{"id":8759,"date":"2009-09-25T21:16:00","date_gmt":"2009-09-25T19:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:09:05","modified_gmt":"2024-11-12T14:09:05","slug":"seguindo-rumbo-presentacion-do-novo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/09\/25\/seguindo-rumbo-presentacion-do-novo\/","title":{"rendered":"Seguindo rumbo: presentaci\u00f3n do novo curso na Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Remato de chegar \u00e1 casa despois da presentaci\u00f3n, que se inicou \u00e1s oito da tarde. O sal\u00f3n de actos da Casa do Mar, a rebosar, non puido conter \u00e1 xente. Soe suceder que neste acto este\u00f1a cheo a rebosar, pero nunca o estivo tanto como ista volta. Pode que houbera algo de morbo pola situaci\u00f3n actual que atravesa o centro, pero tam\u00e9n \u00e9 certo que, en contra das novas aparecidas nalg\u00fan momento, a escola este ano chegou a 288 alumnos matriculados, m\u00e1is que os 279 do ano pasado, polo que \u00e9 l\u00f3xico que tam\u00e9n houbera un pequeno incremento de xente expectante. Incremento pequeno, pero incremento estable.<br \/>\nPode dicirse que a presentaci\u00f3n tivo tres partes. A principal foron as palabras da concelleira de cultura, M\u00aa Luz \u00c1lvarez Lastra, que logo deixou a David Ballester, director actual que presentou \u00f3s profesores, deu horarios de elecci\u00f3n, etc, e a Hugo G\u00aa Presno, xefe de estudos, quen deu as pautas para o fen\u00f3menos deste ano, a gripe A.<br \/>\nA concelleira tivo tam\u00e9n d\u00faas partes na s\u00faa charla, que realizou visiblemente enfadada. Nunha primeira fixo notar os datos reais en torno \u00e1 escola, para clarificalos ante desinformaci\u00f3ns que ten habido. As\u00ed, nomeou as cifras de matr\u00edcula que antes espuxen, o custo estimado actual duns 300 000\u20ac\/curso, dos que se obter\u00e1n uns 51 000\u20ac de matr\u00edcula, cont\u00e1ndose cuns 17 000 de subvenci\u00f3n da Xunta e quedando pois para ser afrontados polo concello uns 230 &#8211; 240 000\u20ac, isto \u00e9, un 40 000 000 das antigas pesetas, un esforzo para un concello endebedado como o noso. Deixou claro que o profesorado actual \u00e9, dentro dunha orde, estable, quedando por cubrir s\u00f3 unhas poucas horas na actualidade, como un signo de que se est\u00e1 a manter a traxectoria do centro educativo en pos da calidade. Asemade, desvelou a ampliaci\u00f3n de estudos da escola coa materia de gaita, realizada a petici\u00f3n da Sociedade de  Amigos da Gaita.<br \/>\nPasou despois \u00f3 comentario da situaci\u00f3n das informaci\u00f3ns relativas \u00f3 expediente de Louren\u00e7o, repetindo unha vez m\u00e1is que o expedente non \u00e9 para saltadlo e que non dir\u00e1 nada novo ata que finalice, saia como saia o resultado. Non obstante, nunca como ata agora se me fixo tan patente que o final do curso pasado foi tenso e traballoso, comezando cedo no ano a bola de neve no que se convertiu todo o conxunto de datos que se est\u00e1 a tentar analizar no expediente. empregando outra imaxe, foi un tirar da madexa, en principio sinxelamente para que cadraran as cousas e logo, \u00f3 non logralo, derivando pouco a pouco para tentar comprender e orientar a situaci\u00f3n. Esta parte, m\u00e1is curta que a anterior pero que lle deu m\u00e1is sentido despois das diversas novas de prensa e os tintes pol\u00edticos que se tratou \u00faltimamente que tivera o proceso, desembocou nunha afirmaci\u00f3n: a que desvelou\/prometeu a concelleira no sentido que ela ser\u00eda tam\u00e9n directora da escola este ano, algo que foi rese\u00f1ado tam\u00e9n polo director do centro, David Ballester.<br \/>\nNon vai ser posiblemente un comezo de curso doado pola reorganizaci\u00f3n que sup\u00f3n a situaci\u00f3n actual, pero o comezo do comezo foi rotundo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Remato de chegar \u00e1 casa despois da presentaci\u00f3n, que se inicou \u00e1s oito da tarde. O sal\u00f3n de actos da Casa do Mar, a rebosar, non puido conter \u00e1 xente. Soe suceder que neste acto este\u00f1a cheo a rebosar, pero nunca o estivo tanto como ista volta. Pode que houbera algo de morbo pola situaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[23,9],"class_list":["post-8759","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8759","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8759"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8759\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8759"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8759"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8759"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}