{"id":8901,"date":"2009-07-15T17:39:00","date_gmt":"2009-07-15T15:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:13:05","modified_gmt":"2024-11-12T14:13:05","slug":"orzamento-habemus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/07\/15\/orzamento-habemus\/","title":{"rendered":"Orzamento habemus!"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3ZrLOyOafqdFhYuOEw5cZF8D7Q8QWM3L-YAoPG7b6mPI4LZXxC19m2d4ssANkfyzdfYMn9E2vaI8k8aHA8AKtWvDkTHVVQNxDSvSVNoiWwJm16PJlfLLCWUUsL_4TdZbNqXLSbw\/s2048\/balon.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg3ZrLOyOafqdFhYuOEw5cZF8D7Q8QWM3L-YAoPG7b6mPI4LZXxC19m2d4ssANkfyzdfYMn9E2vaI8k8aHA8AKtWvDkTHVVQNxDSvSVNoiWwJm16PJlfLLCWUUsL_4TdZbNqXLSbw\/s2048\/balon.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Antes de pasar \u00f3 orzamento: al\u00f3 polas oito e media \u00f3ese no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/07\/15-de-xullo.html\">pleno<\/a> un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dal\u00eda a aun par de minutos, entra no sal\u00f3n de plenos un rapaz co\u00f1ecido en Ribadeo, atravesa o sal\u00f3n, dir\u00edxese ante a mirada de todos a un balc\u00f3n que estaba aberto (o sinalado pola cruz na toma do sixpac), colle o bal\u00f3n e volta sa\u00edr. \u00c9 ent\u00f3n cando todo o mundo comprende (mesmo quen non se decatara do ru\u00eddo anterior) e o pleno contin\u00faa.<\/p>\n<p>Chegouse \u00f3 pleno do luns sen ter asegurada a aprobaci\u00f3n. Gastos presupostados: 8 690 000\u20ac; Ingresos 9 300 000\u20ac: un orzamento con super\u00e1vit apra reducir a d\u00e9beda. De c\u00e1nto estamos a falar? Polos n\u00fameros que al\u00ed se manexaron, duns 5 000 000\u20ac<\/p>\n<p>[Contas sobre a d\u00e9beda: a un 3% anual, xuro abondo pequeno, son 150 000\u20ac\/ano de xuro, aparte amortizaci\u00f3ns, claro. Ou sexa, 25 000 000 das antigas pesetas. Ou 15\u20ac\/ano por habitante de Ribadeo, 2 500 pts&#8230;]<\/p>\n<p>Falouse do custe da homenaxe a calvo Sotelo, algo que polo momento non sab\u00eda, e mentras que no orzamento van 97 100\u20ac, o lider da oposici\u00f3n (PP) falou de 107 000\u20ac. A\u00ed estar\u00eda inclu\u00eddo todo, mesmo o libro, pero non se especificou canto ti\u00f1a que po\u00f1er \u00f3 final o concello.<\/p>\n<p>O debate, con varias roldas de preguntas e respostas, non foi sinxelo, pero tampouco complicado. Espl\u00edcome: os grupos expuxeron na primeria rolda as s\u00faas argumentaci\u00f3ns, e logo foi a cousa repetida. por parte do goberno, houbo contestaci\u00f3n, e logo, m\u00e1is que repetici\u00f3n, case s\u00faplica de aprobaci\u00f3n. D\u00e9use o caso, pouco antes do final do punto, dunha intentona do alcalde para que os grupos declararan o seu voto sen facer a votaci\u00f3n, algo que non foi adiante&#8230;<\/p>\n<p>Por que foron as discusi\u00f3ns? Hai moitas variantes no seu inicio. Sa\u00edron temas como que o PP queix\u00e1base de que a\u00ednda que o BNG aceptara introducir a maior\u00eda das s\u00faas propostas (5 de 6), a que quedaba era importante, o PSOE coido que tivo un representante que dixo algo as\u00ed como que o aceptado das s\u00faas propostas foi algo as\u00ed como o chocolate do loro, UPRi queixouse de que a eles non lles aceptaran propostas mentras que \u00f3s dem\u00e1is lles aceptaran case todo, &#8230; A discusi\u00f3n principal, pola importancia dos votos do PP e sere reclamdo por este partido, foi a subvenci\u00f3n de accesos \u00e1s vivendas no rural, estimado nun paquete de 33 000\u20ac que \u00f3 final quedou sen ir adiante, a\u00ednda con series de razoamentos por parte do portavoz do PP, Andina, no que se lle reco\u00f1eceu unhas t\u00e1boas no parqu\u00e9 que non te\u00f1en os outros membros do pleno; t\u00e1boas que non fixeron descompo\u00f1er \u00f3 alcalde pero si v\u00e9rselle angustiado, dando a raz\u00f3n a todos en parte, pero non dando o brazo a torcer na s\u00faa ampla resposta.