{"id":9039,"date":"2009-04-25T09:43:00","date_gmt":"2009-04-25T07:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:17:13","modified_gmt":"2024-11-12T14:17:13","slug":"cronica-de-atacama","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/04\/25\/cronica-de-atacama\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nica de Atacama"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi-Ic8F612H8A7WBIVPcoRWjfjWW7Knxa5PO1ScOmI6KEJo934ksURFQTojGnvJrRqxuLFZHstLYJ-ggCbJMtmLTwDnuQXphn-KtNpr1wMaWt4F2eoFQyn6hVQtnnTSSDOK0ich\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+2.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi-Ic8F612H8A7WBIVPcoRWjfjWW7Knxa5PO1ScOmI6KEJo934ksURFQTojGnvJrRqxuLFZHstLYJ-ggCbJMtmLTwDnuQXphn-KtNpr1wMaWt4F2eoFQyn6hVQtnnTSSDOK0ich\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+2.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nOnte sa\u00edn cansado f\u00edsicamente dunha charla, a que Julio Antol\u00edn Rey deu sobre a s\u00faa participaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/www.4deserts.com\/atacamacrossing\/\">Atacama Crossing<\/a>, unha das carreiras extremas do circuito mundial. As explicaci\u00f3ns de Julio m\u00e1is o v\u00eddeo da carreira presentaron a competici\u00f3n nos seus extremos, por moito que tanto un como o outro falaran e presentaran imaxes dun xeito pausado, natural.<br \/>\nO atleta nado en Villanueva de las Manzanas, a menos de 15km \u00f3 leste de Le\u00f3n, e residente dende hai moito tempo en Ribadeo, explicou por partes diversas cousas sobre esta carreira en particular e sobre as carreiras extremas en xeral, sen meterse en <a href=\"http:\/\/www.4deserts.com\/documents\/4_Deserts_Rules_and_Regulations.pdf\">reglas e dem\u00e1is cuesti\u00f3ns organizativas<\/a>.<br \/>\nAtacama Crossing est\u00e1 plantexada sobre 250km nunha meseta de\u015bertica que anda por alturas de 3200-3800 m. Atravesa un deserto de sal, un salar, a\u00ednda que nalgunhas das fotos se poda ver como hai que atravesar un pequeno rio, pero \u00e9 que 7 d\u00edas de carreira dan para moito.<br \/>\nFixo que se me escaparon moitas das cousas que comentou, pero tentarei facer un pequeno resumo, procurando non meter erros.<br \/>\nComezou por detallar o equipamento obrigatorio especificado pola organizaci\u00f3n, algo que ten que levar todo o mundo que participa. Entre outras cousas, al\u00ed estaban inclu\u00eddas dende unha manta t\u00e9rmica (as temperaturas a isa altura nun deserto como o de Atacama oscilan entre os m\u00e1is de corenta graos e por baixo dos cero graos na noite, con 9-10\u00baC \u00f3 solpor), pero m\u00e1is que para a noite, para protexerse en caso de ter que esperar socorro no medio dunha etapa, unha v\u00e1lvula aspira venenos para prever picaduras e mordeduras de bechos diversos, un repelente de insectos (dos voadores tam\u00e9n, pero tendo en conta que as llamas e guanacos, que alg\u00fan hab\u00eda naquelas terras, non est\u00e1n exentos de garrapatas), e por suposto, a comida para todos os d\u00edas. Coido que iso foi unha sorpresa que non esperaba ningu\u00e9n que non tivera noticia de primeira man de Julio. As bolsas de comida liofilizada estaban pois \u00e1 orde do d\u00eda, uns 80g para a primeira comida do d\u00eda e uns 140-150 para a \u00faltima. E a do medio? Non existe como tal. Os corredores mascan barri\u00f1as enerx\u00e9ticas ou outras cousas para ir mantendo as forzas durante o d\u00eda. Julio apuntou que a s\u00faa t\u00e9cnica era mascar un pouco cada hora que pasara, e o seu descubrimento do xam\u00f3n curado para esta carreira. Por suposto, a comida liofilizada non sabe como o prato dun gourmet, e menos se como pasa \u00e1s veces, non se pode tomar &#8216;feita&#8217; con auga fervida.