{"id":9111,"date":"2009-03-18T07:30:00","date_gmt":"2009-03-18T06:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:19:21","modified_gmt":"2024-11-12T14:19:21","slug":"de-novo-o-ruido-e-nova-ainda-que-non","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/03\/18\/de-novo-o-ruido-e-nova-ainda-que-non\/","title":{"rendered":"De novo, o ru\u00eddo \u00e9 nova, a\u00ednda que non sexa en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Un amigo envioume hai un par de d\u00edas <a href=\"http:\/\/www.elmundo.es\/elmundo\/2009\/03\/16\/barcelona\/1237198743.html\">ista nova<\/a>, que xa vin <a href=\"http:\/\/www.google.es\/search?q=Condenan+a+cinco+a%C3%B1os+de+prisi%C3%B3n+pub+barcelona&amp;ie=utf-8&amp;oe=utf-8&amp;aq=t&amp;rls=com.ubuntu:en-US:unofficial&amp;client=firefox-a\">replicada en varios sitios<\/a>. Chegou a min onte, e onte resultou ser S. Patricio, Patrono de Irlanda, co que o mes\u00f3n pr\u00f3ximo, que ten certo gusto polo Irland\u00e9s, organizou unha festa, e que festa hai sen m\u00fasica?<br \/>\nEn fin, en Ribadeo non hai polic\u00edas locais m\u00e1is al\u00f3 das 10 da noite durante a semana, e a Guardia Civil non ten son\u00f3metro, e&#8230; e como soe dicirse, a carabina de Ambrosio.<br \/>\nChama a atenci\u00f3n a nova de que a condena recibida segundo a nova ligada \u00e9 a primeira que reco\u00f1ece lesi\u00f3ns producidas polo ru\u00eddo. Non \u00e9 co\u00f1a. \u00c9 dif\u00edcil probar a relaci\u00f3n entre efectos sanitarios e ru\u00eddo; non porque non exista, sen\u00f3n porque non ten efectos facilmente diferenciables se non se fai un seguemento minuto a minuto da vida da persoa, dos efectos que podan ser derivados doutras fontes, mesmo de irregularidades ou tendencias na propia persoa, e a quen non sofre o ru\u00eddo par\u00e9celle de co\u00f1a que poda ser tan perxudicial.<br \/>\nSeguindo o comentario da nova, di que era un bar que instalou equipo de m\u00fasica. En Ribadeo, a alg\u00fan bar con equipo de m\u00fasica e un carrado de denuncias encima lle deron a comezos de s\u00e9culo a licenza de pub (Jose Carlos Rodriguez Andina mediante), o que xerou que as denuncias pasaran a procedimiento xudicial, etc (inclu\u00eddo no et caetera ameazas e insultos de diversos tipos e por diversas persoas). Pero o bar segue sendo pub e segue sen o illamento debido e funcionando, iso si, con doble porta despois de pasado uns cantos anos e de ser pedido o seu peche varias veces e por unhas cantas sinaturas.<br \/>\n&#8220;Soportaban emisi\u00f3ns de ru\u00eddo de m\u00e1is de 43 dB&#8221;. En Ribadeo, crise mediante, a cousa est\u00e1 m\u00e1is calmada que en tempos, e mira ti que os 43 dB \u00e9 unha medida t\u00edpica (m\u00e1is ben un pouco baixa) na mi\u00f1a casa os s\u00e1bados, pero non xa ata as 3, como di a nova do bar de Barcelona, sen\u00f3n ata as 5 ou m\u00e1is al\u00f3. Iso si, aqu\u00ed a m\u00fasica molesta soe ser s\u00f3 polas noites (non sempre), a\u00ednda que que o horario de peche non s\u00f3 \u00e9 sobrepasado de xeito com\u00fan sen\u00f3n que perm\u00edteselles ampliaci\u00f3n legal en diversos periodos.<br \/>\nMentras, o regulamento de ru\u00eddos segue sendo un regulamento tipo, estatus \u00f3 que o rebaixou o pleno por unanimidade en tempos do anterior alcalde, Balbino P\u00e9rez Vacas, despois de incumprir dende o mandato anterior o regulamento que xa hab\u00eda e que especificaba que non se dar\u00eda p\u00e9 \u00e1 concentraci\u00f3n de locais nouturnos separ\u00e1ndoos unha certa distancia. Por certo, tam\u00e9n foi el quen deixou a un novo establecemento (asimilado a licenza de bar) abrir e po\u00f1er m\u00fasica, xa retirada por orde xudicial. E mentras, o actual alcalde, equipo de Goberno e pleno, retrasaron a tramitaci\u00f3n no pleno dun novo regulamento sobre contaminaci\u00f3n ac\u00fastica porque o anterior, aprobado de xeito inicial hai xa uns cantos anos e pasado longamente o periodo de recepci\u00f3n de alegaci\u00f3ns, non deu tempo a estudalo para o pleno de xaneiro. O caso \u00e9 que tampouco debeu dar tempo a estudalo para marzo, pois non se presentou. E o PXOM non recolle as zonas ac\u00fasticamente contaminadas (ou non recoll\u00eda cando se fixo p\u00fablico)<br \/>\nCoido que se pode entender ben por que sigo en xu\u00edzo polo tema do ru\u00eddo e adem\u00e1is, de seguro ampliarei pr\u00f3ximamente o n\u00famero de litixios.<br \/>\nComo despedida, un sa\u00fado e grazas pola paciencia sobre un tema que se me fixou fai tempo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un amigo envioume hai un par de d\u00edas ista nova, que xa vin replicada en varios sitios. Chegou a min onte, e onte resultou ser S. Patricio, Patrono de Irlanda, co que o mes\u00f3n pr\u00f3ximo, que ten certo gusto polo Irland\u00e9s, organizou unha festa, e que festa hai sen m\u00fasica? En fin, en Ribadeo non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[70],"class_list":["post-9111","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ruido"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9111","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9111"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9111\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9111"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9111"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9111"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}