{"id":8716,"date":"2009-10-21T17:12:00","date_gmt":"2009-10-21T15:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:07:53","modified_gmt":"2024-11-12T14:07:53","slug":"06-ou-vivir-en-gallego-es-un-derecho-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/21\/06-ou-vivir-en-gallego-es-un-derecho-o\/","title":{"rendered":"0,6% ou &#8216;Vivir en gallego: \u00bfes un derecho o un deber?&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>A segunda <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/opinion\/2009\/10\/21\/0003_8050818.htm\">parte do t\u00edtulo, que mante\u00f1o en castel\u00e1n, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21\/10\/2009<\/a>, e o de 0,6% &#8230; iso \u00e9 m\u00e1is longo de explicar.<\/p>\n<p>Resulta que boteille unha ollada \u00f3 artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castel\u00e1n), &#8220;De hecho, lo que ya no es posible en muchas esferas oficiales es vivir en castellano, pues es esa -y no la gallega- la lengua que ha desaparecido oficialmente de nuestras Administraciones p\u00fablicas, de nuestras universidades o de los medios de comunicaci\u00f3n p\u00fablicos gallegos.&#8221;. S\u00f3 por un pouco de humor negro (non ser\u00eda estrano que algu\u00e9n o tildara de masoquismo) p\u00faxenme a rastrexar no mesmo xornal os artigos en castel\u00e1n e en galego, pois \u00f3 fin, entendo que \u00e9 algo de uso p\u00fablico e subvencionado pola Xunta de m\u00e1is dun xeito.<\/p>\n<p>Pois ben, se temos en conta o corpo principal do xornal, isto \u00e9, sen separatas especiais de promoci\u00f3n de ning\u00fan tipo nin tampouco as p\u00e1xinas que son diferentes por zonas, queda a numeraci\u00f3n da p\u00e1xina 1 \u00e1 64. Se non temos en conta en ning\u00fan caso os anuncios que van en p\u00e1xinas con artigos, noticias, etc, queda en todo o xornal un conxunto dun artigo, unha carta e d\u00faas vi\u00f1etas en galego. Un, o <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/opinion\/2009\/10\/21\/0003_8050820.htm\">artigo de Marina Mayoral<\/a>,  a outra, unha carta de Xos\u00e9 Lois Bernal, &#8216;Farruco&#8217;, que non atopo en internet, e <a href=\"http:\/\/blogs.lavozdegalicia.es\/pintochinto\/2009\/10\/21\/21102009\/\">a vi\u00f1eta de Pinto e Chinto (que ten &#8220;1&#8221; [unha] verba en galego)<\/a> e a de <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/opinion\/index.htm\">Xaqu\u00edn Mar\u00edn, (visible hoxe na web do xornal pero non por separado)<\/a>, e que ten unha oraci\u00f3n enteira en lingua galega. Botando contas, e sempre deixando f\u00f3ra o espazo dos anuncios, s\u00e1eme algo as\u00ed como un total dun 80% dunha p\u00e1xina en galego, o que ven a significar cousa do 1,25% do peri\u00f3dico de hoxe. Claro que, se deixamos f\u00f3ra o espazo das imaxes, queda arredor dun 40% dunha p\u00e1xina, \u00e9 dicir, pode que algo m\u00e1is do 0,6% da totalidade do xornal. Se consideramos o n\u00famero de verbas, de novo temos unha porcentaxe aproximada do 0,6%, ou sexa, 1 parte de cada 160. A resinar tam\u00e9n que os dous artigos e a vi\u00f1eta de Xaqu\u00edn est\u00e1n en p\u00e1xina par, como \u00e9 sabido menos valorada. O resto? Non \u00e9 ingl\u00e9s, non: \u00e9 castel\u00e1n. (Bo, en realidade, hai unha excepci\u00f3n m\u00e1is, unhas verbas crucilladas&#8230;)<\/p>\n<p>Concl\u00fao que R. Blanco Vald\u00e9s, o autor do artigo rese\u00f1ado \u00f3 comezo, est\u00e1 tentando tomarnos o pelo, como se fora o d\u00eda dos inocentes. Si, unha inocentada debe ser. As porcentaxes son tais que deixan a foto do<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/10\/canto-levan-escoitado-estas-pedras-de.html\"> artigo de hai dous d\u00edas (a relacionada coa Voz de Galicia), sobre a manifestaci\u00f3n de Santiago<\/a> en prol do galego, como pro-castelanista, polo que descarto tanto falta de informaci\u00f3n (\u00f3 fin, \u00e9 unha persoa que escribe no mesmo xornal que estou a analizar) como a &#8216;mala leche&#8217; (\u00e9 tan evidente que nese caso o calificativo ver\u00edase superado polo tama\u00f1o de letra de outros adxetivos dos que &#8216;tonto&#8217;, soar\u00eda cursi de tan suave).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A segunda parte do t\u00edtulo, que mante\u00f1o en castel\u00e1n, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21\/10\/2009, e o de 0,6% &#8230; iso \u00e9 m\u00e1is longo de explicar. Resulta que boteille unha ollada \u00f3 artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castel\u00e1n), &#8220;De hecho, lo que ya no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,9],"class_list":["post-8716","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8716","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8716"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8716\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8716"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8716"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8716"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}