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjOFDiPDi7Es6gvM9yEtf8nCREuC_YH-_hsuVwwvbLV5Z0Bf6u3hdgnW1L8BOkuzfl7cqk91hVMUmeN9C0JnAs-zJXKAvSxUjGQnoiTC32QQLIbZmASmsd5Y-r_ptCmv6gTTlp5\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+fotos+Atacama.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjOFDiPDi7Es6gvM9yEtf8nCREuC_YH-_hsuVwwvbLV5Z0Bf6u3hdgnW1L8BOkuzfl7cqk91hVMUmeN9C0JnAs-zJXKAvSxUjGQnoiTC32QQLIbZmASmsd5Y-r_ptCmv6gTTlp5\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+fotos+Atacama.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nAs\u00ed pasou a detallar sobre a auga. Durante a carreira, nos postos de control, situados cada 8 ou 12 km, hab\u00eda auga para reencher as botellas dos participantes. Participantes que te\u00f1en que procurar rexer ben e calcular a cantidade de auga a levar entre un control e outro para evitar o peso de m\u00e1is, que pode resultar moi molesto. Si, pero, e se te perdes e das unha volta de m\u00e1is? Corres o perigo de deshidrataci\u00f3n.<br \/>\nEn canto a auga nos campamentos, soen ser 4L unha vez que chegas. Eses catro litros te\u00f1en que servir para a ducha, o ba\u00f1o, o lavado, a bebida, a preparaci\u00f3n de comida, &#8230; \u00fasanse pastillas para quencela, pois en xeral o quencemento da auga corre a conta dos participantes, que ou ben te\u00f1en que procurarse combustible (algo dif\u00edcil nun deserto) ou ben te\u00f1en que levalo en forma de pastillas, dunha duraci\u00f3n duns dez minutos que escasamente dan para ferver auga para &#8216;facer&#8217; a comida liofilizada (e iso contando que a auga ferve antes a m\u00e1is altura). Non obstante, hai veces que a organizaci\u00f3n da auga fervida.<br \/>\nOutras cousas que amosou foron unha bolsa de froitos secos, unha para toda a semana, tendo en conta que a mochila deb\u00eda levar non s\u00f3 comida, e que hab\u00eda que cargala dende o comezo. Especificou que o normal era levar a mochila traseira e unha bolsa m\u00e1is pequena diante para levar as cousas m\u00e1is necesarias para o d\u00eda, e non ter que andar facendo e desfacendo a grande en plena etapa.<br \/>\nPasou logo \u00e1s etapas, \u00e1 &#8216;vida diaria&#8217;. Unha etapa pode durar unhas sete horas, pero tam\u00e9n abondo m\u00e1is, segundo como resulte o d\u00eda de cada un. As\u00ed, na segunda etapa, o grupo de cabeza perdeuse e fixo un extra de seis km ata decatarse, tendo que voltar despois atr\u00e1s. O que sup\u00f3n iso \u00e9 un desgaste f\u00edsico suplementario, pero tam\u00e9n un desgaste psicol\u00f3xico, tan importante ou m\u00e1is que o f\u00edsico, que, apuntou, fixo que os participantes afectados, a pesares de ir non seu momento en cabeza, xa non se recuperaran, e lles costara moito traballo (m\u00e1is, nunha carreira extrema) o chegar \u00f3 final.<br \/>\n\u00c1s sete, a xente xa est\u00e1 en fervenza no campamento. Unha hora t\u00edpica de levantarse \u00e9 as seis da ma\u00f1\u00e1, e a partida, \u00e1s oito, significa que xa fixeches a primeira comida do d\u00eda (o m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1 hora de sa\u00edda para rexir ben as forzas), o coidado matutino (sempre hai feridas e dem\u00e1is, os p\u00e9s conv\u00e9n envolvelos nun esparadrapo especial, &#8230;), levantaches as tenda, etc. A chegada, pola tarde, naturalmente \u00e9 variable, dependendo de como lle fora a cada quen na etapa, pero tam\u00e9n significa a preparaci\u00f3n da cea, a cura, &#8230; todo nun certo orde para aproveitar o tempo, pois s\u00e9guese en carreira e hai que descansar e repo\u00f1erse. As\u00ed, especificou que o primeiro \u00f3 chegar era a inxesti\u00f3n dun sobre para repo\u00f1er sais e auga, para preparar o corpo para cear e descansar. Especificou que iso era antes de ducharse, co que significa unha ducha cando tes 4L de auga, para iso e moitas