{"id":9000,"date":"2009-05-17T23:59:00","date_gmt":"2009-05-17T21:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:16:05","modified_gmt":"2024-11-12T14:16:05","slug":"unha-lingua-para-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/05\/17\/unha-lingua-para-todos\/","title":{"rendered":"Unha lingua para todos"},"content":{"rendered":"<p>UNHA LINGUA PARA TODOS (<a href=\"http:\/\/www.realacademiagalega.org\/PlainRAG\/notices\/files\/Unha%20lingua%20para%20todos.pdf\">http:\/\/www.realacademiagalega.org\/PlainRAG\/notices\/files\/Unha%20lingua%20para%20todos.pdf<\/a>)<br \/>\nComunicado do Plenario da Real Academia Galega lido na Coru\u00f1a polo seu Presidente nas v\u00e9speras do 17 de maio, D\u00eda das Letras Galegas 2009<br \/>\nDiante dos pronunciamentos e as comunicaci\u00f3ns p\u00fablicas que dun tempo<br \/>\na esta parte se est\u00e1n a producir arredor da lingua galega, moi especialmente<br \/>\nsobre a s\u00faa presenza nas aulas de ensino non universitario, e dada a significaci\u00f3n<br \/>\nhist\u00f3rica desta instituci\u00f3n fundada en 1906 baixo a presidencia de Manuel<br \/>\nMurgu\u00eda, constitu\u00edda a prol da defensa e a dignidade do noso idioma e da nosa<br \/>\ncultura, e depositaria do ordenamento normativo da lingua por decisi\u00f3n do<br \/>\nParlamento de Galicia e a Lei de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica (1983), a Real Academia<br \/>\nGalega s\u00e9ntese na obriga e no deber moral de pronunciarse nos seguintes puntos,<br \/>\nque consideramos fundamentais.<br \/>\n1. A lingua galega \u00e9 unha riqueza, patrimonio com\u00fan de todos os galegos,<br \/>\nlingua milenaria, posuidora dun rico acervo hist\u00f3rico que nos sit\u00faa en p\u00e9<br \/>\nde igualdade entre as culturas todas do mundo. A lingua galega forma parte<br \/>\nconsubstancial da identidade e do reco\u00f1ecemento de Galicia como naci\u00f3n e como<br \/>\ncolectividade. Como dic\u00eda Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro, a quen este ano honramos o D\u00eda das<br \/>\nLetras Galegas, \u201cpara que unha comunidade humana te\u00f1a categor\u00eda de pobo,<br \/>\npara que te\u00f1a unidade \u00edntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu.<br \/>\nE un pobo ten alma de seu cando pos\u00fae idioma, cando fala nunha lingua propia,<br \/>\nque tal \u00e9 o que significa a palabra idioma. A lingua v\u00e9n a ser a alma viva do pobo<br \/>\nque a fala, v\u00e9n a ser a s\u00faa comunidade esencial\u201d.<br \/>\n2. Como lingua propia de Galicia, o galego d\u00e1nos identidade no mundo, pero<br \/>\ntam\u00e9n nos relaciona con outros espazos aos que, cumprindo unha funci\u00f3n<br \/>\ncomunicativa, non queremos nin debemos renunciar. A lingua galega non<br \/>\n\u00e9 incompatible co co\u00f1ecemento e o uso doutras linguas, moi especialmente<br \/>\no castel\u00e1n, e venc\u00e9llanos coa irmandade galego-luso-brasileira, que nos abre<br \/>\na varios continentes e que nos universaliza. Xunto co castel\u00e1n, o ingl\u00e9s e o<br \/>\nco\u00f1ecemento das novas tecnolox\u00edas da comunicaci\u00f3n, propias da sociedade global<br \/>\nda que formamos parte, os homes e mulleres da Galicia do noso tempo, cidad\u00e1ns<br \/>\ndun novo s\u00e9culo conscientes do valor do seu idioma, dispo\u00f1emos de posibilidades<br \/>\ncertamente privilexiadas para nos relacionarmos co mundo e, sen renunciarmos<br \/>\na n\u00f3s mesmos, exercer como cidad\u00e1ns universais.