{"id":8988,"date":"2009-05-23T09:23:00","date_gmt":"2009-05-23T07:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:15:48","modified_gmt":"2024-11-12T14:15:48","slug":"o-evento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/05\/23\/o-evento\/","title":{"rendered":"O evento"},"content":{"rendered":"<p>O evento m\u00e1is importante de hoxe en Ribadeo quiz\u00e1is sexa un que non sae na prensa. Non sae porque non foi comunicado p\u00fablicamente. Ref\u00edrome \u00e1 xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns co alcalde.<br \/>\nFacendo un pouco de historia, a Mesa de Asociaci\u00f3ns responde a unha convocatoria de O Tes\u00f3n para reunir a asociaci\u00f3ns de Ribadeo e intercambiar pareceres sobre a marcha co concello e as\u00ed poder ter nalg\u00fans puntos unha fronte com\u00fan para presentar propostas ou defender posturas.<br \/>\nTras unha primeira xuntanza vi\u00f1eron outras \u00e1s que se foron sumando AAVV das parroquias e nas que abandoaron outras asociaci\u00f3ns, e as xuntanzas com\u00fans co alcalde de turno, que eran preparadas con anterioridade. De xeito correspondente, tam\u00e9n se pasou de citar nun primeiro momento a asociaci\u00f3ns de diverso tipo do pobo ou moi vici\u00f1as en xeral a facelo con asociaci\u00f3n de veci\u00f1os de todo o concello.<br \/>\nTe\u00f1en pasado por moitas vicisitudes unha vez que se manifestaron que non \u00edan ser unha correa de transmisi\u00f3n do alcalde, sen\u00f3n un pequeno cauce no que se pretend\u00eda dar p\u00e9 a participaci\u00f3n cidad\u00e1. As\u00ed, no anterior mandato, despois de varios atrasos de xuntanza co alcalde (mesmo unha vez, despois de ter fixado data e atopar \u00f3 alcalde sa\u00edndo do concello), sinxelamente deixou de habelas. Neste per\u00edodo co novo alcalde, a cousa retrasouse unha vez m\u00e1is, acordando o pasado ano (abril) que fora el quen fixera a convocatoria \u00f3s catro meses. Non foi as\u00ed a ata esta semana, despois dunha xuntanza a fin de ano sen el, tam\u00e9n convocada polo Tes\u00f3n, asociaci\u00f3n que a semana pasada voltou facer a convocatoria correspondente e o puxo en co\u00f1ecemento do alcalde, quen, unha vez enterado, pediu convocala, polo que O Tes\u00f3n desconvocou a s\u00faa. Deste xeito, a xuntanza non vai a ser preparada con anterioridade en contra da idea inicial deste tipo de xuntanzas informais, pero rec\u00f3llese de novo a antorcha, voltando a tratar temas xa tratados pola Mesa, temas que entran na convocatoria realizada para hoxe \u00e1s doce no concello:<br \/>\nA normativa de participaci\u00f3n cidad\u00e1<br \/>\nO estado do urbanismo en Ribadeo<br \/>\nA perioricidade destas xuntanzas<br \/>\nA notar que, en canto \u00f3 Tes\u00f3n, foi presentado un borrador de normativa, despois de que fora aprobada inicialmente pero non posta en marcha nunca, nin actualizada para a s\u00faa adaptaci\u00f3n a normas posteriores, unha normativa no concello hai case vinte anos. Que o PXOM a\u00ednda segue en deliberaci\u00f3n de alegaci\u00f3ns, polo que non se pode tratar de xeito direito, pero dende que se comezou a analizar foron xurdindo temas como o das vivendas promovidas pola conseller\u00eda (tema que se barallou no outono e comezos de ano) ou diversas cousas sobre concesi\u00f3n de licenzas e actividade xudicial en torno \u00e1s cumbreiras. E en canto \u00e1 perioricidade, o alcalde xa quedara en convocalas e non o fixo: tratar\u00edase agora de acordar xa data para a pr\u00f3xima, para evitar novos retrasos.<br \/>\nUnha pequena recolta, nin moito menos exhaustiva, de post no blog sobre o tema:<br \/>\nSobre a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/09\/tempo-de-construccin.html\">mesa de xullo de 2005<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2005\/10\/varia_30.html\">Outubro de 2005<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/12\/por-que-esta-foto-non-actual-inocentes.html\">Decembro 2006<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/01\/asociacins-de-ribadeo.html\">Xaneiro 2007<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/xuntanza-co-alcalde.html\">Abril 2008<\/a>.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/nota-de-prensa-xuntanza-da-mesa-de.html\">Decembro de 2008<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O evento m\u00e1is importante de hoxe en Ribadeo quiz\u00e1is sexa un que non sae na prensa. Non sae porque non foi comunicado p\u00fablicamente. Ref\u00edrome \u00e1 xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns co alcalde. Facendo un pouco de historia, a Mesa de Asociaci\u00f3ns responde a unha convocatoria de O Tes\u00f3n para reunir a asociaci\u00f3ns de Ribadeo e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8988","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8988","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8988"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8988\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8988"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}