{"id":908,"date":"2024-02-21T15:02:00","date_gmt":"2024-02-21T14:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:57:07","modified_gmt":"2024-10-23T09:57:07","slug":"falar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/02\/21\/falar\/","title":{"rendered":"Falar"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/2022-11-15_Birgit_Fees_und_Christine_Preitauer_netzwerken_im_Moca_CafC3A9.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"412\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/2022-11-15_Birgit_Fees_und_Christine_Preitauer_netzwerken_im_Moca_CafC3A9.jpg\" class=\"wp-image-909\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Falando. Foto de Bernd Schwabe in Hannover, <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:2022-11-15_Birgit_Fees_und_Christine_Preitauer_netzwerken_im_Moca_Caf%C3%A9.jpg\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">collida de Wikimedia Commons<\/a>.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;Falar<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>De antigo, falar foi o xeito m\u00e1is normal de comunicarse dos humanos. Falar de xeito directo, sen intermediarios. Ista \u00faltima precisi\u00f3n \u00e9 importante: se hai intermediarios, p\u00e9rdese o control da conversa de extremo a extremo. Ese control foise perdendo pouco a pouco precisamente pola intermediaci\u00f3n. Comezou coa escrita, na que o medio, o papel, pod\u00eda quedar noutras mans e polo tanto, desaparecer, borrarse de xeito intencionado, variar o escrito&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ter intermediarios non ten por que ser malo. Pode facilitar a comunicaci\u00f3n facela m\u00e1is persistente, permitir o seu rexistro, etc. O caso \u00e9 que si, implica unha perda de control. Co tel\u00e9fono a cousa non foi a mellor. Non s\u00f3 a mensaxe pod\u00eda quedar (nos primeiros tempos) na cabeza das telefonistas, sen\u00f3n que, dese xeito, quedou demostrado que co novo medio, a\u00ednda sen t\u00e9cnicas avanzadas, pod\u00eda ser interferido e intervido, cruzarse conversas, filtrarse informaci\u00f3n, ou sinxelamente, impedir  a conversa por desconexi\u00f3n. \u00c9 dicir, destru\u00edr a comunicaci\u00f3n e illar \u00e1 persoa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Evidentemente, dende a automatizaci\u00f3n do proceso mediante internet, a comunicaci\u00f3n diversificouse de m\u00faltiples xeitos e a trav\u00e9s de m\u00faltiples canles. E as conversas poden ser mediatizadas, extra\u00eddas do seu contido, cesadas, imitadas ou deturpadas de moitos m\u00e1is xeitos. \u00c9 dicir, de novo, m\u00e1is facilidade para  destru\u00edr a comunicaci\u00f3n ou illar \u00e1 persoa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Agora mesmo, un caso particular: remato de ler que a conta en X da vi\u00fava de Navalny, o opositor ruso morto nunha c\u00e1rcere dentro do c\u00edrculo polar, foi inhabilitada durante varias horas, a\u00ednda que volveu a estar dispo\u00f1ible m\u00e1is tarde. Por? Polo que di a compa\u00f1\u00eda, \u2018por un erro\u2019. E xa est\u00e1. O erro pode ser unha decisi\u00f3n err\u00f3nea ou ou erro de conexi\u00f3n, entre outras posibilidades. E o esnaquizamento da comunicaci\u00f3n sufrido nese tempo? Ah! O caso \u00e9 que est\u00e1 \u2018xustificado\u2019 que unha persoa perda a conexi\u00f3n sen m\u00e1is. A min mesmo, xa <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2023\/11\/cansei-de-ser-o-produto.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">te\u00f1o apuntado que Facebook tenme secuestrado os meus datos<\/a>, sen darme oportunidade de retiralos da rede ou de avisar \u00f3s meus contactos de que xa non te\u00f1o acceso a esa rede social, se non paso polo aro que me pon. En teor\u00eda, ser\u00eda algo moi doado de ama\u00f1ar: a\u00ed est\u00e1 a lei de protecci\u00f3n de datos e a axencia correspondente. Na pr\u00e1ctica, m\u00e1is dun trimestre despois, sigo sen soluci\u00f3n, tras usar paliativos como intensificar a mi\u00f1a comunicaci\u00f3n nunha rede libre, Mastodon, comunicalo \u00e1 xente da que te\u00f1o contacto por Telegram, etc.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por iso, o bo da independencia, da existencia de m\u00faltiples canles e da apertura de comunicaci\u00f3ns non dependentes de compa\u00f1\u00edas, sen relaci\u00f3n de dependencia con empresas e robustos fronte a ataques, \u00e9 que sempre tes liberdade, un pequeno burato para moverte cando non tes poder e tentan esmagarte. Nin as compa\u00f1\u00edas de medios (que elaboran e dirixen a mensaxe) nin as de redes sociais (que os usan e manexan \u00f3 seu antollo sen l\u00edmites a pesar das leis) che deixan ese burato a non ser por despiste, tam\u00e9n, \u2018por erro\u2019. Algo que est\u00e1 a empeorar pola introduci\u00f3n das mal chamadas IA, que dificultan a identificaci\u00f3n da realidade separ\u00e1ndoa da ilusi\u00f3n mentireira fabricada de xeito instant\u00e1neo, mesmo en v\u00eddeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mentres, o falar de xeito directo, tranquilo, pensado, vendo todas as reacci\u00f3ns producidas na linguaxe corporal&#8230; estase a facer m\u00e1is raro. Por certo, \u2018isto\u2019, esta comunicaci\u00f3n, non \u00e9 \u2018exactamente\u2019 falar&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Falando. Foto de Bernd Schwabe in Hannover, collida de Wikimedia Commons. &nbsp;Falar &nbsp;&nbsp; &nbsp;De antigo, falar foi o xeito m\u00e1is normal de comunicarse dos humanos. Falar de xeito directo, sen intermediarios. Ista \u00faltima precisi\u00f3n \u00e9 importante: se hai intermediarios, p\u00e9rdese o control da conversa de extremo a extremo. Ese control foise perdendo pouco a pouco [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":909,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,9],"class_list":["post-908","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/908","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=908"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/908\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/909"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=908"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=908"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=908"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}