{"id":8719,"date":"2009-10-20T07:30:00","date_gmt":"2009-10-20T05:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:07:57","modified_gmt":"2024-11-12T14:07:57","slug":"atopa-o-teu-camino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/20\/atopa-o-teu-camino\/","title":{"rendered":"Atopa o teu cami\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>Ben, en realidade o lema da Xunta di &#8216;encontra o teu cami\u00f1o&#8217;, e iso na versi\u00f3n galega do lema triling\u00fce para o Xacobeo. Non obstante, coido que \u00e9 un lema que ser\u00eda de aplicaci\u00f3n xeral, para toda Galicia, por exemplo.<br \/>\nAs\u00ed, din as teor\u00edas econ\u00f3micas capitalistas (\u00f3 fin, o sistema no que estamos metidos, por moitas desviaci\u00f3ns de beneficios &#8216;legais&#8217; que te\u00f1amos nestes momentos) que os bens te\u00f1en unha regulaci\u00f3n de prezos v\u00eda mercado que ven dada polo xogo oferta-demanda. Dado o aumento de prezo das consultas m\u00e9dicas daqueles especialistas que, ou ben non entran no sistema de seguro, ou ben te\u00f1en que ser procurados f\u00f3ra del polas condici\u00f3ns de subministro do servizo, coido que ser\u00eda de l\u00f3xica o aumentar o n\u00famero de m\u00e9dicos. V\u00e9xase a prensa e verase que a cousa non funciona as\u00ed esta tempada en Galicia. As consideraci\u00f3ns son dende cousas de poder a orzamentarias, pero non tanto sociais, alomenos \u00f3 que parece pola prensa.<br \/>\nA nivel m\u00e1is pr\u00f3ximo a Ribadeo, e dentro da \u00e1rea sanitaria, o proceso de &#8216;racionalizaci\u00f3n&#8217; segue uns criterios que tam\u00e9n parecen algo lonxe da demanda social. Onte en Burela houbo d\u00faas xuntanzas, unha, convocada de xeito oficial para o antigo Queres pero que agora non \u00e9 tal, e outra, da plataforma sanitaria, oficiosa pois non ten unha estrutura formalizada legalmente. Sair\u00e1n novas na prensa de ambas (polo momento s\u00f3 vin da segunda), e un representante de O Tes\u00f3n estivo nas d\u00faas. O resultado: mentras que os segundos nn se f\u00edan mentras non vexan por escrito as promesas realizadas sobre a non delocalizaci\u00f3n de servizos a Lugo despois de asegurar o contrario, na primeira xuntanza empregouse nova nomenclatura para unha especie de aparente soluci\u00f3n intermedia: tach\u00e1n! a \u00e1rea sanitaria de Lugo e Burela. Coido que a calquera que este\u00f1a a ler non se lle escapara\u0144 alg\u00fans matices que se colan indefectiblemente entre as verbas que intentan ocultalos: a &#8216;racionalizaci\u00f3n&#8217; de servizos, as &#8216;rutas existenciais&#8217; (si, polo que parece esa \u00e9 nova nomenclatura para meter gato por lebre) non poden ocultar a s\u00faa parada en Lugo. Escoitarase falar do tema m\u00e1is, por desgraza. E falaremos tam\u00e9n aqu\u00ed del.<br \/>\nE algo polo estilo, o de atopar o cami\u00f1o, pasa a menos de media centea de horas da manifestaci\u00f3n en prol do galego: mentras que dende Londres Feij\u00f3o anunciaba o seu respeto polo galego o mesmo d\u00eda da manifestaci\u00f3n, hoxe a prensa \u00e9 crara: a protesta do galego agranda a brecha entre goberno e oposici\u00f3n (\u00e9 dicir, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/galicia\/2009\/10\/20\/0003_8048867.htm\">non queredes o que hai? pois enfad\u00e1monos!<\/a>), \u00f3 fin \u00e9 o cabo, parece que <a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/PP\/desoye\/marcha\/gallego\/apela\/apoyo\/electoral\/elpepuespgal\/20091020elpgal_8\/Tes\">a interpretaci\u00f3n dos votos corresponde \u00f3 ganador nas elecci\u00f3ns<\/a>. Cousas que xa se sab\u00eda de hai tempo en Ribadeo, iso de ir cos da feira e voltar cos do mercado en 48 horas (v\u00e9xase o recheo e a manifestaci\u00f3n previa), ou a declaraci\u00f3n de que os votos son dos elixidos (xa falei m\u00e1is dunha vez do tema en relaci\u00f3n a cousas de Ribadeo).<br \/>\nAh! iso si, o <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2009\/10\/20\/0003_8048245.htm\">galego m\u00e1is guapo \u00e9 de Ribadeo<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, en realidade o lema da Xunta di &#8216;encontra o teu cami\u00f1o&#8217;, e iso na versi\u00f3n galega do lema triling\u00fce para o Xacobeo. Non obstante, coido que \u00e9 un lema que ser\u00eda de aplicaci\u00f3n xeral, para toda Galicia, por exemplo. As\u00ed, din as teor\u00edas econ\u00f3micas capitalistas (\u00f3 fin, o sistema no que estamos metidos, por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-8719","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8719","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8719"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8719\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8719"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8719"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8719"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}