m\u00e1is cousas. O lavado de roupa? Hab\u00eda xente que tiraba os calcet\u00edns do d\u00eda, pero iso implica levar a carga de t\u00f3dolos calcet\u00edns dende o comezo da carreira, polo que Julio optou pola &#8216;lavadora&#8217; que significa o metelos nunha botella cun pouco de auga e axitalos un rato. A iso das 8-8:30 da tarde, todo o mundo na cama (no saco, na tenda) para descansar \u00f3 solpor. Antes, hai que aproveitar a luz do d\u00eda para as curas, por exemplo. Botarse betadine nos p\u00e9s pode ser unha operaci\u00f3n delicada, que acompa\u00f1a a outras como vendarse os dedos ou sacarse cunha xiringa o l\u00edquido das ampoulas formadas baixo as unllas.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhdz_B8NXSDFi-pZUkTUZ9jDTquTd8v4OCipx4c5CFaYWK068j8yLGLBGPt7SQeh7pbsYUw_4CN8Cuq_h0r5M5vbMfWFm_Jw9AafkRF_K5ellutFkAyGlLIHxV4EPMoUPgCnz3r\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+1.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhdz_B8NXSDFi-pZUkTUZ9jDTquTd8v4OCipx4c5CFaYWK068j8yLGLBGPt7SQeh7pbsYUw_4CN8Cuq_h0r5M5vbMfWFm_Jw9AafkRF_K5ellutFkAyGlLIHxV4EPMoUPgCnz3r\/s2048\/Julio+Antol%C3%ADn+Rey+1.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nPreguntou algu\u00e9n: E non hai m\u00e9dicos para atendervos? Si, h\u00e1inos. Pero o solicitar o seu concurso implica penalizaci\u00f3n para a carreira, e a xente deixa esa posibilidade para cando non queda m\u00e1is remedio, a parte de que os m\u00e9dicos &#8216;cortan polo sano&#8217; , e iso incl\u00fae que unha ampoula pode ser tallada, e polo tanto m\u00e1is dificultades e roces para o d\u00eda seguinte. Costa pensar en que un tratamento dunha deshidrataci\u00f3n implica unha penalizaci\u00f3n, pero hai que facelo se \u00e9 grave (se non, tr\u00e1tase de pasar sen o concurso m\u00e9dico), a\u00ednda que hai cousas como as queimaduras na pel do lombo nas que non queda outro remedio, pois \u00f3 d\u00eda seguinte hai que cargar todo o d\u00eda coa mochila tam\u00e9n \u00f3 lombo.<br \/>\nUnha curiosidade sobre o d\u00eda a d\u00eda. As noites implican descanso &#8230; relativo, xa que o descender a temperatura tam\u00e9n leva consigo que a xente comeza a moverse, a ter fr\u00edo nas tendas, a mexar f\u00f3ra delas (pero preto, que fai fr\u00edo), &#8230; co que as horas de descanso red\u00facense na pr\u00e1tica \u00e1s primeiras, sendo as segundas dun relax tenso m\u00e1is que de descanso propiamente dito.<br \/>\nO primeiro d\u00eda psicol\u00f3xicamente pode ser o m\u00e1is duro, pola aclimataci\u00f3n \u00e1 carreira. Julio explicou que tivera esta vez un entrenamento en altura que lle facilituo a cousa. Rec\u00edbese un pequeno libri\u00f1o onde se especifica as etapas e dem\u00e1is, e como a organizaci\u00f3n ten como idioma o ingl\u00e9s, o libri\u00f1o esta nesa lingua, co que quen non o controla ten que procurarse a vida para, por exemplo, prever as cantidades de auga necesarias en cada tramo.<br \/>\nUn comentario nesta parte: &#8216;mudei de pel tres veces en sete d\u00edas&#8217;.<br \/>\nEn canto \u00e1s etapas, hai veces que se vai andando, como se pod\u00eda ver nas diapositivas ou despois na pel\u00edcula, pois o subir unha duna de area de 300m correndo nunha carreira de 250km non \u00e9 algo factible. O mesmo pasa coas areas &#8216;semimovedizas&#8217;, por exemplo, a\u00ednda que nas zonas nas que se ve nas fotos o chan de sal manchada polo p\u00f3 tam\u00e9n se v\u00eda a xente correr. Con bast\u00f3ns ou sen eles? hab\u00eda quen os levaba como axuda, hab\u00eda quen non: hai que ter en conta que cando non se usan, son un estorbo e unha carga.