{"id":8935,"date":"2009-06-25T07:30:00","date_gmt":"2009-06-25T05:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:14:09","modified_gmt":"2024-11-12T14:14:09","slug":"inicio-de-desbloqueo-ribadeo-podee-debe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/06\/25\/inicio-de-desbloqueo-ribadeo-podee-debe\/","title":{"rendered":"Inicio de desbloqueo? Ribadeo pode e debe ter outra entrada dende a autov\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Iso parece: A comisi\u00f3n de Fomento do Congreso dos Deputados insta \u00f3 Goberno a po\u00f1erse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as caracter\u00edsticas que debe ter unha nova ligaz\u00f3n coa autov\u00eda, \u00f3 tempo que a sacar o cartel de &#8216;Ribadeo sur&#8217; que aparece en Dompi\u00f1or e que tanto engana \u00f3 automobilistas, pois parece que ter\u00eda que haber outro para &#8216;Ribadeo centro&#8217; ou &#8216;Ribadeo norte&#8217;. O tempo que levar\u00e1? Sen d\u00fabida, moito a\u00ednda&#8230;<br \/>\nPor outra banda, falando de obras, hai outras que poder\u00edan ir m\u00e1is r\u00e1pido. \u00c9 unha an\u00e9cdota, pero non deixa de ser sintom\u00e1tico: excusar a asistencia a unha xuntanza das que se ve\u00f1en mantendo sobre o PXOM p\u00f3dese entender, pero facelo para ver un partido de f\u00fatbol, mesmo da selecci\u00f3n espa\u00f1ola, parece non cadra moito, mesmo co cansancio que deben ter os concelleiros na revisi\u00f3n das 1 150 alegaci\u00f3ns que se presentaron. E non \u00e9 tanto por intereses puntuais que se manifestan, sen\u00f3n porque se pode imaxinar que se cousas persoais dese calibre excusan asistencias, outras que se poidan interpretar como algo maiores ter\u00e1n asemade efectos algo maiores. En canto a que sexa un ou outro quen o fai, non est\u00e1 de m\u00e1is ter unha idea para xulgar, pero o perxu\u00edzo \u00e9 para todo o concello e os que participan nel.<br \/>\nPerxu\u00edzos son tam\u00e9n os financieiros que representan para t\u00f3dolos cidad\u00e1ns a d\u00e9beda do concello, que segundo <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=231&amp;lg=gal\">nota de prensa<\/a>, anda axust\u00e1ndose pero est\u00e1 a\u00ednda preto dos 5M\u20ac, o que representa, se non fago mal as contas, e respecto \u00f3 orzamento que se tentar\u00e1 aprobar, algo as\u00ed como o 55%, e xera unhas cargas por intereses de non menos dunha decea de mill\u00f3ns das antigas pesetas (voltando a traducir, non menos de 500\u20ac\/dia, ou 5c por ribadense afincado e dia). A dicir que o concelleiro admite un pequeno aumento no 2009 (0,1M\u20ac), pero representando na realidade unha mellora debido a que non se contabilizaran a\u00ednda entradas da recadaci\u00f3n por conta da Deputaci\u00f3n.<br \/>\nE, para ter m\u00e1is seguridade, Rochas Brancas dispor\u00e1 dunha fermosa valla met\u00e1lica. O de fermosa, naturalmente, p\u00faxenllo eu. De novo unha &#8216;protecci\u00f3n&#8217; para que ningu\u00e9n saia perxudicado por un desprendemento debido a unha imprudencia. Agora est\u00e1 valada de xeito provisional.<br \/>\nOnte, mercado. O de pagar as d\u00e9bedas non o te\u00f1o claro que xa sucedera, pero si parece haber m\u00e1is orde na disposici\u00f3n de postos despois da pol\u00e9mica de meses pasados.<br \/>\nE en espera da concentraci\u00f3n motera desta fin de semana, despois do concerto de fin de curso da EMMD o venres, e Fred Morrison \u00e1 gaita o domingo \u00e1s nove no Hern\u00e1n Naval, en dez d\u00edas, <a href=\"http:\/\/www.elcultural.es\/version_papel\/TEATRO\/15399\/Vidal_Bolano_estrena_a_burla_do_galo\">A burla do galo<\/a> ser\u00e1 <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/axenda_det.php?id=57&amp;lg=gal\">estreada polo grupo municipal de teatro<\/a>.<br \/>\nOutra nova particular \u00e9 que est\u00e1n comezando a po\u00f1erse en marcha os paseos guiados por Ribadeo, &#8216;Co\u00f1ece o teu concello&#8217;, polo momento s\u00f3 en pr\u00e1cticas con outro grupo de f\u00f3ra. Espero publicar pronto texto e fotos de Pancho Campos sobre o tema.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iso parece: A comisi\u00f3n de Fomento do Congreso dos Deputados insta \u00f3 Goberno a po\u00f1erse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as caracter\u00edsticas que debe ter unha nova ligaz\u00f3n coa autov\u00eda, \u00f3 tempo que a sacar o cartel de &#8216;Ribadeo sur&#8217; que aparece en Dompi\u00f1or e que tanto engana \u00f3 automobilistas, pois [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,26,9],"class_list":["post-8935","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8935","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8935"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8935\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8935"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8935"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8935"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}