{"id":9084,"date":"2009-03-31T07:42:00","date_gmt":"2009-03-31T05:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:18:38","modified_gmt":"2024-11-12T14:18:38","slug":"unha-estrada-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/03\/31\/unha-estrada-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"Unha estrada de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgnRxBcPDUzJs5JmjQXVJYkLLZZcBiKU5Wpx9-plEUpYScVtCWsckh6njDVaX84QWiZDeViYzoVUtpKkC9Z7_SxMMSsrEyoGQSnkJRXF-T7yybT8qOcw8xViUDu1mtsCrBq-hoS\/s2048\/rotonda+alxinatos.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgnRxBcPDUzJs5JmjQXVJYkLLZZcBiKU5Wpx9-plEUpYScVtCWsckh6njDVaX84QWiZDeViYzoVUtpKkC9Z7_SxMMSsrEyoGQSnkJRXF-T7yybT8qOcw8xViUDu1mtsCrBq-hoS\/s2048\/rotonda+alxinatos.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEF_8ZZPmhCEuTcZAT9LzPn6s_0dchqft1EinPuGvyt24VbVbXz3w7GUHRRlXAGJl10JVQmXRqbzuZxRMlkv427OucYFMnYfQIUQulhhyphenhyphenyiwPJucDjKhLztjJFfqEFt_BmQOGS\/s2048\/rua+de+Ribadeo.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEF_8ZZPmhCEuTcZAT9LzPn6s_0dchqft1EinPuGvyt24VbVbXz3w7GUHRRlXAGJl10JVQmXRqbzuZxRMlkv427OucYFMnYfQIUQulhhyphenhyphenyiwPJucDjKhLztjJFfqEFt_BmQOGS\/s2048\/rua+de+Ribadeo.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi9Guke9kSNEQ8crMoM6FjuabLHQG1FOUpHMB8E7dfp2YvC_TvDM54EY1ej3t7yukhSKc2B0hcOXySSdyOh6LJMtUi2I2CUEQle3g3zcJXpb4X7_lZXESZCp6yt8WLiLD_2FnPh\/s2048\/derrumbe.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi9Guke9kSNEQ8crMoM6FjuabLHQG1FOUpHMB8E7dfp2YvC_TvDM54EY1ej3t7yukhSKc2B0hcOXySSdyOh6LJMtUi2I2CUEQle3g3zcJXpb4X7_lZXESZCp6yt8WLiLD_2FnPh\/s2048\/derrumbe.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p>Hoxe por hoxe, a estrada m\u00e1is ribadense \u00e9 pouco usada polos vici\u00f1os de Ribadeo: tr\u00e1tase da circunvalaci\u00f3n, estrada que ten ano e medio dende a s\u00faa inauguraci\u00f3n e foi fieta, suponse, ad-hoc para Ribadeo.<\/p>\n<p>Antes de ser creada, Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra e m\u00e1is eu escribimos un pequeno artigo para a comarca e o seu env\u00edo \u00e1s autoridades. A pen\u00faltima versi\u00f3n (non din atopado a versi\u00f3n final) estaba redactada nos termos seguintes:<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Sobre a estrada de circunvalaci\u00f3n<\/p>\n<p>\u00c9 de esperar que non tarde en ser posta en uso a estrada de circunvalaci\u00f3n a Ribadeo. Non embargantes, a pouco que se te\u00f1a feito un paseo por ela, at\u00f3panse pequenas e non tan pequenas cousas que poder\u00edan ser ama\u00f1adas de xeito r\u00e1pido antes de po\u00f1ela a funcionar e que despois ser\u00e1n m\u00e1is dif\u00edciles de ama\u00f1ar.<\/p>\n<p>Entre elas, podemos citar unhas cantas. Comezando na zona da Vila Vella, atop\u00e1monos que os derradeiros metros da canalizaci\u00f3n do rego que baixa de Ove ten sen rexuntar a pedra. Non \u00e9 dif\u00edcil chegar \u00e1 conclusi\u00f3n de que as\u00ed pouco van durar en b\u00f3 estado. Os \u00faltimos metros do leito sen facer son outro exemplo de que un pouco m\u00e1is de traballo pode evitar que en pouco tempo haxa que ama\u00f1ar cun custe abondo superior. \u00c9 semellante \u00f3 que pasa coa beira cascada da cuneta de formig\u00f3n que vai da ponte en direcci\u00f3n a Ribadeo, fronte \u00e1 antiga f\u00e1brica de alxinatos.<\/p>\n<p>O recheo dos taludes que xa sufriron derrumbes f\u00edxose con pedra pero est\u00e1 sen rematar. A s\u00faa zona superior pode dar problemas en pouco tempo se non se remata como \u00e9 debido.<\/p>\n<p>As pontes est\u00e1n feitas con tubos de formig\u00f3n, pero as cabezas dos mesmos quedaron mal encofradas, v\u00e9ndose furados e irregularidades que para ben ser, deberan ser corrixidas, non desprezando tampouco alg\u00fan tubo que est\u00e1 roto na<\/p>\n<p>cabeza e co ferro \u00e1 vista, punta de lanza para a corrosi\u00f3n que pode levar a estalar o tubo \u00f3 aumentar de volume o ferro oxidado.