{"id":8984,"date":"2009-05-26T16:39:00","date_gmt":"2009-05-26T14:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:15:43","modified_gmt":"2024-11-12T14:15:43","slug":"castelan-vs-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/05\/26\/castelan-vs-galego\/","title":{"rendered":"Castel\u00e1n vs galego"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas estou escoitando (m\u00e1is ben, lendo) diversas cousas en favor do castel\u00e1n nun interesado conflito idiom\u00e1tico. Entendo que, con variaci\u00f3ns, pero b\u00e1sicamente, o que se pide \u00e9 que se deixen sen protecci\u00f3n os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en econom\u00eda levou \u00f3 sistema econ\u00f3mico que se autotitula \u00fanico \u00f3 caos actual.<br \/>\nA premisa parte de que as\u00ed ambos estar\u00edan en igualdade de condici\u00f3ns. Algu\u00e9n cree que iso \u00e9 posible se se suspende a protecci\u00f3n? Un par de &#8216;igualdades&#8217;: TDT en Ribadeo: 25 canles, 23 de titularidade en castel\u00e1n, 2 en galego. Lexislaci\u00f3n a cumprir: unhas 3 p\u00e1xinas de BOE en castel\u00e1n por 1 de DOG en galego, sen contar traducci\u00f3ns cara \u00f3 castel\u00e1n para cada unha delas e pr\u00e1cticamente nulas en sentido contrario.<br \/>\nRemato de ler un alegato para que os libros de texto este\u00f1an nos dous idiomas, e os profesores te\u00f1amos que dar as clases nas d\u00faas linguas. Coido que te\u00f1o usado ambas na clase e f\u00f3ra dela, en exames e en actividades extraescolares, pero para calquera que este\u00f1a no mundo da educaci\u00f3n querendo educar, os plantexamentos do alegato e a forma suxerida son demenciais. A proposta de alternativa libre para escoller a lingua, a parte de facer unha aut\u00e9ntica divisi\u00f3n na sociedade (voltando \u00e1 falta de atenci\u00f3n nos servizos en galego, por exemplo), oculta un aumento moi significativo de n\u00famero de profesores, precisamente cando se est\u00e1 a reducir o seu n\u00famero (hoxe mesmo aparece nos xornais a reducci\u00f3n de 12 aulas de primaria na Mari\u00f1a para o pr\u00f3ximo curso). Os libros de texto? literalmente hai veces (experiencia persoal) que non se pode escoller en galego porque non se fai m\u00e1is que versi\u00f3n castel\u00e1, mesmo con enganos \u00e1s veces para dicir que a versi\u00f3n galega sair\u00e1 m\u00e1is tarde, que a est\u00e1n traducindo (Por certo, se se traduce, iso quere dicir que se perden cousas (=calidade) na traducci\u00f3n, e que a inversi\u00f3n principal est\u00e1 para o castel\u00e1n, mesmo nos libros editados en galego, non si?)<br \/>\nNoutro punto publicado hoxe, resulta que se pide que se suprima o exame de galego para a entrada na docencia p\u00fablica. Se se quere igualdade, por que ent\u00f3n non se pon un exame de castel\u00e1n? (cousa que por outra banda non estar\u00eda de m\u00e1is dende outros puntos de vista nos tempos que corren). Se se suprime o exame de galego, o l\u00f3xico ser\u00eda ent\u00f3n asegurar que nos exames anteriores hai tam\u00e9n igualdade&#8230; o que non \u00e9 certo. Por certo, asumir que non hai necesidade de exame en castel\u00e1n implica xa de por si que \u00e9 o idioma prevalente, o que co\u00f1ece todo o mundo e polo tanto non hai que coidar do seu co\u00f1ecemento. E, adem\u00e1is, se se pretende que a xente poda explicar en galego, como se asegura que realmente poda facelo se se lle require?<br \/>\nSexamos claros, non se trata dunha loita (a menos que se quera facer tal), pero se se escolle facer esa loita, ser\u00eda como David contra Goliath &#8230; e David famento, sen honda, torto e manco, por moi boa persoa que se considere.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas estou escoitando (m\u00e1is ben, lendo) diversas cousas en favor do castel\u00e1n nun interesado conflito idiom\u00e1tico. Entendo que, con variaci\u00f3ns, pero b\u00e1sicamente, o que se pide \u00e9 que se deixen sen protecci\u00f3n os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en econom\u00eda levou \u00f3 sistema econ\u00f3mico que se autotitula \u00fanico \u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,32],"class_list":["post-8984","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8984"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8984\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}