{"id":8804,"date":"2009-08-28T13:24:00","date_gmt":"2009-08-28T11:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:10:28","modified_gmt":"2024-11-12T14:10:28","slug":"nota-de-prensa-sober-publicado-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/08\/28\/nota-de-prensa-sober-publicado-en\/","title":{"rendered":"Nota de prensa sobre &#8216;Publicado en Ribadeo&#8217;"},"content":{"rendered":"<p><title><\/title>      <\/p>\n<p>&#8211;&gt;  <\/p>\n<p align=\"center\">Nota de prensa<\/p>\n<p align=\"center\">Publicado en Ribadeo<\/p>\n<p align=\"justify\">Dende hai m\u00e1is dun ano foi cobrando forma a wiki &#8216;Publicado en Ribadeo&#8217;. Nela trato de ir cargando na web obras relacionadas con Ribadeo ou feitas por xente con fortes relaci\u00f3ns con Ribadeo. Debido a ser un traballo lento, ata o momento persoal, e moitas veces tam\u00e9n \u00e1 necesidade de petici\u00f3n de permisos por estar as obras a\u00ednda con licenzas en vigor, o progreso foi asemade lento.<\/p>\n<p align=\"justify\">Na actualidade, a relaci\u00f3n de obras que se poden consultar xa comeza a ser abondante, as\u00ed como a difusi\u00f3n do sitio, polo que considero que \u00e9 hora de dalo a co\u00f1ecer dun xeito m\u00e1is amplo para facilitar o seu uso. E \u00e9 que co tempo, &#8216;publicado en Ribadeo&#8217; vai sendo co\u00f1ecido e atraendo m\u00e1is miradas, nun proceso que pode dicirse que se autoalimenta.<\/p>\n<p align=\"justify\">Unha disposici\u00f3n de obras como a que relaciono abaixo creo que debera ser afrontada por unha instituci\u00f3n p\u00fablica como o concello, pero no seu defecto, xa est\u00e1 feito, ou mellor, comezado, pois a tarefa que queda \u00e9 moito maior que a que levo feito. As\u00ed, p\u00f3dense observar que en algunhas das obras referidas quedan partes por cargar, ou mesmo nun caso, a revista Beiramar, obra da que falei cos propietarios dos dereitos a\u00ednda hai pouco, est\u00e1 referida no \u00edndice pero sen cargar ata o momento ningunha parte. Asemade, te\u00f1o varias partes de obras que est\u00e1n esperando a ser rematado o seu tratamento para deixalas no repositorio onde corresponde.<\/p>\n<p align=\"justify\">Cada obra leva unha ficha m\u00ednima con datos sobre a mesma, a modo de introducci\u00f3n das p\u00e1xinas que foron escaneadas, que se presentan ben &#8216;tal cal&#8217; ou ben algo melloradas despois dunha recomposici\u00f3n de p\u00e1xinas, pois hai que ter conta que algunhas son copias non de orixinais, sen\u00f3n doutras copias.<\/p>\n<p align=\"justify\">Case t\u00f3dalas obras foron escaneadas por min, pero algunhas foron cedidas en orixe xa en formato adecuado ou mesmo escaneadas por outra persoa para a s\u00faa publicaci\u00f3n en &#8216;publicado en Ribadeo&#8217;.<\/p>\n<p align=\"justify\">Xa se puxo en contacto comigo un empresario ribadense para ofrecer un soporte \u00e1 web que vai xurdindo, se ben ata o momento e por culpa mi\u00f1a, non se fixo cambio alg\u00fan da estrutura inicial. E \u00e9 evidente que, ben por meido dunha asociaci\u00f3n como poidera ser &#8216;O Tes\u00f3n&#8217;, ou ben doutro xeito, &#8216;publicado en Ribadeo&#8217; pasar\u00e1 a ser en non moito tempo o resultado dun esforzo colectivo.<\/p>\n<p align=\"justify\">Qu\u00e9dame agradecer a todas as persoas que cederon os dereitos ou dalg\u00fan xeito me axudaron a chegar a onde est\u00e1 na actualidade a p\u00e1xina.<\/p>\n<p align=\"justify\">Deixo a continuaci\u00f3n unha copia da portada da wiki.<\/p>\n<p align=\"justify\">Antonio Gregorio Montes<\/p>\n<p><strong><u>Publicado en Ribadeo<\/u><\/strong><\/p>\n<ul>\n<ul>\n<li>\u00c1s veces, por calquera motivo, chegan a min diversas   publicaci\u00f3ns que poden ser de moito interese e non te\u00f1en un   espallamento moi amplo. Para axudar a ese espallamento, abro esta   pequena wiki tentando axudar nesa tarefa \u00e1s publicaci\u00f3ns no\/do   entorno ribadense: Ir\u00e1nse engadindo tanto publicaci\u00f3ns xa pasadas   como futuras, cada unha cunha pequena ficha.\n<\/li>\n<\/ul>\n<\/ul>\n<h2>\nPublicaci\u00f3ns<\/h2>\n<h3>\nLibros<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Libro+do+5+aniversario+Banda+Municipal+de+Ribadeo\">5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/25+aniversario+do+Entroido+Ribadense\">25 aniversario do Entroido Ribadense<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Algo+de+Ribadeo+Hist%C3%B3rico%2C+Monumental+y+Diplom%C3%A1tico\">Algo de Ribadeo Hist\u00f3rico, Monumental y Diplom\u00e1tico<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Apuntes+sobre+Ribadeo\">Apuntes sobre Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/As+festas+populares+no+entorno+ribadense\">As festas populares no entorno ribadense<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Bodas+de+Plata+Amigos+da+Gaita\">Bodas de Plata Amigos da Gaita<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Destrozando+palabras\">Destrozando palabras<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Efem%C3%A9rides+rivadenses\">Efem\u00e9rides rivadenses<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Os+mui%C3%B1os+de+vento+de+Ribadeo\">Os mui\u00f1os de vento de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Nosa+Se%C3%B1ora+das+Virtudes+da+Ponte\">Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Sobre+os+Castros+de+Ribadeo\">Sobre os Castros de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeando\">Ribadeando<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeo+Falls\">Ribadeo Falls<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Ribadeo+no+tempo\">Ribadeo no tempo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/SFTE\">SFTE<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/XII+Xornadas+Ambientais.