{"id":8725,"date":"2009-10-16T07:39:00","date_gmt":"2009-10-16T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:08:14","modified_gmt":"2024-11-12T14:08:14","slug":"sobre-as-mulleres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/16\/sobre-as-mulleres\/","title":{"rendered":"Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nestes d\u00edas asist\u00edn a d\u00faas tertulias con temas relacionados, sobre a segregaci\u00f3n escolar (b\u00e1sicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposici\u00f3n de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que a verdade, pensaba que \u00eda a ter outra estrutura. <a href=\"http:\/\/atalaiaasocvecinos.blogcindario.com\/2009\/10\/01497-la-primera-de-las-tertulias-acaba-de-finalizar.html\">Un resume dela pode verse na web da Atalaia<\/a>, asociaci\u00f3n que a organizaba, e as verbas por Pancho est\u00e1n \u00f3 final deste artigo, xunto cunha lista e unha foto das alumnas da escola de dna. Concha. Como comentario xeral pola mi\u00f1a parte, apunto que foi distendida e est\u00e1base ben, se ben se divagou moito en relaci\u00f3n \u00f3 tema previsto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A participaci\u00f3n na charla ribadense foi maior que na celebrada en Foz o venres, que estaba convocada en teor\u00eda para toda a Mari\u00f1a polo Observatorio da Mari\u00f1a pola Igualdade. De calquera xeito, sorprendeume en ambos casos a escasa asistencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O tema da segregaci\u00f3n escolar foi tratado por Ana S\u00e1nchez Bello (ver un <a href=\"http:\/\/www.educaweb.com\/noticia\/2008\/11\/17\/estereotipos-origen-clasificacion-sexista-titulaciones-superiores-212838.html\">artigo seu na li\u00f1a da s\u00faa argumentaci\u00f3n o fin de semana pasado<\/a>) e, dende o punto de vista legal, foi feita unha introducci\u00f3n o tema por Dores Fern\u00e1ndez Abel antes dunha discutida tertulia. Sa\u00edron os temas da implicaci\u00f3n tipo de vida &#8211; tipo de relaci\u00f3ns- tipo de sociedade, caracter\u00edsticas diferenciadoras da escola segregada e coeducativa, a ruptura de estereotipos ou o seu aproveitamento polos grupos dominantes, implicando un maior n\u00famero de conflitos e competici\u00f3n m\u00e1is dura, a an\u00e1lise de estat\u00edsticas sesgadas ou contaminadas por factores alleos \u00e1 segregaci\u00f3n\/coeducaci\u00f3n, etc. Posteriormente, na tertulia xurdiu asemade, sempre de xeito relacionado \u00f3 principal, a tem\u00e1tica da hiperprotecci\u00f3n dos menores, o efecto do medo como muro anti-cambio, a emoci\u00f3n social de dourar a historia anterior vivida (\u00f3 estilo da magnificaci\u00f3n das &#8216;<a href=\"http:\/\/es.wikisource.org\/wiki\/Coplas_a_la_muerte_de_su_padre\">Coplas a la muerte de su padre<\/a>&#8216; de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Jorge_Manrique\">Jorge Manrique<\/a>) e mesmo a educaci\u00f3n como cuesti\u00f3n pol\u00edtica.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><em>As Mulleres de Ribadeo<br \/>\n<\/em><br \/>\n<em><\/p>\n<p>A tertulia e unha reuni\u00f3n de persoas que se xuntan con certa habitualidade para discorrer sobre algunha materia en unha conversa amigable.<\/p>\n<p>Hoxe o tema da tertulia versa sobre as Mulleres de Ribadeo. O tema semexa sinxelo, pois de principio parece que facendo unha lista das mulleres m\u00e1is relevantes da historia do noso pobo, nos levar\u00eda a falar de como viviron, que circunstancias historicas percorreron na vida do pobo, etc.<\/p>\n<p>O caso \u00e9, que cando buscamos nos libros da nosa historia local, atopamos referencias o comercio, e os comerciantes; o condado, e os s\u00e9us condes; a igrexa e os seus curas; as escuelas e os seus mestres; os peri\u00f3dicos e os seus donos e fundadores; as cofrad\u00edas e os gremios&#8230;. Todo esto est\u00e1 en masculino. Non hai ningunha referencia o feminino. As mulleres. O traballo e a vida que levaban as mulleres.