{"id":8996,"date":"2009-05-19T10:35:00","date_gmt":"2009-05-19T08:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:15:59","modified_gmt":"2024-11-12T14:15:59","slug":"e-onte-pleno-ordinario-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/05\/19\/e-onte-pleno-ordinario-ii\/","title":{"rendered":"E onte, pleno ordinario (II)"},"content":{"rendered":"<p>(&#8230;)<\/p>\n<p>O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selecci\u00f3n foran obxectivos e non suxeitos \u00e1 subxectividade.<\/p>\n<p>A ampliaci\u00f3n durante un mes do prazo de exposici\u00f3n do regulamento da agrupaci\u00f3n de voluntarios non atopou ning\u00fan inconvinte.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 intervenci\u00f3n do concello no tr\u00e1mite do TSXG para ter un xu\u00edz substituto, acordouse non intervir.<\/p>\n<p>A petici\u00f3n de subvenci\u00f3n para Asuntos sociais despertou de novo as intervenci\u00f3ns, de xeito semellante \u00f3 primeiro punto, se ben trat\u00e1ndose esta vez de preguntas ou comentarios sobre menos cantidades pero substancialmente maiores. Tr\u00e1tase de 384 000 \u20ac, 120 000 para o asilo (a primeira vez que se solicita) e 20 000 para axuda no fogar. Falouse do funcionamento, da petici\u00f3n de m\u00e1is persoal cando \u00e9 unha \u00e9poca de menos cartos, que non hai moita lista de espera, pero non ten por que coincidir o horario solicitado co horario dispo\u00f1ible polo persoal, etc, aclarando que na actualidade ronda as 10 o n\u00famero de persoas do servizo, e que o aporte do concello ronda os 500 000 \u20ac. Rematouse con unanimidade despois de deixar reflexado por parte de UPRi que pedir significaba poder botar culpas \u00e1 Xunta se non se conced\u00eda, e apuntarse alomenos parte do tanto se se consegu\u00eda.<\/p>\n<p>As licenzas foron concedidas con unanimidade e con elo pasouse a Rogos e Preguntas. En perto de hora e media foron moitas as que se fixeron, sendo respostadas a maior\u00eda, pero non todas, o que orixinou unha petici\u00f3n de resposta por escrito en relaci\u00f3n a preguntas deixadas de contestar en plenos anteriores.<\/p>\n<p>Unha selecci\u00f3n (te\u00f1o que reco\u00f1ecer que un tanto arbitraria segundo fora o cansancio no momento) pode ser:<\/p>\n<p>Houbo proxecto na pasarela do porto? Polo que parece, parte de hai un par de anos, e debe contar con informe positivo de patrimonio. Corta a baixada que hab\u00eda en Porcill\u00e1n e pon pasos no acceso \u00f3 embarcadeiro da lancha de pasaxe. Esto \u00faltimo quedaron en que se pedir\u00eda a modificaci\u00f3n para evitar perxu\u00edzos a quen non lle sexa doado pasar os novos pelda\u00f1os. Soslaiouse o feito de &#8216;tapar&#8217; algunhas sa\u00eddas de embarcaci\u00f3ns al\u00ed estabuladas. E o meter madeira e barandilla, variando totalmente a fisognom\u00eda da zona, deixouse no tema legal: tivo informe positivo (parece).<\/p>\n<p>A baixada a Cabanela (te\u00f1o fotos sen po\u00f1er dende hai tempo, un d\u00eda destes ir\u00e1n) deu lugar a unha explicaci\u00f3n polo mi\u00fado: das casas con soportais, ahora derru\u00eddos e con perigo se algu\u00e9n se atreve a pasar entre os escombros, unha pertence \u00f3 concelo, outra \u00e1 Xunta e d\u00faas \u00f3 bispado, que ser\u00e1n adquiridas pola Xunta para rehabilitar para vivendas de xente moza. Dal\u00ed pasouse \u00e1 beira, a unha terra que hai acumulada no fondo de Cabanela e que o alcalde dixo que estaba xa sobre o tema para que se retirara.<\/p>\n<p>Sobre a recollida de cart\u00f3n: hai tendas que incumpren os requerimentos da alcald\u00eda para a recollida de cart\u00f3n. Falouse da posibilidade de variaci\u00f3n de hora para facelo dun xeito m\u00e1is adecuado durante o ver\u00e1n, e tam\u00e9n de que algunha &#8216;merecer\u00eda&#8217; unha sanci\u00f3n. Iso coido que significa que polo momento non se aplicar\u00e1n sanci\u00f3ns, a\u00ednda que debera, e lembroume alg\u00fan que outro tema, mesmo de car\u00e1cter educativo ou de intelixencia social que alg\u00fan d\u00eda pode retomarse nestas li\u00f1as.<\/p>\n<p>Seguiron a limpeza da praia do cargadoiro, os charcos na r\u00faas, as obras do &#8216;plan E&#8217; (&#8216;plan Zapatero&#8217;) e un tema tocado moitas veces no blog, que a\u00ednda no turno do PP sacou a colaci\u00f3n Jos\u00e9 Carlos R. Andina:  a petici\u00f3n dunha queixa \u00e1 SGAE polo cobro de 1 400 \u20ac a tenor das mostras de teatro afeizoado. Deu lugar a unha intervenci\u00f3n do secretario dicindo que non se pod\u00eda ir contra a SGAE porque estaba a ga\u00f1ar o 99% dos casos xudiciais, e de Vicente no sentido de que a SGAE tam\u00e9n mandaba xente a vixiar.  Pensaba eu daquela entre outras ocurrencias que, en concreto co teatro afeizoado, dubido moito que as obras presentadas este\u00f1an representadas pola SGAE, co que estar\u00eda en todo caso cobrando por algo que non pode cobrar \u00f3 non representar \u00f3s autores.  Lembro que mesmo no pleno ordinario pasado, houbo unha pregunta de O Tes\u00f3n sobre o tema (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/03\/en-galego-en-castelan-en-escrito-e-para.html\">escrito de J.L.Sampedro<\/a> sobre o tema en relaci\u00f3n \u00e1s bibliotecas, a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/03\/pleno-de-16-de-marzo-de-2009-ii.html\">referencia \u00e1 contestaci\u00f3n do alcalde no blog<\/a> e <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/03\/preguntas-o-pleno-de-marzo-de-2009.html\">escrito de O Tes\u00f3n coas preguntas \u00f3 pleno pasado<\/a>) non podendo o alcalde dar resposta de cando se espera pagar este ano \u00e1 SGAE.<\/p>\n<p>Pasou logo a preguntar o PSOE, que comezou falando sobre o incumprimento en relaci\u00f3n \u00f3 paso de veh\u00edculos e aparcamento en Calvo Sotelo cando est\u00e1 sen entregar, e as d\u00faas versi\u00f3ns do libro das que me fac\u00eda eco onte, &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/05\/un-titulo-desafortunado.html\">Un t\u00edtulo desafortunado<\/a>&#8216;.<\/p>\n<p>(&#8230;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(&#8230;) O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selecci\u00f3n foran obxectivos e non suxeitos \u00e1 subxectividade. A ampliaci\u00f3n durante un mes do prazo de exposici\u00f3n do regulamento da agrupaci\u00f3n de voluntarios non atopou ning\u00fan inconvinte. En canto \u00e1 intervenci\u00f3n do concello no tr\u00e1mite do TSXG para ter un xu\u00edz substituto, acordouse [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-8996","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8996","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8996"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8996\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8996"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8996"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8996"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}