+O+cami%C3%B1o+cara+%C3%B3+desenvolvemento+sustentable+da+Mari%C3%B1a+Lucense\">XII Xornadas Ambientais. O cami\u00f1o cara \u00f3 desenvolvemento sustentable da Mari\u00f1a Lucense<\/a><\/p>\n<h3>\nRevistas<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Beiramar\">Beiramar<\/a><\/p>\n<p>Miradas desde la Atalaya: <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Miradas+desde+la+Atalaya\">n\u00ba1<\/a> &#8211; <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Miradas+desde+la+Atalaya+n%C2%BA2\">n\u00ba2<\/a> &#8211; <a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Miradas+desde+la+Atalaya+n%C2%BA3\">n\u00ba3<\/a><\/p>\n<h3>\nOutros<\/h3>\n<h4>\n<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Traballos+de+Isidoro+Asensio+Amor\">Traballos de Isidoro Asensio Amor<\/a><\/h4>\n<h4>\n<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Preg%C3%B3ns\">Preg\u00f3ns<\/a><\/h4>\n<p>Serie &#8216;<a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Co%C3%B1ecer+Ribadeo\">Co\u00f1ecer Ribadeo<\/a>&#8216;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Fotos+do+Ribadeo+antigo\">Fotos do Ribadeo antigo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Candidatura+de+Coto+2009\">Candidatura de Coto 2009<\/a> (a\u00ednda que non \u00e9 verdadeiramente unha publicaci\u00f3n estilo libro ou artigo, sen\u00f3n propaganda dunha candidatura victoriosa cando se incl\u00fae aqu\u00ed)<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/O+Cami%C3%B1o+de+Santiago+no+entorno+de+Ribadeo\">O Cami\u00f1o de Santiago no entorno de Ribadeo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Arqueolox%C3%ADa+na+Mari%C3%B1a+Central\">Arqueolox\u00eda na Mari\u00f1a Central<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/I+Certame+de+Int%C3%A9rpretes+Mozos+Hern%C3%A1n+Naval\">I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/No+Mina\">No Mina<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/publicadoenribadeo.wikispaces.com\/Os+h%C3%A1bitos+de+consumo+e+ocio+da+xente+nova+nas+portas+do+s%C3%A9culo+XXI\">Os h\u00e1bitos de consumo e ocio da xente nova nas portas do s\u00e9culo XXI<\/a><\/p>\n<h4>\nPublicaci\u00f3ns de car\u00e1cter relixioso<\/h4>\n<p><a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/Semana+Santa+2009\">Semana Santa 2009<\/a> (castel\u00e1n)<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/\">Ecos de la Parroquia<\/a>, publicaci\u00f3n parroquial peri\u00f3dica da parroquia de Sta. Mar\u00eda do Campo (castel\u00e1n). Publicados: <a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/Ecos+de+la+Parroquia+n%C2%BA+1\">1<\/a> <a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/Ecos+de+la+Parroquia+n%C2%BA+2\">2<\/a> <a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/Ecos+de+la+Parroquia+n%C2%BA+3\">3<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ecosdelaparroquia.wikispaces.com\/Novena+de+Nuestra+Se%C3%B1ora+de+Vilasel%C3%A1n\">Novena de Nuestra Se\u00f1ora de Vilasel\u00e1n<\/a> (castel\u00e1n)<\/p>\n<h2>\nPr\u00f3ximos que espero publicar<\/h2>\n<p>Completar o libro das xornadas ambientais (s\u00f3 comezado no listado anterior e deixado polo momento por baixa calidade de escaneo)<\/p>\n<p>Resume das actas de s\u00e9culos pasados, &#8220;Apuntes sobre Ribadeo&#8221; (en marcha)<\/p>\n<h2>\nNota<\/h2>\n<p>Se, a pesar da ficha que acompa\u00f1a a cada publicaci\u00f3n, algu\u00e9n considera que ten erros ou que non se debe publicar aqu\u00ed, pr\u00e9gase contactar co autor destas p\u00e1xinas.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de &#8216;publicado en Ribadeo&#8217;. Irase po\u00f1endo nota do material e o novo lugar de publicaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/publicado%20en%20Ribadeo\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/publicado%20en%20Ribadeo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211;&gt; Nota de prensa Publicado en Ribadeo Dende hai m\u00e1is dun ano foi cobrando forma a wiki &#8216;Publicado en Ribadeo&#8217;. Nela trato de ir cargando na web obras relacionadas con Ribadeo ou feitas por xente con fortes relaci\u00f3ns con Ribadeo. Debido a ser un traballo lento, ata o momento persoal, e moitas veces tam\u00e9n \u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,10,106],"class_list":["post-8804","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-cultura","tag-publicado-en-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8804","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8804"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8804\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8804"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8804"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8804"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}