date":"2009-03-17T18:28:00","date_gmt":"2009-03-17T17:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:19:24","modified_gmt":"2024-11-12T14:19:24","slug":"pleno-de-16-de-marzo-de-2009-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/03\/17\/pleno-de-16-de-marzo-de-2009-ii\/","title":{"rendered":"Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)"},"content":{"rendered":"<p>Despois do rese\u00f1ado en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/03\/pleno-de-16-de-marzo-de-2009.html\">&#8220;Pleno de 16 de marzo de 2009&#8221;<\/a>  pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei m\u00e1is importantes ou curiosas:<br \/>\nReiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o n\u00famero de turistas provintes do Uruguai. A pregunta, clara e cristalina, en relaci\u00f3n coa <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/ribadeo-e-sa-nave-no-porto-de-mirasol.html\">viaxe a quel pa\u00eds efectuado por representantes municipais da zona (inclu\u00edda Ribadeo) \u00f3 Uruguai o pasado ano<\/a>.<br \/>\nPediuse a retirada de carteis eleitorais: no que eu lembro, v\u00e1ise convertendo en tradici\u00f3n o incumprir o tempo de po\u00f1elos e de quitalos. A conta diso, o alcalde lembrou a extralimitaci\u00f3n da propaganda ac\u00fastica da UPRi nas lecci\u00f3ns locais (algo sobre o que segue sen actuarse, esto da contaminaci\u00f3n ac\u00fastica&#8230;)<br \/>\nDende hai tempo hai os venres, \u00e1 entrada do Pazo do concello, un atado con unha tira de exemplares de &#8216;La Voz de Galicia&#8217;. Parece ser que non se pagan (alomenos, polo concello)<br \/>\n&#8230; pedindo atallar as cagadas de cans. Como desculpa, o alcalde relatou un caso dun can que cagou no parque &#8230; \u00e1 beira do amo e diante do propio alcalde. Pero quedeime sorprendido de que o alcalde non dixera que fixo a continuaci\u00f3n (e quedei sen sabelo, claro)<br \/>\nA reparaci\u00f3n da estrada da piscifactor\u00eda (ver por exemplo un <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/o-pxom-de-ribadeo-revisitado.html\">post coa lagoa Cascos en foto<\/a>) deu lugar a unha explicaci\u00f3n de futuras pr\u00f3ximas reparaci\u00f3ns a conta de entidades diferentes do concello, para aforrar cartos.<br \/>\nLembro que a petici\u00f3n final de Jos\u00e9 Carlos Rodr\u00edguez (ver <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\">post anterior en Ribadeando<\/a>) foi para establecer o uso dunha normativa e acortar os plenos, algo que non estar\u00eda de m\u00e1is, a\u00ednda que entendo que ter\u00eda como contrapartida o que foran menos amenos e menos intelixibles. Os actuais, m\u00e1is calmados (a Deus grazas) do que foron en tempos non moi lonxanos, non deixan de ser did\u00e1cticos e listrativos en moitos sentidos, o que pode que infl\u00faa no aumento relativo de xente asistente.<br \/>\nQuedaron para despois do pleno, coma sempre, as preguntas das asociaci\u00f3ns, que, coma sempre, foron s\u00f3 de <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/03\/preguntas-o-pleno-de-marzo-de-2009.html\">O Tes\u00f3n<\/a>.<br \/>\nA primeira (ver a <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/03\/preguntas-o-pleno-de-marzo-de-2009.html\">ligaz\u00f3n<\/a>) sobre o regulamento de participaci\u00f3n cidad\u00e1, deu lugar a unha resposta ambigua, no sentido en que se consultar\u00e1 se est\u00e1 vixente o regulamento do 90 ou non, e que non houbo tempo para dar pulo a un novo regulamento (a lembrar que foi presentado xa polo <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/02\/apuntes-para-un-regulamento-de.html\">Tes\u00f3n no concello<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/nota-de-prensa-xuntanza-da-mesa-de.html\">na Mesa de asociaci\u00f3ns<\/a>, a parte de enviado a t\u00f3dolos partidos).<br \/>\nA resposta \u00e1 segunda, sobre vagabundos e mendigos, comezou co reco\u00f1ecemento de que algunha medida est\u00e1 tom\u00e1ndose (non dixo cales), pero con resultado d\u00e9bil, por ser un tema complicado: a P.L. non ten dereito a botar a xente da r\u00faa, e non e cousa de po\u00f1erse como en Marbella, en plan nazi (o alacalde non empregou esta verba). Coido que hai cauces entre o &#8216;laissez faire&#8217; e o nazismo, respetando \u00e1s persoas. Pero, igual que noutros campos, hai moito que cami\u00f1ar para facer as cousas medianamente ben.<br \/>\nSobre as obras de compensaci\u00f3n de exposici\u00f3ns, aclarouse que o dep\u00f3sito est\u00e1 na Casa do concello, e que est\u00e1 previsto que a conceller\u00eda de cultura distrib\u00faa obra cedida para que sexa realmente usada, pero est\u00e1 pendente de regulamento. En troques, o tema da lista de obras e o cotexo entre as obras e as exposici\u00f3ns, para ver que a norma se aplica por igual a todo o mundo, quedou sen resposta algunha, polo que o tema voltar\u00e1 a sa\u00edr.<br \/>\nRespecto \u00f3 pago \u00e1 SGAE, quedou claro que este ano non rematou para saber canto se lle dar\u00e1, quedou clara a existencia dun convenio marco coa SGAE e o rexeitamento do alcalde de que haxa que pagar por cousas como a actuaci\u00f3n da banda de m\u00fasica, inclu\u00edndo temas xa de dominio p\u00fablico (algo que lle parece &#8216;indigno&#8217;). Deixou claro que daban ganas de voltarse insubmiso, pero non son cartos del, sen\u00f3n dos vici\u00f1os (a entender que debe xestionar para evitar represalias \u00f3s vici\u00f1os, non que os cartos est\u00e1n sendo xestionados dun xeito menos estrito que se foran propios)<br \/>\nEn canto \u00e1 pregunta, quedou en cursar a correspondente petici\u00f3n a Fomento, comentando que incid\u00eda nunha das preguntas feitas no mesmo pleno por un dos grupos (Ram\u00f3n, PSOE)<br \/>\nPoder\u00edan facerse m\u00e1is comentarios, pero coido que por esta, queda mellor as\u00ed, deixando claros os comentarios e circunscrib\u00edndoos a temas e repostas puntuais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois do rese\u00f1ado en &#8220;Pleno de 16 de marzo de 2009&#8221; pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei m\u00e1is importantes ou curiosas: Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o n\u00famero de turistas provintes do Uruguai. A pregunta, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-9113","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9113","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9113"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9113\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9113"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9113"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9113"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}