{"id":8824,"date":"2009-08-19T22:51:00","date_gmt":"2009-08-19T20:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:11:04","modified_gmt":"2024-11-12T14:11:04","slug":"orzamentos-2009-sen-comentarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/08\/19\/orzamentos-2009-sen-comentarios\/","title":{"rendered":"Orzamentos 2009: sen comentarios"},"content":{"rendered":"<p>Paso a <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=276&amp;lg=gal\">nota do concello<\/a>, sen comentar, e tendo en conta que \u00e9 a visi\u00f3n de s\u00f3 unha das partes implicadas. Para un <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2009\/08\/00251-pleno-municipal-embarazoso-en-ribadeo.html\">comentario, O Cargadoiro<\/a>.<\/p>\n<p>NO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO ONTE<\/p>\n<p>Aprobados definitivamente os orzamentos de 2009<\/p>\n<p>19\/08\/2009<\/p>\n<p>Aprobados definitivamente os orzamentos municipais de 2009 en Ribadeo. O alcalde destaca a importancia de sacalos adiante e critica a actitude mantida por PSOE e UPRI xa que o \u00fanico que pretenden \u00e9 bloquear todo o que proxecta facer o goberno municipal.<\/p>\n<p>Onte quedaron definitivamente aprobados os orzamentos municipais de Ribadeo para o 2009. Fernando Su\u00e1rez destaca a importancia de sacalos adiante e critica a actitude mantida por PSOE e UPRI que o \u00fanico que pretenden \u00e9 bloquear todo o que proxecta facer o goberno municipal.O alcalde de Ribadeo relatou que &#8220;neste pleno extraordinario de onte, eu creo que o m\u00e1is importante sobre todo para os veci\u00f1os de Ribadeo \u00e9 que os presupostos municipais de 2009 est\u00e1n definitivamente aprobados, dado que hab\u00eda tres reclamaci\u00f3ns que foron desestimadas por 8 votos a favor do pleno. Ditas reclamaci\u00f3ns contaban con informe desfavorable de Intervenci\u00f3n municipal, dado que non era procedente a s\u00faa estimaci\u00f3n&#8221;.<\/p>\n<p>O rexedor segue a contar que &#8220;das tres alegaci\u00f3ns houbo unha que foi moi debatida por todos os grupos pol\u00edticos, singularmente polos da oposici\u00f3n que fixeron especial fincap\u00e9 neso. Tr\u00e1tase dunha bolsa de di\u00f1eiro contemplada no presuposto para o convenio e para o reparto, segundo eles, entre unha serie de xente que cobra menos do que debe no Concello de Ribadeo. N\u00f3s sempre mantivemos a opci\u00f3n de, a trav\u00e9s da RPT, facer un reparto xusto e equitativo, e aos grupos eso non lles vale e se mostraron moi belixerantes. N\u00f3s ao estar en minor\u00eda v\u00edmonos na obriga de aceptar unha proposta do PP para que antes do 31 de decembro deste ano cheguemos a un acordo cos sindicatos para repartir este di\u00f1eiro entre aquela xente que se sinta m\u00e1is agraviada. \u00c9 un tanto dif\u00edcil saber qu\u00e9 xente se sinte m\u00e1is agraviada, pero aceptamos o compromiso&#8221;. A Fernando Su\u00e1rez  res\u00faltalle chamativo que &#8220;como alcalde convidei a todos os grupos da Corporaci\u00f3n a que estiveran con nosoutros neste tema para entre todos designar \u00e1s persoas que est\u00e1n inxustamente remuneradas e por parte de todos os grupos da oposici\u00f3n rexeitaron esa oferta, polo que supo\u00f1o que confiar\u00e1n na capacidade do alcalde para chegar a acordos. En todo caso aceptamos e levaremos adiante este compromiso para desbloquear o asunto das retribuci\u00f3ns a parte do persoal deste Concello&#8221;.<\/p>\n<p>O alcalde ribadense tivo unha menci\u00f3n singular para &#8220;a actitude cada vez m\u00e1is err\u00e1tica, cada vez m\u00e1is indecisa por parte do grupo municipal do PSOE. Parece ser que aqu\u00ed non seguen as directrices do presidente do goberno do Estado e m\u00e1ximo dirixente socialista, o Sr.Zapatero, no sentido de facilitar en todos os concellos, nestes tempos de dificultades econ\u00f3micas, que os presupostos poidan sair para adiante. Si aqu\u00ed hai un mes deron un paso adiante facilitando a aprobaci\u00f3n inicial coa s\u00faa abstenci\u00f3n, agora deron dous para atr\u00e1s e non levan a b\u00f3 termo o que hai un mes iniciaron, xa que votaron en contra duns informes de Intervenci\u00f3n e votaron a favor de que se estimaran unhas alegaci\u00f3ns imposibles de levar adiante&#8221;. Fernando Su\u00e1rez engade que &#8220;resulta curiosa esta actitude polo que veci\u00f1os e votantes lles ter\u00e1n que preguntar a eles. Vese claro que hai uns grupos, PSOE e UPRI, que o \u00fanico que queren \u00e9 bloquealo absolutamente todo, seguen a doutrina de canto peor mellor, de que canto m\u00e1is lle poidan bloquear a este goberno municipal mellor e desde logo a quen fastidian con esta actitude \u00e9 aos administrados, aos veci\u00f1os e \u00e1s veci\u00f1as de Ribadeo que neste caso se pod\u00edan ver privados de ter un presuposto aprobado con todas as posibilidades que eso conleva. En todo caso, a pesares das diferencias hai outro tipo de xente que \u00e9 m\u00e1is razoable para chegar a acordos, desde logo&#8221;.<\/p>\n<p>Su\u00e1rez Barcia destaca &#8220;a importancia de sacar adiante uns presupostos sobre todo polos compromisos de inversi\u00f3n que adquiren, compromisos de ter fondos propios destinados a complementar outras axudas que est\u00e1n acordadas coa Xunta de Galicia, que \u00e9 o que lles interesa aos veci\u00f1os, como o n\u00facleo de sostibilidade, o ama\u00f1o de varias r\u00faas. E non soamente os proxectos de inversi\u00f3n, sen\u00f3n que tam\u00e9n afecta \u00e1 actividade cot\u00eda, porque sen\u00f3n hai presupostos non se poder\u00edan sacar as subvenci\u00f3ns culturais, as subvenci\u00f3ns a entidades deportivas, as subvenci\u00f3ns de todo tipo. Se un non ten os presupostos aprobados esto non pode funcionar e polo tanto res\u00edntese o funcionamento xeral dun Concello. Xa digo, tivemos nalg\u00fan caso que facer cousas que non consideramos que sexan as mellores posibles pero dada a situaci\u00f3n, dado que non contamos con maior\u00eda, tivemos que aceptar  co fin de sacar os presupostos municipais adiante&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paso a nota do concello, sen comentar, e tendo en conta que \u00e9 a visi\u00f3n de s\u00f3 unha das partes implicadas. Para un comentario, O Cargadoiro. NO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO ONTE Aprobados definitivamente os orzamentos de 2009 19\/08\/2009 Aprobados definitivamente os orzamentos municipais de 2009 en Ribadeo. O alcalde destaca a importancia de sacalos adiante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,61,13],"class_list":["post-8824","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-orzamentos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8824","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8824"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8824\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8824"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8824"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8824"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}