{"id":9004,"date":"2009-05-14T22:50:00","date_gmt":"2009-05-14T20:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:16:18","modified_gmt":"2024-11-12T14:16:18","slug":"non-esta-demostrado-pero-pode-ser-certo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/05\/14\/non-esta-demostrado-pero-pode-ser-certo\/","title":{"rendered":"Non est\u00e1 demostrado, pero pode ser certo"},"content":{"rendered":"<p>(Artigo publicado no \u00faltimo n\u00famero de Ribadeo muller)<\/p>\n<p>Non est\u00e1 demostrado. Pero pode ser ben certo: a qu\u00edmica puido comezar \u00f3 experimentar unha muller na coci\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O avance \/ presentaci\u00f3n anterior implica varias cousas. Entre elas, unha, que o car\u00e1cter propio da muller impulsara o m\u00e9todo cient\u00edfico. Outra, a distribuci\u00f3n de traballos dentro da unidade familiar ou grupal, en xeral, social, dende logo, tempo hai.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A primeira asigna estereotipos \u00e1s mulleres, o mesmo que a segunda. Estereotipos por certo, que non te\u00f1en que ser negativos sen\u00f3n m\u00e1is ben neste caso, positivos. Pero xa sabemos iso de que as cousas son da cor do cristal con que se miran.<br \/>\nSeguen a funcionar os esterotipos sobre as mulleres? A resposta \u00e9 que si. Tod@s podemos dar exemplos deses clich\u00e9s que tenden a expor unha imaxe fixa da sociedade, xerada por alg\u00fan grupo, e que perseguen unha perpetuaci\u00f3n de roles, unha autoperpetuaci\u00f3n dos propios clich\u00e9s.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nos noventa, dic\u00eda nunha xuntanza ben concorrida con mulleres e homes m\u00e1is ou menos \u00f3 50%, que o ocupar as mulleres postos no ensino cada vez en porcentaxe maior implicou un deterioro da visi\u00f3n social dos mestres primeiro, e logo, dos profesores (pois primeiro comezou a elevarse o n\u00famero de mulleres no maxisterio e logo nas facultades). Ise deterioro \u00e9 evidente que non ten como causa \u00fanica a incorporaci\u00f3n da muller \u00f3 posto de traballo como mestra ou profesora, pero pode constatarse a\u00ednda hoxe en d\u00eda que as profesoras sofren por termo medio m\u00e1is os ataques dos alumnos que os profesores. Nas aulas e f\u00f3ra delas. E que a autoridade na primeira relaci\u00f3n coas mesmas nais ou cos pais \u00e9 diferente.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E, nas noites de Ribadeo p\u00f3dense escoitar comentarios de rapaces a rapazas do tipo &#8216;xa lles gustar\u00eda \u00f3s vosos pais que estiv\u00e9rades comigo&#8217;. Algo que, independientemente da extracci\u00f3n econ\u00f3mica ou social do falante, dificilmente nos imaxinamos que poidera ser \u00e1 inversa, de rapaza a rapaz (xa abondo traballo costa, f\u00f3ra de contexto, o facerse a idea do comentario tal cual est\u00e1).<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00c9 m\u00e1is, a pesares do evidente avance das mulleres na ocupaci\u00f3n en diversos traballos e profesi\u00f3ns, a machacona propaganda de anos pasados, recollendo mesmo estereotipos que xa se pensaba case en desuso, propiciou un certo retroceso na imaxe da muller. Imaxe que pasou de ser de &#8216;posesi\u00f3n&#8217; a liberarse como tal para caer na categor\u00eda de &#8216;poseible&#8217;.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como as\u00ed, se se avanzou en moitos campos? Por un desprazamento de estereotipos, focaliz\u00e1ndose m\u00e1is en cousas m\u00e1is abstractas que antes, como a obsesi\u00f3n\/escravitude da beleza. E, que os homes este\u00f1an contaxi\u00e1ndose do mesmo patr\u00f3n con retraso non deixa de ocultar que as primeiras e principais destinatarias das consecuencias negativas do que ben\u00e9volamente se chama &#8216;culto \u00f3 corpo&#8217; sexan as mulleres. Tanto dende a propia perspectiva femenina como dende a do conxunto da sociedade.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00c9 dicir, mentras que as posibilidades da muller son todas de partida, a realidade \u00e9 que a\u00ednda hoxe a pr\u00e1tica social dimin\u00fae, mesmo elimina segundo en que circunstancias, ditas posibilidades. As acci\u00f3ns de discriminaci\u00f3n positiva institucional, pola s\u00faa banda, tenden a favorecer o desenvolvemento da muller, pero poden sofrir desprestixio ou desatenci\u00f3n polo mero feito de ser institucionais, \u00f3 verse como un xeito de imposici\u00f3n. \u00c9 dicir, para avanzar neces\u00edtase o &#8216;corpo a corpo&#8217;, a comunicaci\u00f3n direta e a calor humana que pode facer posible que as mulleres se vexan arroupadas de xeito activo no d\u00eda a d\u00eda. E, para iso, s\u00f3 se require vontade. Unha historia a superar, cunha man tendida. Isa pode ser a t\u00faa, muller ou home, sen importar orixe ou condici\u00f3n, cara \u00e1 dela &#8230; ou \u00e1 del. Non est\u00e1 demostrado porque en xeral non est\u00e1 posto en pr\u00e1tica de xeito consciente, pero pode ser certo. Podes facelo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Artigo publicado no \u00faltimo n\u00famero de Ribadeo muller) Non est\u00e1 demostrado. Pero pode ser ben certo: a qu\u00edmica puido comezar \u00f3 experimentar unha muller na coci\u00f1a. &nbsp;&nbsp; &nbsp;O avance \/ presentaci\u00f3n anterior implica varias cousas. Entre elas, unha, que o car\u00e1cter propio da muller impulsara o m\u00e9todo cient\u00edfico. Outra, a distribuci\u00f3n de traballos dentro da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-9004","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9004","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9004"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9004\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9004"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9004"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9004"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}