{"id":9053,"date":"2009-04-18T09:54:00","date_gmt":"2009-04-18T07:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:17:39","modified_gmt":"2024-11-12T14:17:39","slug":"oportunidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/04\/18\/oportunidades\/","title":{"rendered":"Oportunidades"},"content":{"rendered":"<p>Onte mesmo apunt\u00e1balle a un representante do concello da conveniencia, \u00f3 meu ver, da existencia de gu\u00edas no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares f\u00f3ra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as Catedrais. \u00c9 algo que non \u00e9 a primeira vez que o comento, pois coido que pode dar moito de si, e se o concello ten a iniciativa de levalo adiante, pronto se poderia sumar a iniciativa privada. Pois Mira ti por onde hoxe <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2009\/04\/18\/0003_7659358.htm\">aparece na prensa que a Deputaci\u00f3n formar\u00e1 a gu\u00edas sobre Ribadeo<\/a>. A nova en conxunto, v\u00e9xoa un pouco confusa, pero a oportunidade est\u00e1 ah\u00ed e coido que debe aproveitarse; en todo caso, pode haber tempo de limar algunha aresta que poda ter o plan.<br \/>\nOutra oportunidade que comeza hoxe est\u00e1 no ciclo de Historia de Galiza comezado por Mari\u00f1a Patrimonio, que tratra do tema dos castros e que hoxe ten disposta unha visita a diversos castros de Ribadeo, todos eles citados no castro de Jos\u00e9 M\u00aa Rodriguez, e entre eles, \u00f3 d<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">as Grobas<\/a>, aut\u00e9ntica estrela emerxente no panorama castrexo galego. Ser\u00e1 unha excursi\u00f3n m\u00e1is, despois das de iniciaci\u00f3n que ten realizado a avv. O Tes\u00f3n, e preludio das moitas que son previsibles no futuro. No estado actual, o que se pode barallar \u00e9 o tempo que levar\u00e1 facer o plan, procurar os cartos e po\u00f1erse mans \u00e1 obra coas escavaci\u00f3ns e posta en valor, non se se po\u00f1er\u00e1 en valor ou non no futuro. E, nese sentido, \u00f3 estar concentrada a titularidade dos terreos en man p\u00fablica facilitar\u00e1 enormemente as cousas.<br \/>\nMentras, segue a tele de visita a Ribadeo. Se antonte era a TVG quen vi\u00f1a a facer unha reportaxe sobre o desliz de Google con &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/11\/rio-de-ribambo.html\">Ria de Ribambo<\/a>&#8216;, a\u00ednda sen corrixir a pesares da <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/03\/ria-de-ribadeo-non-rio-de-ribambo-ove.html\">nota de O Tes\u00f3n<\/a>, (e sen emitir ata a pr\u00f3xima semana polo menos) onte vin varias veces equipos de televisi\u00f3n con diferentes motivos: a presentaci\u00f3n da <a href=\"http:\/\/feirasdeciencia.wikispaces.com\/XV+Feira+da+Ciencia+do+IES+Porta+da+Auga\">XV Feira da Ciencia de Ribadeo<\/a>, a charla de Jos\u00e9 \u00c1ngel Docobo sobre Historia da Astronom\u00eda (por certo, que buscando biograf\u00edas para ligalas aqu\u00ed, non atopo ningunha, o que remediariei en breve para que este cient\u00edfico de primeira fila traballando na USC e no Observatoro Astron\u00f3mico Ram\u00f3n Mar\u00eda Aller te\u00f1a algo m\u00e1is de relevancia que unha pila de artigos cient\u00edficos citados na internet e unha \u00fanica aparici\u00f3n como persoa, como Presidente do CB Obradoiro de Santiago), ou unha entrevista a opositores \u00e1 li\u00f1a de outa tensi\u00f3n para subministrar \u00e1 que se pretende sexa a Subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica de Folgosa.<br \/>\nNota final: xa est\u00e1 comezada a biograf\u00eda de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_%C3%81ngel_Docobo_Dur%C3%A1ntez\">Jos\u00e9 \u00c1ngel Docobo Dur\u00e1ntez<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte mesmo apunt\u00e1balle a un representante do concello da conveniencia, \u00f3 meu ver, da existencia de gu\u00edas no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares f\u00f3ra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,26,9],"class_list":["post-9053","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9053"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9053\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}