<\/p>\n<p>Angustia? Por que? Polo que parece, se non se aprobaban os orzamentos, non se pod\u00eda dispor de cartos para acompa\u00f1ar diversos gastos financiados de xeito maioritariamente (ou alomenos, importante) externamente. \u00c9 dicir, estabanse a xogar m\u00e1is euros dos nove mill\u00f3ns do orzamento&#8230; Algo que pesou moito sobre todos os grupos, e que coido que foi o motivo de que PSOE e PP se abstiveran, ante a perspectiva de que se lle achacaran as culpas desa perda (alque que foi polo dem\u00e1is tra\u00eddo e levado moitas veces no pleno, uns botando a culpa e outros quit\u00e1ndoa de cima e inclupando \u00f3s primeiros). En fin, as negociaci\u00f3ns hai que contemplalas como cesi\u00f3n entre partes, como al\u00ed se dixo, a\u00ednda que parece que por ista o ganador nas conversas foi o equipo de goberno (representando a Ribadeo&#8230;)<\/p>\n<p>Non se falou do custe que vai supor o dinamizar este ver\u00e1n a casa da R\u00eda, pero si da instalaci\u00f3n de paneis solares na piscina, ou da distribuci\u00f3n de subvenci\u00f3ns \u00f3s centros educativos ribadenses. Falouse de se o plan E supl\u00eda ou complementaba a inversi\u00f3n orzamentaria. Tam\u00e9n, de se o orzamento actual (e o anterior) implicaba unha diminuci\u00f3n ou un aumento de d\u00e9beda (duro debate con UPRi, no que interviu a Interventora e non quedou en bo lugar a Interventora anterior a pesares da suavidade de trato ds a\u00faa colega, e da que o menos que se dixo foi algo as\u00ed como que eran datos parciais o informe que dera a UPRi). O imputar unha entrada por multas urban\u00edsticas o ano pasado de 1 000 000\u20ac, cobr\u00e1ndose s\u00f3 na realidade o 8,5% (pero queda a\u00ed, non pod\u00e9ndose voltar a imputar isa cantidade iste ano&#8230; e se se chegan a cobrar por via xudicial ou non, a conta xa est\u00e1 feita). Aparece unha burocracia de datas de presentaci\u00f3n e discusi\u00f3n sobre se iso significa que as cousas est\u00e1nse a facer mellor ou peor (en 2007 os orzamentos present\u00e1ronse en novembro, en 2008 en agosto a finais e en 2008 en xullo), gastos de aqu\u00ed e da al\u00f3, diminuci\u00f3ns p\u00edrricas e sen sentido ou ben estudadas, &#8230; a eficiencia no gasto? Diso non houbo debate. O Ribadeo que queremos (algo que leva coleando xa uns cantos anos e non se decide polo que parece) tam\u00e9n brilou pola s\u00faa indefinici\u00f3n.<\/p>\n<p>Sa\u00edu a relocer tam\u00e9n os 17 000\u20ac para equilibrar soldos municipais (cit\u00e1ndose o desequilibrio de soldos do convenio anterior e a &#8216;igualaci\u00f3n por arriba&#8217; que supu\u00f1a para os empregados municipais ista cantidade) e o cat\u00e1logo de postos de traballo, encargado co benepl\u00e1cito sindical pero sen aplicar por disconformidade dos sindicatos co resultado.<\/p>\n<p>Todos os grupos tentaron de aproveitar en diversas versi\u00f3ns un comentario dun deles no que se acusaba \u00f3 goberno municipal de &#8216;non buscar ingresos noutras administraci\u00f3ns&#8217;&#8230;<\/p>\n<p>O pleno foi transcorrendo sen avanzar en posturas sobre algo que xa discutiran os grupos municipais varias veces. Por un comentario que me fixeron, poder\u00edase dicir que as posturas de cada grupo si estaban decididas con anterioridade \u00f3 pleno, pero mantiveron en vilo \u00f3 alcalde ata o \u00faltimo momento, no que visiblemente respirou, a parte de dar as grazas polo que significa a aprobaci\u00f3n dos orzamentos, mesmo sendo sacados adiante con catro votos (vamos, que a oposici\u00f3n sempre pode dicir &#8216;nos non votamos iso&#8217;&#8230;)<\/p>\n<p>O apartado final, de rogos e preguntas, non podo referilo por non ter estado nin pedir referencias&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antes de pasar \u00f3 orzamento: al\u00f3 polas oito e media \u00f3ese no pleno un golpe nunha fiestra. Todo transcorre con normalidade, pero, dal\u00eda a aun par de minutos, entra no sal\u00f3n de plenos un rapaz co\u00f1ecido en Ribadeo, atravesa o sal\u00f3n, dir\u00edxese ante a mirada de todos a un balc\u00f3n que estaba aberto (o sinalado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,61,13],"class_list":["post-8901","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-orzamentos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8901","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8901"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8901\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8901"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8901"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8901"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}