<\/p>\n<p>Caso aparte merece o cami\u00f1o que vai a Ove, mal acondicionado na rampa de sa\u00edda a parte da s\u00faa estreitez.<\/p>\n<p>Por outra banda, a ponte sobre a via do tren da estrada a Santa Cruz ten unha zona de aglomerado afundida, cunha profundidade de ata uns 15cm nalg\u00fan punto do trazado, variando o ancho afectado dun punto a outro.<\/p>\n<p>Cavilamos que agora \u00e9 o momento de po\u00f1er a soluci\u00f3n a estes pequenos problemas e outros \u00f3s que non chegamos ou non se nos fixeron patentes, tanto porque \u00e9 de supo\u00f1er que a soluci\u00f3n a todos eles este\u00f1an previstos no orzamento (fronte a novos orzamentos necesarios para o seu arranxo m\u00e1is adiante) como pola s\u00faa facilidade \u00f3 facelo agora, cando se ven como m\u00e1is pequenos e doados de solventar que se se deixa pasar o tempo.<\/p>\n<p>Coidamos que son raz\u00f3ns abondas para animar \u00e1s autoridades e \u00f3 director de obra a po\u00f1erse mans \u00e1 masa, facer unha revisi\u00f3n e darlles soluci\u00f3n, algo que adem\u00e1is lles corresponde como traballo.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Angel Salvatierra e Antonio Gregorio<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Onte, por iniciativa de Salvatierra, tiven unha pequena xuntanza coa persoa encargada do mantemento das estradas de Fomento \u00f3 norte da A6. Hai cousas do escrito que m\u00e1is ou menos se ama\u00f1aron, outras que non. e haber\u00e1 que seguir, pois aou cousas que se ama\u00f1ar\u00e1n xa, outras que non. Est\u00e1 por exemplo a foto da rotonda de alxinatos, cun mantemento de corte de herba que non deixa ver a outra beira. Posiblemente se corte hoxe. Mesmo a zona \u00f3 p\u00e9 da antiga factor\u00eda, que non corresponder\u00eda a Fomento (est\u00e1 en proceso de expropiaci\u00f3n, coido). O desprendemento que se ve na outra foto corresponde a un tramos de estrada xa cedido \u00f3 concello, e tradar\u00e1 un pouco m\u00e1is en sacarse de a\u00ed, tam\u00e9n por Fomento, que tentar\u00e1 (prometido&#8230;) de canalizar as augas pola parte alta do talud para que non ocorra&#8230; sempre e cando os terreos sobre o talud tiveran sido expropiados no seu momento, que a\u00ednda te\u00f1en que estudar. E outras cousas, pois a conclusi\u00f3n foi que, se ben se vix\u00eda o que est\u00e1 mal, f\u00e1ise dun xeito descoordinado entre quen ten que recibir a obra e quen ten que encargarse co mantemento, escap\u00e1nmdose as empresas que a realizaron sen pedirlles moito a reparaci\u00f3n do que se deixou mal mesmo no momento de facelo, e rem\u00e9diase con lentitude, en boa parte a medida do orzamento dispo\u00f1ible. Veriase mellor se a beira da estrada fora un paseo. Mesmo na parte xa cedida \u00f3 concello. Un pequeno crebacabezas que se debera solucionar polo ben de todos (a\u00ednda que neste caso non sexa a cousa grave e en boa aprte este\u00f1a en v\u00edas de soluci\u00f3n)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe por hoxe, a estrada m\u00e1is ribadense \u00e9 pouco usada polos vici\u00f1os de Ribadeo: tr\u00e1tase da circunvalaci\u00f3n, estrada que ten ano e medio dende a s\u00faa inauguraci\u00f3n e foi fieta, suponse, ad-hoc para Ribadeo. Antes de ser creada, Jos\u00e9 \u00c1ngel Salvatierra e m\u00e1is eu escribimos un pequeno artigo para a comarca e o seu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[24,61,9],"class_list":["post-9084","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-a-salvatierra-rico","tag-orzamentos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9084","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9084"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9084\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9084"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9084"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9084"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}