{"id":9059,"date":"2009-04-16T07:27:00","date_gmt":"2009-04-16T05:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:17:48","modified_gmt":"2024-11-12T14:17:48","slug":"basta-mencionar-maldita-crise-para-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/04\/16\/basta-mencionar-maldita-crise-para-que\/","title":{"rendered":"Basta mencionar a maldita crise para que se instale a barra libre"},"content":{"rendered":"<p>Non, ista vez non \u00e9 polo tema de ru\u00eddos (a\u00ednda que visto Ribadeo, poder\u00eda). Tr\u00e1tase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guiti\u00e1n, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.com\/opinion\/2009\/04\/15\/0003_7652920.htm\">A costa de la costa<\/a>, onde se fala da posibilidade de voltar a constru\u00edr na primiera li\u00f1a de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta \u00f3 tema das alturas de m\u00e1is penalizadas xa no concello, facendo un chamamento \u00f3s implicados para que se persoen nos contenciosos, coido que ser\u00eda cousa de reflexionar. No artigo ponse de manifesto o absurdo que sup\u00f3n desprotexer o litoral para continuar un modelo de negocio\/construcci\u00f3n que est\u00e1 xa caduco e que non durar\u00eda despois de destragar a costa, en troques de facer a aposta pola innovaci\u00f3n. E pon como un dos exemplos, o denostado plan Zapatero para os concellos, que se empregou na s\u00faa totalidade en cousas relacionadas coa construcci\u00f3n.<br \/>\nO Tes\u00f3n, e eu en particular, fixemos un chamamento \u00e1s asociaci\u00f3ns de vici\u00f1os para aportar ideas, e \u00f3 concello para aceptalas, debido \u00f3 escaso tempo que xulgamos que hab\u00eda para presentar as propostas. Poucas asociaci\u00f3ns participaron e menos caso se lles fixo, co resultado xeral de que o concello emprega os cartos para obras. A un concello \u00e9lle dif\u00edcil facer outra cousa, entre outros motivos porque ven abocado a empregar cartos para ir tapando buracos de infrastrutura ac\u00f3 e al\u00f3 segundo van presionando os vici\u00f1os. Pero \u00e9 necesario cambiar o chip (outra idea m\u00e1is que xa \u00e9 recurrente no blog: a necesidade de cambio de mentalidade nos concellos) pouco a pouco, tendo en conta que a xente non se recicla de traballo dun d\u00eda para outro, pero que \u00e9 necesario que se recicle por non poder manterse por varios motivos o mesmo sistema.<br \/>\nE, sobre o chamamento do alcalde, debera de resultar, pois os vici\u00f1os chamados son os afectados &#8230; si, pero ata o momento o que se fixo con eles foi non contar, e tratalos m\u00e1is ou menos coa mesma vara de medir que \u00f3s construtores, a\u00ednda que non se pida penas para eles (en realidade, sen decilo, ata o momento ser\u00edan os m\u00e1is afectados polo caso a pesares de non estar acusados formalmente). Polo tanto pedir agora que fagan pi\u00f1a co concello contra os construtores non o vexo tan doado. Por outros casos, sei que non \u00e9 doado resolver este tipo de entuertos &#8216;a tres bandas&#8217;, pero todo entuerto, unha volta reco\u00f1ecido como tal, hai que tender a solucionalo, e nesas estamos. Lentamente, pero sen pausa.<br \/>\nOutra das novas hoxe \u00e9 a presidencia da Reserva da Biosfera para Castropol. Poder\u00eda ser para Ribadeo, pero tampouco hai que pretender estar a todas nos organismos nos que participar Ribadeo. Penso que \u00e9 preferible constru\u00edr unha rede de boa vontade que de presidencia cont\u00ednua. Coidado, non \u00e9 deixar que mexen por un, sen\u00f3n tentar de sumar esforzos dun xeito colaborativo. E para iso non fai falta nin ser da mesma comunidade aut\u00f3noma nin ser do mesmo partido, sen\u00f3n ser persoa e formar comunidade. Outra cousa \u00e9 que os concellos asturianos xa te\u00f1an recibido e gastado cartos a conta do tema da reserva mentras que os galegos est\u00e1n a velas vir. Coa presidencia dun asturiano lograrase ver alg\u00fan carto para manter a Reserva? Iso xa o vexo m\u00e1is dif\u00edcil, pero \u00e9 de supo\u00f1er que alg\u00fan d\u00eda chegue tam\u00e9n \u00f3s concellos galegos.<br \/>\nA outra nova non \u00e9 exactamente de hoxe, sen\u00f3n de pouco a pouco, destes d\u00edas, a\u00ednda que algo ten sa\u00eddo na prensa \u00faltimamaente: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">As Grobas<\/a> &#8216;est\u00e1n dando froito&#8217;. Aparte do descobrimento dalgunha cer\u00e1mica, chegouse xa a unha zona de restos de muralla romana rodeando \u00f3 castro (o que adem\u00e1is da idea da dataci\u00f3n do mesmo), viuse que foi derruida para aminorar o foxo e facelo terra de labor, estimouse nuns 5 m a potencia de restos nalgunha zona, etc. Polo tanto, haber\u00e1 que po\u00f1erse mans \u00e1 obra, o mesmo que ata agora para facer presi\u00f3n para que se dinamizara o tema e se fixeran as catas (como ten feito O Tes\u00f3n de xeito repetido), para que se sinale a s\u00faa existencia e se comece a valorizar e aproveitar.<br \/>\n&#8230; E unha pequena letura: &#8220;<a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/cultura\/falta\/esfuerzo\/matando\/gallego\/elpepuespgal\/20090416elpgal_16\/Tes\">La cultura de la falta de esfuerzo est\u00e1 matando el gallego<\/a>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non, ista vez non \u00e9 polo tema de ru\u00eddos (a\u00ednda que visto Ribadeo, poder\u00eda). Tr\u00e1tase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guiti\u00e1n, A costa de la costa, onde se fala da posibilidade de voltar a constru\u00edr na primiera li\u00f1a de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta \u00f3 tema das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,73,21,26,74,13,9],"class_list":["post-9059","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-castro-das-grobas","tag-economia","tag-medio","tag-o-teson","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9059"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9059\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9059"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9059"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}