{"id":8814,"date":"2009-08-25T08:45:00","date_gmt":"2009-08-25T06:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:10:42","modified_gmt":"2024-11-12T14:10:42","slug":"arredor-da-suba-de-impostos-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/08\/25\/arredor-da-suba-de-impostos-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Arredor da suba de impostos en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A conta dunha nota de prensa da AVV Atalaia, onte fun preguntado polo que pensaba sobre a suba de impostos e taxas. Hoxe pode verse na <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2009\/08\/25\/0003_7927092.htm\">voz<\/a> o que deduxo o meu interlocutor do que dic\u00eda. Como outras veces, coido que debo aclarar algunhas das cousas que al\u00ed aparecen.<br \/>\nA primeira, que se me chaman \u00e1 casa para preguntarme a mi\u00f1a opini\u00f3n, \u00e9 a mi\u00f1a opini\u00f3n e non a de todo un colectivo a que dou. Coido que neste caso a opini\u00f3n non difire grandemente da do resto da directiva de O Tes\u00f3n, pero non deixa de ser a mi\u00f1a e a anterior afirmaci\u00f3n a\u00ednda est\u00e1 por corroborar.<br \/>\nA suba de taxas significa a suba de compensaci\u00f3n polos servizos prestados, mentras que a suba de impostos significa a suba de ingresos en base a par\u00e1metros diversos, pero separados do que \u00e9 un servizo (un exemplo: a contaminaci\u00f3n xera custes, pero non \u00e9 un servizo).  Por outra banda, os ingresos do concello exercidos de xeito direto (\u00e9 dicir, sen que lle ve\u00f1an do estado ou doutras instituci\u00f3ns) tam\u00e9n abranguen as multas e semellantes, que ter\u00edan unha orixe punitiva. A grandes rasgos, e sen ser especialista, coido que ser\u00edan as tres compo\u00f1entes (sobre todo as d\u00faas primeiras) de ingresos direitos do concello.<br \/>\nDito o anterior, cabe remarcar que peri\u00f3dicamente hai rifirafes pola suba de taxas e impostos, con diferentes opini\u00f3ns encontradas, mentras o tema das multas, pola s\u00faa natureza punitiva, a\u00ednda que poda xerar alg\u00fan enfrontamento, \u00e9 doutro tipo e en calquera caso remata m\u00e1is r\u00e1pidamente na xustiza. Por iso non conv\u00e9n misturar o tema de cobro e aumentos dos tres apartados. No de multas, a s\u00faa limitaci\u00f3n ven dada non s\u00f3 pola eficiencia de xesti\u00f3n, sen\u00f3n, en particular en casos de multas substanciosas como as impostas a construtores, polas decisi\u00f3ns xudiciais. E a s\u00faa imposici\u00f3n e aumento ven limitada\/perfilada pola correspondente lexislaci\u00f3n.<br \/>\nEn canto a impostos e taxas, pola s\u00faa diferente natureza, os impostos te\u00f1en m\u00e1is relaci\u00f3n con leis de rango supramunicipal, mentras que as taxas son m\u00e1is libres. Adem\u00e1is, unha variaci\u00f3n de impostos en relaci\u00f3n a concellos vici\u00f1os implicar\u00eda unha discriminaci\u00f3n en temas xerais que leva o estado, mentras que unha variaci\u00f3n de taxas por servizos pode implicar s\u00f3 unha diferente xesti\u00f3n xeral de ditos servizos. Expl\u00edcome: o concello de Trabada non cobra taxas pola escola de m\u00fasica: non a ten. O concello da Veiga non fai descontos por pertenza \u00e1 banda de m\u00fasica na matr\u00edcula da escola: non ten banda. Ou ben, no cobro da auga, un concello pode ter diferente umbral de consumo m\u00ednimo que outro, e logo diferente incremento por cada m<sup>3<\/sup> extra.<br \/>\nAs\u00ed, respecto \u00e1s taxas por servizos p\u00fablicos, entendo que deben ser consideradas como tales, \u00e9 dicir, servizos prestados \u00e1 comunidade, non en r\u00e9xime de concorrenza competitiva respecto a prezos. Isto non implica que non haxa compensaci\u00f3n, sen\u00f3n que a compensaci\u00f3n non ten por que cubrir exactamente o servizo prestado, pois deben entrar en consideraci\u00f3n outras cuesti\u00f3ns. Por exemplo, non se trata de subvencionar o consumo de auga para malgastala, pero tampouco de que o cobrado se axuste exactamente \u00f3 custe, a\u00ednda que a) sexa a tendencia observada segundo as actuais ideas de pol\u00edtica econ\u00f3mica e b) quen preste de xeito direito ise servizo sexa unha empresa privada consesionaria do concello, e polo tanto empresa procurando o seu propio lucro. Coido que non se debe confundir xesti\u00f3n con lucro, cousa \u00e1 que se tende cando os servizos est\u00e1n xestionados por terceiros, e que relacionar\u00eda os apartados a) e b) anteriores. O anterior non presup\u00f3n, por exemplo, que t\u00f3dolos servizos ofertados nun determinado momento sexan o resultado dunha necesidade comunitaria. Nin tampouco que non podan entrar en competencia con servizos