<br \/>\n3. Ningu\u00e9n \u00e9 propietario da lingua. Como patrimonio com\u00fan, herdado dos nosos<br \/>\nav\u00f3s e dos devanceiros, a lingua \u00e9 de todos os galegos, mesmo daqueles que non<br \/>\ntiveron a fortuna ou a oportunidade de recibila de seu na infancia. A lingua \u00e9 un<br \/>\ncemento que nos une, no que nos reco\u00f1ecemos e que nos proxecta cara ao futuro,<br \/>\npolo que de ningunha maneira podemos aceptar nin discriminaci\u00f3ns pola s\u00faa<br \/>\ncausa nin que se abran fendas na sociedade com\u00fan, que facemos entre todos,<br \/>\ncreando ou promovendo guetos ou espazos estancos. Irresponsablemente<br \/>\nestariamos a producir unha freita social que endexamais existiu e que ter\u00eda<br \/>\ngrav\u00edsimas consecuencias para o futuro.<br \/>\n4. A convivencia, o respecto e a harmon\u00eda deben presidir en todo momento as<br \/>\nactuaci\u00f3ns que arredor da lingua se desenvolvan, tendo unha cousa presente:<br \/>\nun idioma castigado durante s\u00e9culos, asoballado na s\u00faa historia, abaixado na<br \/>\nconsciencia dos seus falantes esixe un tratamento activo, unha pol\u00edtica estrat\u00e9xica<br \/>\ne decidida por parte do goberno e da administraci\u00f3n, acci\u00f3ns que o doten de<br \/>\nrecursos para igualalo con aqueles outros idiomas que non viviron ese proceso.<br \/>\nO rexurdir do idioma galego vai acompa\u00f1ado do rexurdir da autoestima dos seus<br \/>\nfalantes e dos que como patrimonio com\u00fan o te\u00f1en, da dignidade colectiva<br \/>\ne da modernidade do pa\u00eds en todos os seus \u00e1mbitos.<br \/>\n5. A situaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica da Galicia de hoxe xa non \u00e9 unha situaci\u00f3n digl\u00f3sica<br \/>\nt\u00edpica, con d\u00faas linguas que se usan para funci\u00f3ns diferentes (galego para usos<br \/>\ninformais e castel\u00e1n para usos formalizados); pero tampouco se pode dicir que o<br \/>\nuso do galego ou do castel\u00e1n dependa simplemente do interlocutor. O galego<br \/>\navanzou, pero a s\u00faa desproblematizaci\u00f3n e a s\u00faa progresiva conversi\u00f3n en lingua<br \/>\nde uso natural e normal (normalizaci\u00f3n) levou os contrarios a este proceso a<br \/>\nmanchar a palabra normalizaci\u00f3n, como se significase agresi\u00f3n aos que non te\u00f1en<br \/>\no galego como lingua habitual, e a erguer o falso concepto de liberdade, que<br \/>\nparecen entender como dereito a non falar nunca o galego.<br \/>\n6. Para superar esta situaci\u00f3n c\u00f3mpre, entre outras medidas, reforzar a presenza<br \/>\nda lingua galega no \u00e1mbito escolar, con especial atenci\u00f3n \u00e1s primeiras idades,<br \/>\npara que o idioma xurda de seu nos \u00e1mbitos m\u00e1is pr\u00f3ximos (na familia e na<br \/>\nescola). C\u00f3mpre facelo respectando a lingua das familias, procurando con extremo<br \/>\ncoidado o afecto e a convivencia naqueles casos en que a lingua primeira non sexa<br \/>\no galego. Mais c\u00f3mpre unha pol\u00edtica activa ao respecto, na procura dunha<br \/>\ncapacitaci\u00f3n e dun co\u00f1ecemento real do idioma (non unha utilizaci\u00f3n lit\u00farxica<br \/>\ndo mesmo), promovendo con recursos o seu uso e implement\u00e1ndoo como lingua<br \/>\nvehicular doutros co\u00f1ecementos na escola.<br \/>\n7. O novo clima ling\u00fc\u00edstico que trouxo a Constituci\u00f3n de 1978 abriu as portas<br \/>\na unha convivencia de linguas. Dende que Galicia ten autonom\u00eda pol\u00edtica, gobernos<br \/>\nde diferente signo tentaron impulsar a recuperaci\u00f3n social do idioma centrando<br \/>\nas actuaci\u00f3ns moi principalmente no \u00e1mbito educativo. Mais a pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica<br \/>\nnon pode ficar reducida \u00e1s aulas. A\u00ednda que a acci\u00f3n educativa \u00e9 fundamental para<br \/>\na conformaci\u00f3n das destrezas do idioma e mais para o seu prestixio e o seu<br \/>\nreco\u00f1ecemento