<\/p>\n<p>En efecto, non hai esta referencia, porque a doctrina social nunca foi favorable a condici\u00f3n da muller. Salvo raras excepcions hist\u00f3ricas de rai\u00f1as, como Cleopatra, Isabel a Cat\u00f3lica ou de Isabel II, pouco se sabe da vida social das mulleres, a traverso dos s\u00e9culos, como non sexa por mera expeculaci\u00f3n historiogr\u00e1fica, da laboura que estaban a facer, a sombra de c\u00f3nxuxes de \u201cilustres nomes\u201d.<\/p>\n<p>Falar da laboura das Mulleres de Ribadeo, polas que hoxe nos reunimos en esta tertulia, e falar do problema de marxinalidade a que a muller estivo sometida desde sempre, porque o home non consideraba que a muller necesitaba ese espacio de reco\u00f1ecemento p\u00fablico a sua labor social.<\/p>\n<p>Si nos remontamos a vida nos castros celtas, mentras o home cazaba e pescaba para traer de comer, era na muller na que reca\u00eda o cuidado dos fillos e da casa, da familia e da vila. A s\u00faa labor era esencial, para o desenvolvemento da tribu, pois non cabe duda de que a muller axudaba a facer, ou fac\u00eda ela sola, a roupa e o calzado, coidaba o gando e seguro que mariscaba&#8230;pois hai restos de cunchas en t\u00f3dolos castros, uns como ornamentos funerarios e outros como restos da comida.<\/p>\n<p>Na edade media, a labor da muller est\u00e1 totalmente a sombra do home.<\/p>\n<p>Si falamos do mundo militar o home era o guerreiro e a muller solo se consideraba o \u201cdescanso do guerreiro\u201d. Si era no mundo clerical, nin que dicir ten, que a instituci\u00f3n relixiosa sempre a tivo marxinada, e ata o d\u00eda de hoxe do s\u00e9culo XXI, nunca a admitiu a altura do home.<\/p>\n<p>Para as relixions monoteistas: xudaismo, cristianismo e islamismo, que son patriarcales por antonomasia, consid\u00e9rana inferior o home: \u201ca muller \u00e9 un ser impuro&#8230; cont\u00e9n o xermen do mal e do vicio&#8230;\u201d no s\u00e9culo XVII o escritor ingles John Milton dice: \u201ca muller e un fermoso defecto da natureza\u201d.<\/p>\n<p>Polo que, no medievo a muller do rural e do \u00farbano, sigue como na \u00e9poca dos castros, traballando na casa e pola casa, e si pode ser sin sair da casa.<\/p>\n<p>Temos que chegar ao s\u00e9culo XIX, ano de 1830, onde o Partido Liberal Brit\u00e1nico, dominado polas familias aristocr\u00e1ticas: Grey, Melbourne, Russell e Palmerson, tiveron a idea de ganarlle poder a Coroa Real, democratizando o pais, para eso necesitaban apoiarse nos obreiros das cidades, canalizando o s\u00e9u poder mediante sufraxio universal, ou sexa que para acadar, ser representante do poder p\u00fablico do pobo, fose necesario ga\u00f1a-lo cargo mediante un sistema de eleccions. Esto ti\u00f1a moitas excepci\u00f3ns, pois o voto cidadan foi en un principio corporativo, esto \u00e9, era o voto de traballadores de certas f\u00e1bricas, de certas clases burguesas industriales e de latifundistas ou terratenentes&#8230; nac\u00eda o caciquismo e o clientelismo&#8230;.pero a\u00ednda as\u00ed, \u00a1ningunha muller pod\u00eda votar!<\/p>\n<p>Estas te\u00f1en que esperar ata o ano de 1837, cando en Sheffield (Inglaterra) a muller consegue o voto. Pero esto \u00e9 unha data excepcional, pois a muller segu\u00eda marxinada en todo o mundo. En 1912 moitas \u201csufraguistas inglesas\u201d foron asesinadas a tiros.<\/p>\n<p>A primeira guerra mundial, foi determinante para o cambio de actitude, na forma de ver o traballo das mulleres, e os gobernos empezan a derogar as leises que lles supo\u00f1ian limitacions, pois gracias a elas, os feridos eran cuidados nos hospitais, elas eran as mellores administrativas e secretarias, e a partires da segunda guerra mundial, a muller incorp\u00f3rase o exercito, e para mediados do sec\u00falo XX practicamente t\u00f3dolos paises civilizados, lles hab\u00edan reco\u00f1ecido o sufraxio universal.