ofertados de xeito privado (sobre isto poder\u00edase dicir moito&#8230;)<br \/>\nNo balance de calquera entidade, e o concello non deixa de ser unha entidade m\u00e1is, \u00e1 beira dos ingresos hai que considerar os gastos. O seu monto total e a s\u00faa eficiencia. \u00c9 evidente que ambas cousas, monto e eficiencia no gasto, est\u00e1n relacionadas, pero non son nin significan o mesmo. O concello de Ribadeo est\u00e1 endebedado. Moito. E necesita apretarse o cintur\u00f3n, algo que xa est\u00e1 comezando a facer. Nese sentido, o &#8216;cintur\u00f3n&#8217; pode e debe apretarse m\u00e1is por uns sitios que por outros, pero a dificultade estar\u00e1 en po\u00f1erse de acordo sobre en que sitios se debe apretar m\u00e1is. E por a\u00ed, a\u00ednda que \u00e9 necesario, \u00e9 dif\u00edcil avanzar porque implica opci\u00f3ns concretas. E por iso \u00e9 necesario.<br \/>\nOutra cousa \u00e9 a eficiencia e eficacia da xesti\u00f3n, e polo tanto, o poder facer m\u00e1is con menos. A\u00ednda que poucas veces se di expl\u00edcitamente, de xeito impl\u00edcito ent\u00e9ndese que nese sentido Ribadeo e en xeral os concellos te\u00f1en moito moito traballo por diante. Perc\u00e9bese que o rendemento, organizaci\u00f3n e estrutura de persoal, espazos e maquinaria deixa moito que desexar; as administraci\u00f3ns, polo seu sistema exclusivo sen competencia, son reacias en xeral a mirarse para apreciar defectos no seu funcionamento, algo b\u00e1sico para a s\u00faa correcci\u00f3n e polo tanto aumento da eficicacia. E perc\u00e9bese que, se se est\u00e1 a facer alg\u00fan progreso, \u00e9 relativamente pequeno fronte \u00e1 tarefa a afrontar.<br \/>\nSi, pero as taxas tentan cubrir o custo dos servizos, e se a xesti\u00f3n distes non \u00e9 eficente, ent\u00f3n est\u00e1n tentando cubrir un sobrecuste. Principalmente a iso me refer\u00eda eu cando dic\u00eda que antes de considerar un aumento de taxas hai moito cami\u00f1o que recorrer.<br \/>\nPolo contrario, non creo que haxa que facer fincap\u00e9 en que este\u00f1amos en momento de crise. Alomenos, non de xeito direito, como parece ser fan alg\u00fans pol\u00edticos entrevistados. Expl\u00edcome: se alg\u00fan na casa ten unha crise econ\u00f3mica, e non pode actuar sobre os ingresos para ganar m\u00e1is, o l\u00f3xico \u00e9 que recorte gastos, mesmo priv\u00e1ndose de cousas e actividades, o que ser\u00eda o equivalente \u00f3s servizos. Se a xesti\u00f3n previa est\u00e1 ben feita, a reducci\u00f3n de gasto dentro do posible non vir\u00e1 tanto de recorte do gasto en alimentaci\u00f3n, sen\u00f3n en restaurantes. \u00c9 dicir, non vir\u00e1 tanto de aforro en servizos ben xestionados como do aforro en servizos extra. E o normal ser\u00eda (&#8230; pode que non suceda as\u00ed &#8230;) que a xesti\u00f3n estivera ben feita xa en tempos de bonanza econ\u00f3mica, sen despilfarrar, co que ise cami\u00f1o estar\u00eda cortado. Referirse \u00e1 crise expl\u00edcitamente como motivo de non aumento implica ter a idea de que cando non hai crise pode gastarse \/ dilapidarse e non pasa nada. Pero si pasa. De feito, os problemas financieiros que est\u00e1 a ter o concello prove\u00f1en de a\u00ed, de que en momentos sen crise econ\u00f3mica dilapidouse un potencial de cartos que pod\u00eda terse aforrado ou empregado de xeito m\u00e1is eficaz. Adem\u00e1is, se se nos di que nos momentos de non crise non pasa nada por gastar de m\u00e1is, quen vai crer que nos momentos de crise se axustan os gastos cando se est\u00e1 xogando cos cartos de todos e non so cos da xente que o est\u00e1 a dicir? O anterior, sen contar que como administraci\u00f3n p\u00fablica, nos momentos de recesi\u00f3n a teor\u00eda de manual (<a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/John_Maynard_Keynes\">Keynes<\/a> e cia) implica facer unha programaci\u00f3n contrac\u00edclica&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conta dunha nota de prensa da AVV Atalaia, onte fun preguntado polo que pensaba sobre a suba de impostos e taxas. Hoxe pode verse na voz o que deduxo o meu interlocutor do que dic\u00eda. Como outras veces, coido que debo aclarar algunhas das cousas que al\u00ed aparecen. A primeira, que se me chaman [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-8814","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8814","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8814"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8814\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8814"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8814"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8814"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}