no imaxinario social, a acci\u00f3n de uso e os recursos deben<br \/>\norientarse asemade a outros espazos fundamentais na vida p\u00fablica: os medios de<br \/>\ncomunicaci\u00f3n de masas, as industrias do lecer e da cultura, as novas tecnolox\u00edas, a<br \/>\npublicidade, a vida empresarial, o funcionariado, a administraci\u00f3n p\u00fablica, a xustiza,<br \/>\na igrexa, a universidade, o mundo do traballo, o comercio, a econom\u00eda, conscientes<br \/>\nde que a lingua \u00e9 tam\u00e9n unha marca de calidade, tarxeta de presentaci\u00f3n identitaria<br \/>\nnos espazos da globalizaci\u00f3n. Traballar a prol da lingua significa concitar, estimular e<br \/>\navivar todos os sectores que configuran o corpo social.<br \/>\nA Real Academia Galega observa con preocupaci\u00f3n os pronunciamentos e as<br \/>\npol\u00e9micas que, partidarias as m\u00e1is das veces, nacidas ben do exceso de celo,<br \/>\nben do prexu\u00edzo ling\u00fc\u00edstico, deben ser superadas pola acci\u00f3n dun goberno que<br \/>\naspire a ser de todos os cidad\u00e1ns. Tam\u00e9n resulta preocupante que as primeiras<br \/>\ndecisi\u00f3ns ling\u00fc\u00edsticas anunciadas pola Xunta de Galicia sexan todas<br \/>\ndesprotectoras da lingua galega.<br \/>\nConvidamos aos responsables do novo goberno a que escoiten as instituci\u00f3ns<br \/>\nque, como a presente, ve\u00f1en traballando de vello polo idioma, con informaci\u00f3n,<br \/>\nmetodolox\u00eda e estudos certos, na procura dun acordo social integrador,<br \/>\na prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma, que deber\u00eda sustentarse<br \/>\nen catro principios b\u00e1sicos:<br \/>\n1\u00ba Compromiso de arredar a lingua galega da controversia<br \/>\npartidaria. A lingua \u00e9 de todos e todos te\u00f1en cabida para<br \/>\nacadar o seu pleno uso normal.<br \/>\n2\u00ba Impulso do multiling\u00fcismo. Na anterior lexislatura<br \/>\npotenciouse o triling\u00fcismo en moitos centros escolares<br \/>\n(galego, castel\u00e1n e ingl\u00e9s), que agora poder\u00eda ampliarse<br \/>\na unha cuarta lingua, sen esquecer o acceso \u00e1s linguaxes<br \/>\ndas novas tecnolox\u00edas.<br \/>\n3\u00ba Reafirmaci\u00f3n e desenvolvemento do Plan Xeral<br \/>\nde Normalizaci\u00f3n da Lingua Galega, que no seu d\u00eda,<br \/>\npor unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia<br \/>\n(Doc. n\u00fam. 17629, BOPG n\u00fam. 622 do 07.09.04).<br \/>\n4\u00ba Compromiso de impulsar unha cooficialidade sim\u00e9trica<br \/>\ndentro da Constituci\u00f3n, na que todos os cidad\u00e1ns te\u00f1an<br \/>\ndereitos e deberes co castel\u00e1n e co galego, \u00fanica forma<br \/>\nde acadar a igualdade cidad\u00e1.<br \/>\nOs poderes p\u00fablicos est\u00e1n obrigados a meditar serenamente a qu\u00e9 escenario<br \/>\nqueren levar a sociedade galega, tendo sempre presente que<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UNHA LINGUA PARA TODOS (http:\/\/www.realacademiagalega.org\/PlainRAG\/notices\/files\/Unha%20lingua%20para%20todos.pdf) Comunicado do Plenario da Real Academia Galega lido na Coru\u00f1a polo seu Presidente nas v\u00e9speras do 17 de maio, D\u00eda das Letras Galegas 2009 Diante dos pronunciamentos e as comunicaci\u00f3ns p\u00fablicas que dun tempo a esta parte se est\u00e1n a producir arredor da lingua galega, moi especialmente sobre a s\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-9000","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9000","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9000"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9000\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9000"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}