<\/p>\n<p>Pero o sufraxio, a\u00ednda que foi un gran trunfo para as mulleres, non era a \u00fanica meta que elas pretend\u00edan. Quer\u00edan acadar os mesmos dereitos que os homes, esto \u00e9: dereitos xur\u00eddicos, econ\u00f3micos e poder acceder os mesmos puestos de traballo ca eles, en igualdade de condici\u00f3ns e remuneraci\u00f3n. Parece ser que, a lo menos te\u00f3ricamente, a lexislaci\u00f3n actual dos pa\u00edses occidentalizados, cubren estas lex\u00edtimas aspiracions da muller, pero pr\u00e1cticamente est\u00e1 lonxe a\u00ednda de cumprirse a igualdade.<\/p>\n<p>No \u00fanico en que a muller est\u00e1 a id\u00e9ntica altura do home, \u00e9 nas responsabilidades e obrigas que lle son esixidas. Pero non na remuneraci\u00f3n. Sempre lle pagan menos que o home, alegandoselle mil disculpas, que moitas veces as obriga a verse irremediablemente encadenadas as \u201clabouras do fogar\u201d por non quererse dobregar as pretensi\u00f3ns \u201cmachistas\u201d.<\/p>\n<p>O af\u00e1n de liberdade da muller, de non verse sempre suxeita o que o home lle queira dar, que por desgracia, moitas veces a manti\u00f1a marxinada, pois este utilizaba o seu poder econ\u00f3mico para mantela calada, pois ela sab\u00eda da obriga de darlle de comer os seus fillos, pero como dec\u00edamos, este af\u00e1n de libertade e independencia, foi o que levou a muller a traballar fora da casa.<\/p>\n<p>Emp\u00e9zanse a ver, mulleres xornaleiras: nas f\u00e1bricas, nos portos de pesca e de mercanc\u00edas&#8230; e na nosa vila de Ribadeo, finales do XIX primeiros do XX, atopamos as mulleres \u201cportadeiras\u201d do muelle, que cargaban e descargaban as barcazas, arremangadas as faldas e metidas na auga moitas horas, facendo unha cadea humana pola rampa de Porcillan&#8230;. atopamolas adicadas as conservas e salaz\u00f3ns de pescado, nas f\u00e1bricas de Bravo (de bocarte e chicharro), de Pelaez (de chicharro), da Vilavella ou de Gayol, de Garc\u00eda e de Lens (sardi\u00f1a, palometa e bonito) e a Trocha (anchoa envasada e raia seca).<\/p>\n<p>Xa nos anos 60 atopamos a f\u00e1brica de gabardinas de Lla\u00fa que da traballo directo e indirecto a moitas mulleres.<\/p>\n<p>Pero a muller non se conforma con ga\u00f1ar un xornal de simple pe\u00f3n&#8230; e empeza a estudar. Para eso, nun principio amp\u00e1rase na ley de Instrucci\u00f3n Primaria promulgada o 2 de Xu\u00f1o de 1868, sendo ministro de Gobernaci\u00f3n, de Hacienda e de Ultramar Antonio C\u00e1novas del Castillo baixo o reinado de Isabel II, e en cuio primeiro art\u00edculo dec\u00edase: \u201cHabr\u00e1 escuelas p\u00fablicas de instrucci\u00f3n primaria tanto para ni\u00f1os como para ni\u00f1as en todos los pueblos de la monarqu\u00eda que lleguen a 500 habitantes\u201d.<\/p>\n<p>Gracias a esta ley, moitas mulleres estudaron a educaci\u00f3n b\u00e1sica, e m\u00e1is tarde accederon o ensino superior, form\u00e1ndose como mestras, abogados&#8230; pero moitas carreiras lles estaban a\u00ednda vedadas&#8230;<\/p>\n<p>De estas primeiras mulleres que estudaron para Mestras de Ensinanza Primaria Elemental e Superior foi Mar\u00eda Concepci\u00f3n Lopez y Gonzalez, t\u00eda de mi\u00f1a avoa, , que estuda 1\u00ba curso en 1891-1892, 2\u00ba en 1892-1893, Rev\u00e1lida e 3\u00ba da Ensinanza Superior 1893-1894.<\/p>\n<p>A t\u00eda Concha, era natural de Santa Mar\u00eda de Breto\u00f1a, empadronada en Pastoriza. Casada con Jos\u00e9 Prieto Pacio de Pastoriza, de profesi\u00f3n agrimensor que morre en Xullo de 1915. Por aquel entonces ela estaba de mestra en Abad\u00edn, ata 1923, ano en que foi trasladada a Ribadeo. Contaba xa con casi 48 anos de idade cando chega a Ribadeo. Aqui vive na calle Trinidade, perto de onde ten a escola. Est\u00e1 dando clase cando estalla a Guerra Civil, xa ti\u00f1a 61 anos e \u00e9 suspendida de empleo e sueldo como tantos outros mestres da Republica Espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>Volve ser confirmada no seu cargo, no Bolet\u00edn Oficial da Provincia de Lugo de 24 de Febreiro de 1940. Contaba con m\u00e1is de 65 anos e retir\u00e1rona, casi de inmediato. A\u00ednda en 12 de Novembro de 1942 est\u00e1 reclamando os haberes, pois non lle pagaban nada e foi para a casa da s\u00faa sobri\u00f1a de San Miguel de Reinante, Remedios L\u00f3pez