{"id":8797,"date":"2009-09-01T08:57:00","date_gmt":"2009-09-01T06:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:10:11","modified_gmt":"2024-11-12T14:10:11","slug":"o-esencial-e-invisible-os-ollos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/09\/01\/o-esencial-e-invisible-os-ollos\/","title":{"rendered":"O esencial \u00e9 invisible \u00f3s ollos"},"content":{"rendered":"<p>(publicado na Mari\u00f1a \/ El Progreso o 4\/10\/1996, e en <a href=\"http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/marina\/marina1.html\">http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/marina\/marina1.html<\/a> )<\/p>\n<p>Flor III. As\u00ed se titula o 1\u00ba premio do certame fotogr\u00e1fico medio ambiente 96 organizado polo ateneo ferrol\u00e1n. A fotograf\u00eda \u00e9 sinxela: a central t\u00e9rmica das Pontes iluminada de noite, con tres das catro torres de refrixeraci\u00f3n xerando vapor de auga, que forma unha nube e non permite ver a cheminea na s\u00faa parte superior. Antoine de Saint-Exup\u00e9ry f\u00edxolle dicir \u00e1 s\u00faa creaci\u00f3n, o Pequeno Pr\u00edncipe, que a esencia das cousas non \u00e9 visible. En flor III manif\u00e9stase unha invisibilidade parella: A contaminaci\u00f3n que aparece visible non \u00e9 nada comparada coa que est\u00e1 produc\u00edndose ah\u00ed mesmo e non se ve, oculta por ela.<\/p>\n<p>Nas Pontes, a condensaci\u00f3n de auga nas torres de refrixeraci\u00f3n \u00e9 moita, xera un desequilibrio no medio, e iso \u00e9 unha contaminaci\u00f3n. Pero afecta a unha pequena zona que de por si xa era h\u00famida. \u00c9 un desequilibrio menor. En cambio, pola alta cheminea (cando se fixo, a m\u00e1is alta de Europa), saen d\u00eda a d\u00eda moitas toneladas de gases perxudiciais. Non s\u00f3 se produce o resultado t\u00edpico da combusti\u00f3n &#8220;limpa&#8221;, o di\u00f3xido de carbono, que parece ser o maior causante do efecto invernadoiro, senon tam\u00e9n gases con azufre, por exemplo. Estes \u00faltimos, xunto coa auga que hai no aire, forman un dos \u00e1cidos de mellor reputaci\u00f3n como tal: o \u00e1cido sulf\u00farico. \u00d3 caer \u00e1 terra cando chove, podemos ver como queima as plantas. E iste efecto faise sentir moito m\u00e1is lonxe que as n\u00e9boas producidas polas torres de refrixeraci\u00f3n. Est\u00e1 claro que as n\u00e9boas que se sufren na Mari\u00f1a non te\u00f1en a s\u00faa orixe en As Pontes, pero sabemos cando chove con vento daquela zoa con s\u00f3 mirar algunhas \u00e1rbores. N\u00f3s e ate os ingleses, que presionaron para conseguir modificaci\u00f3ns na chimenea.<\/p>\n<p>A central t\u00e9rmica ten un sistema de depuraci\u00f3n de residuos, e tam\u00e9n un sistema de seguemento de varios tipos de contaminaci\u00f3n. E segue a contaminar. Agora hai que traer carb\u00f3n do estranxeiro, m\u00e1is enerx\u00e9tico, barato e menos contaminante, &#8230; para o que hai que queimar gas-oil., non tendo xa en conta outras cousas relacionadas coa econom\u00eda.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que a electricidade producida f\u00e1inos a vida m\u00e1is facil. Ainda que sempre haber\u00e1 quen diga que non, que con todos estos &#8220;modernismos&#8221; o que estamos a facer \u00e9 complicarnos a existencia, o certo \u00e9 que hoxe por hoxe \u00e9 imposible deixar de usalos. Deste xeito a humanidade enteira vese abocada a consumir os recursos do planeta e usalos para producir un desequilibrio cada vez meirande. Aumentan as manchas de petr\u00f3leo nos oc\u00e9anos, os vertedeiros e as cat\u00e1strofes como Bens, Chern\u00f3bil ou Mar Exeo, para poder transportar, manter a casa limpa, aforrar alg\u00fan carto, usar cada vez m\u00e1is enerx\u00eda m\u00e1is barata ou &#8230; \u00bfque m\u00e1is da?. Para todo se pode atopar un motivo, e convintemente aleccionado, sempre se atopar\u00e1 quen o defenda.<\/p>\n<p>Para tratar de reequilibrar a situaci\u00f3n, a mellor campa\u00f1a pode que sexa o ordenar o que coidamos sobre o equilibrio natural e tratar de actuar conforme a unha sentencia: &#8220;Pensa globalmente, act\u00faa localmente&#8221;. Cada vez que un se pon a meditar sobre ela, at\u00f3palle unha nova aplicaci\u00f3n, dende a ecolox\u00eda \u00e1 corrupci\u00f3n, pasando pola educaci\u00f3n ou a paz. E, \u00bfneste caso concreto?. Todos podemos po\u00f1er o noso grao de area, non s\u00f3 esixindo de gobernos e empresas o control ecol\u00f3xico, senon mellor a\u00ednda axudando a producir menos contaminaci\u00f3n. Dende apagar esa bombilla cando sa\u00edmos da habitaci\u00f3n , ou o televisor que non estamos a ver nin escoitar realmente, ate plantearse a utilidade real de moito alumado p\u00fablico que pasa a noite sen iluminar a ningu\u00e9n e que pedimos que se po\u00f1a, quiz\u00e1is para protexernos. Pode que nos dous primeiros exemplos logremos un pequeno aforro de cartos e tam\u00e9n que as bombillas ou televisor duren m\u00e1is. No \u00faltimo, o aforro p\u00f3dese empregar precisamente en preveer para que non te\u00f1amos que protexernos tanto e o mundo sexa un pouco m\u00e1is agradable. Novamente, manter o equilibrio. \u00c9 cousa de pensalo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(publicado na Mari\u00f1a \/ El Progreso o 4\/10\/1996, e en http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/marina\/marina1.html ) Flor III. As\u00ed se titula o 1\u00ba premio do certame fotogr\u00e1fico medio ambiente 96 organizado polo ateneo ferrol\u00e1n. A fotograf\u00eda \u00e9 sinxela: a central t\u00e9rmica das Pontes iluminada de noite, con tres das catro torres de refrixeraci\u00f3n xerando vapor de auga, que forma [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8],"class_list":["post-8797","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-blog"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8797"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8797\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}