<br \/>\nE, se pasa algo entre os puntos de control? A evacuaci\u00f3n debe facerse en xeral &#8216;polos propios medios&#8217;, e o acudir \u00f3s compa\u00f1eiros para socorro, en situaci\u00f3ns m\u00e1is extremas, xa que eles tam\u00e9n est\u00e1n a sufrir unha dura carreira, e adem\u00e1is, o ter que quedarse cabo doutro implica tempo perdido. As\u00ed, pode ocorrer, por exemplo, que se lle diga a un compa\u00f1eiro que pasa que avise no seguinte control para que ve\u00f1a o m\u00e9dico&#8230; ten que chegar o compa e vir o m\u00e9dico, sen transporte r\u00e1pido. Compr\u00e9ndese unha precuaci\u00f3n como a manta t\u00e9rmica.<br \/>\nNunha etapa, unha vez que chegan os primeiros, os tempos de diferencia comenzan a dilatarse, e poden chegar a moitas horas m\u00e1is que aqueles. E, na etapa doble (o que significa unha etapa especial de m\u00e1is de 70 km), as diferencias poden ser tales que cando chega un retrasado \u00f3 campamento, os dem\u00e1is se levanten para arroupalo. A\u00ednda que na doble, non todos chegan: no control intermedio, se se pasa con m\u00e1is retraso do especificado, a organizaci\u00f3n obriga a quedarse a durmir.<br \/>\nUn d\u00eda, unha etapa pode ser moi diferente, e o mesmo que noutros deportes se fala da &#8216;p\u00e1xara&#8217;, neste, onde todos os d\u00edas son extremos, h\u00e1inos relativamente b\u00f3s e moi malos, e non podes &#8216;procurar un compa\u00f1eiro de viaxe&#8217;, porque non van coincidir os d\u00edas b\u00f3s de malos de ambos. Unha equivocaci\u00f3n no cami\u00f1o, \u00f3 estar tirada unha sinal, unha deshidrataci\u00f3n, unha preparaci\u00f3n mental que non contemplou un pequeno detalle, pode facer o desplome do corredor, a\u00ednda que especificou que este ano, cuns 100 correodres, a taxa de abandonos foi baixa, s\u00f3 dun 20%, \u00f3 haber unha especie de autoselecci\u00f3n previa. 20%, a mesma proporci\u00f3n que a inicial de mulleres, que, especificou, non se diferenciaron grandemento no rendemento dos homes, chegando as primeiras con pouca diferencia \u00e1 meta.<br \/>\nNon son probas competitivas, aclarou: l\u00f3itase contra un mesmo, contra o medio, m\u00e1is que contra os dem\u00e1is, o que permite un compa\u00f1eirismo de supervivencia e \u00e9 un motivo para correr neste tipo de probas. O \u00faltimo ten tanto valor como o primeiro, e non hai un premio diferenciado, e a\u00ednda que si hai unha clasificaci\u00f3n, non est\u00e1 diferenciada por sexo ou idade. Todos te\u00f1en o mesmo premio por chegar.<br \/>\nO pen\u00faltimo d\u00eda, \u00f3 chegar \u00f3 campamento, hai cea, cervexa, s\u00e1bese que a \u00faltima proba \u00e9 a ma\u00eds suave &#8230;<br \/>\nCoido que hai que escoitar a Julio para facerse unha idea m\u00e1is precisa do que sup\u00f3n unha carreira deste tipo. A charlaestivo acompa\u00f1ada por unha exposici\u00f3nde fotograf\u00edas e unha presentaci\u00f3n nas que se pod\u00eda corroborar o que se escoitou, e que estaba adornada polo logotipo da carreira e o de -s\u00f3- dous patrocinadores, a Deputaci\u00f3n Provincial e Master S\u00e1nchez.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte sa\u00edn cansado f\u00edsicamente dunha charla, a que Julio Antol\u00edn Rey deu sobre a s\u00faa participaci\u00f3n en Atacama Crossing, unha das carreiras extremas do circuito mundial. As explicaci\u00f3ns de Julio m\u00e1is o v\u00eddeo da carreira presentaron a competici\u00f3n nos seus extremos, por moito que tanto un como o outro falaran e presentaran imaxes dun xeito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-9039","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9039","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9039"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9039\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9039"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9039"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9039"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}