Huerta, mi\u00f1a avoa. E en 1948, con 73 anos, morre no Hospital de San Pablo de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>Hoxe temos que decir que hai mulleres que viven en Ribadeo, de reco\u00f1ecida sona popular veci\u00f1al, pero que non est\u00e1n en valor, pois son co\u00f1ecidas s\u00f3 por nosco, que convivimos xuntos&#8230;. e as que sin duda queremos&#8230;. pero non \u00e9 dabondo&#8230; deb\u00e9rase de reco\u00f1ecer a s\u00faa val\u00eda de forma p\u00fablica&#8230;<\/p>\n<p>Hoxe a muller accedeu a todos os niveis da sociedade, xa non precisa de aquelo que dice: \u201cdetr\u00e1s de un gran home hai unha gran muller\u201d, caso de Ram\u00f3n Gonzalez e a s\u00faa dona D\u00aa Corona. Hoxe \u00e9 ela a gran muller que ten detr\u00e1s un home&#8230;.e non precisamente grande&#8230;como ela ti\u00f1a que ser.<\/p>\n<p>Mulleres de Ribadeo, temos as traballadoras do mundo rural e do urbano, do comercio, da ense\u00f1anza, da administraci\u00f3n p\u00fablica e privada, e da industria como dic\u00edamos antes, xurden no mundo da cultura popular como foron as compo\u00f1entes do grupo \u201cSaudade\u201d, as cantoras da Polif\u00f3nica, as escritoras como Mary-Lola Perez Basanta (Ribadeo: Biograf\u00eda de un Recuerdo), as poetas como Primi N\u00e9cega (Despertar) e hoxe en primicia d\u00edgovos que temos outra poeta escondida, Isabel Rodriguez, m\u00e1is popularmente co\u00f1ecida como Isabel da Crixa, que ten editado de forma familiar, un libri\u00f1o de versos en castel\u00e1n, titulado \u201cSentimentos de Isabel\u201d e con un deles quixera rematar e concluir:<\/em><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhrbTLQ2zx3H_KpoNkpE4TFf91rjAzSaNzsu-vWmgwJArkiJv0UbjG_uTGkKhB7oMTmqEXIduV8HY64ADomMvI-Zu51cddVR4ojw0VCZ_d0JkQR0i9jxDMFAmcB1YDDq-I8actJ2w\/s2048\/alumnos+dna+concha.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhrbTLQ2zx3H_KpoNkpE4TFf91rjAzSaNzsu-vWmgwJArkiJv0UbjG_uTGkKhB7oMTmqEXIduV8HY64ADomMvI-Zu51cddVR4ojw0VCZ_d0JkQR0i9jxDMFAmcB1YDDq-I8actJ2w\/s2048\/alumnos+dna+concha.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>\u201cMientras contemplo unas rosas<\/p>\n<p>pienso&#8230;<\/p>\n<p>cuantas cosas hermosas poseemos<\/p>\n<p>sin saberlas apreciar<\/p>\n<p>Indefensas<\/p>\n<p>las rosas<\/p>\n<p>a nadie hacen mal<\/p>\n<p>si se lo hicieran a ellas&#8230;<\/p>\n<p>qui\u00e9n lo paga&#8230; es el rosal\u201d<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEAUCxcWZncmAmjg4zqjMMJgoZ8I5kufm2Mg5u1BTiUlEqH6IO-HQwODLYlCKV3ZRbx9t0oeY263Za2ALeIxwF71KK-dsyU2W1S-FFzSN5I5gtmRxRUhJNOQS-sZ0yJJnwoebYtw\/s2048\/alumnas+dna+concha.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEAUCxcWZncmAmjg4zqjMMJgoZ8I5kufm2Mg5u1BTiUlEqH6IO-HQwODLYlCKV3ZRbx9t0oeY263Za2ALeIxwF71KK-dsyU2W1S-FFzSN5I5gtmRxRUhJNOQS-sZ0yJJnwoebYtw\/s2048\/alumnas+dna+concha.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Polo que tomando a ense\u00f1anza desta estrofa de Isabel, vemos que sin non apreciamos o que temos&#8230;as mulleres&#8230;as rosas&#8230; \u00a1quen o pagar\u00e1 ser\u00e1 o pobo&#8230;o rosal!<\/p>\n<p>pancho campos<\/p>\n<p>Ribadeo, 15 outubro 2009<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Nestes d\u00edas asist\u00edn a d\u00faas tertulias con temas relacionados, sobre a segregaci\u00f3n escolar (b\u00e1sicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo. &nbsp;&nbsp; &nbsp;A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposici\u00f3n de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,93,46,108,9],"class_list":["post-8725","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-pancho-campos","tag-primi-necega","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8725","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8725"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8725\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8725"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8725"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8725"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}