{"id":8774,"date":"2009-09-14T09:11:00","date_gmt":"2009-09-14T07:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:09:32","modified_gmt":"2024-11-12T14:09:32","slug":"o-botellon-non-ten-quen-o-defenda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/09\/14\/o-botellon-non-ten-quen-o-defenda\/","title":{"rendered":"O botell\u00f3n non ten quen o defenda"},"content":{"rendered":"<p>Bo, si que ten, pero fan parecer como se non fora as\u00ed.<br \/>\nOnte mesmo aparec\u00eda na portada e primeiras p\u00e1xinas da Voz un dos t\u00edpicos reportaxes dese peri\u00f3dico, onde, baixo un filtro de estudo equitativo se presentaba o botell\u00f3n. Hai non moito tempo outro semellante presentaba o ru\u00eddo. A diferencia entre ambos est\u00e1 clara: o botell\u00f3n \u00e9 presentada sen respaldo, mentres parece que todo o mundo pasa a pataca quente do por que, das causas, a outro grupo, ben sexan pais, sic\u00f3logos, pol\u00edticos, ou o que sexa. No caso do ru\u00eddo, pre\u015bentanse d\u00faas posturas contrapostas e p\u00e9 de igualdade: a dos sufridores e a dos locais. No caso do botell\u00f3n, pres\u00e9ntanse as s\u00faas consecuencias de suciedade, ru\u00eddo e perniciosidade do alcohol (a m\u00e1is do feito de rematar moitas veces, cando hai cartos, nos locais nouturnos, dos que fai de caldo de cultivo de clientela). No outro caso, parece como se o ru\u00eddo estivera lixeiramente relacionado cos locais, pero a relaci\u00f3n nouturna non tivera m\u00e1is consecuencias (nin mexos nas portas, vasos rotos ou consecuencias do alcohol).<br \/>\n\u00c9 certo que todo estudo ten os seus l\u00edmites, e a s\u00faa exposici\u00f3n nun diario, tam\u00e9n. Pero as posibilidades de comparaci\u00f3ns entre o seguemento e persecuci\u00f3n dun fen\u00f3meno e doutro desaparecen. E mentras se persegue o botell\u00f3n como malo en si, os anuncios de festas de alcohol, happy hour e semellantes son permitidos (a nivel local, pubs e dem\u00e1is te\u00f1en un poder de anuncio considerable), ou o goberno anuncia a s\u00faa intenci\u00f3n de permitir un maior horario de apertura de locais noutrunos en toda Galicia co motivo&#8230; do Xacobeo. Debe ser que na Coru\u00f1a ou en Ribadeo os cartos dos peregrinos non se gastan abondo se non se abren os locais unha hora m\u00e1is. As diferencias, unha vez m\u00e1is, est\u00e1n claras.<br \/>\nE vese en moitos outros detalles. As\u00ed, hoxe aparece no mesmo diario unha entrevista a un condutor de noiteb\u00fas. Trata do medo e dos incidentes que sufren. Pero nada se sabe (ou nada se di) de onde vai a xente. Entend\u00e1monos: non \u00e9 a primeira vez que digo que o servizo de noiteb\u00fas est\u00e1 considerado un \u00e9xito e a\u00ednda non sei por que. Porque vai moita xente? Est\u00e1 \u00f3 tempo subvencionado e sen outro tipo de control. O que se trataba era, dise, de diminu\u00edr os accidentes de tr\u00e1fico, pero que eu saiba non hai ning\u00fan estudo serio para ver a s\u00faa incidencia, e mentras, ten seguido a medrar (e os accidentes, nalgunha \u00e9poca, tam\u00e9n). Para min, a raz\u00f3n est\u00e1 clara: representa clientela (m\u00e1is en cantidade, e m\u00e1is en xuventude, m\u00e1is no futuro) para os locais, moi por cima do que pode representar para o botell\u00f3n&#8230; e as\u00ed xa temos unha &#8216;via de escape&#8217; para a xuventude, que deixar\u00e1 de importunar \u00f3s pol\u00edticos pola falta de perspectivas. O &#8216;panem et circenses&#8217; actual, mellorado, onde os &#8216;circenses&#8217; en parte son os propios espectadores.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bo, si que ten, pero fan parecer como se non fora as\u00ed. Onte mesmo aparec\u00eda na portada e primeiras p\u00e1xinas da Voz un dos t\u00edpicos reportaxes dese peri\u00f3dico, onde, baixo un filtro de estudo equitativo se presentaba o botell\u00f3n. Hai non moito tempo outro semellante presentaba o ru\u00eddo. A diferencia entre ambos est\u00e1 clara: o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,13,9],"class_list":["post-8774","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8774","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8774"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8774\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8774"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8774"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8774"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}