{"id":8712,"date":"2009-10-22T21:51:00","date_gmt":"2009-10-22T19:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:07:48","modified_gmt":"2024-11-12T14:07:48","slug":"o-ribadeo-que-queremos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/22\/o-ribadeo-que-queremos\/","title":{"rendered":"De novo, o Ribadeo que queremos"},"content":{"rendered":"<p>Onte houbo unha tertulia na Casa da Xuventude que levaba por t\u00edtulo &#8216;o Ribadeo que non queremos&#8217; e que eu considerei no seu momento na li\u00f1a da declaraci\u00f3n &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/10\/cousas-de-ribadeo.html\">O Ribadeo que queremos<\/a>&#8216;. Po\u00f1o m\u00e1is abaixo o escrito de Pancho Campos, ausente, enviado para ser lido na xuntanza e que s\u00f3 foi lido nunha parte m\u00ednima, a que considero menos comprometida. A parte diso, a xuntanza transcorreu por cami\u00f1os trillados, de denuncia de diversas cousas, na que estabamos todos de acordo, pero que considero non son tanto dunha xuntanza como dunha comunicaci\u00f3n \u00f3 concello, a outras nas que, estando asemade de acordo en xeral, coido que necesitan un tratamento diferente, unha aposta polo intercambio de ideas entre concello e sociedade que hai que desenvoltar previamente, etc. E as\u00ed, despois de estar un cacho co tema do ascensor da Atalaia, quedou sen resolver por que non se actuou cun rexeitamento popular forte ou por que Cultura aceptou que se fixera cando a metros de distancia unha obra quedou parada por ter un impacto moit\u00edsimo menor. Visto dende f\u00f3ra da asociaci\u00f3n convocante, a Atalaia, coido que tam\u00e9n semanifestou algunha contradicci\u00f3n, como cando se dixo que o goberno municipal non recib\u00eda en xeral \u00e1s asociaci\u00f3ns e dita asociaci\u00f3n non se presentou \u00e1 \u00faltima mesa de asociaci\u00f3ns por convicci\u00f3n propia. A\u00ednda que todos estivemos de acordo, polo menos mentras eu estiven al\u00ed, nas ideas xerais. Como que o o plan de urbanismo vai sen unha soa li\u00f1a de definici\u00f3n do Ribadeo do futuro como gu\u00eda de todo o mamotreto de leis, disposici\u00f3ns, planos e dem\u00e1is; da necesidade da normativa de participaci\u00f3n (non entramos no debate, posiblemente voltariamos a diferir en torno \u00e1 actualizaci\u00f3n dun documento a falta de aprobaci\u00f3n definitiva de hai case vinte anos en relaci\u00f3n a un documento de nova planta); da necesidade de mobilizaci\u00f3n popular e da falta de impulso da mesma dende os sucesivos gobernos municipais, etc. En cambio, botei en falta cousas como que non se falara m\u00e1is da r\u00eda ou que o retrasado e pequeno pol\u00edgono industrial non se deixara en paz despois de un goberno municipal o comezara efectivamente despois de m\u00e1is de trinta anos, en troques de seguir a botarlle en cara a s\u00faa pequenez (que, repito, \u00e9 certa), o non tratar m\u00e1is que temas urbanos (explicable por non haber representaci\u00f3n do rural) ou mesmo que se insistira na porquer\u00eda das r\u00faas e non se quixera entrar no por que da diferenza doutros lugares nos que hai abondo menos papeleras pero non se tiran papeis no chan, que pode dar lugar a unha soluci\u00f3n m\u00e1is abordable, sabido cousas que non \u00e9 m\u00e1is limpo quen m\u00e1is limpa, sen\u00f3n quen menos lixo produce.<\/p>\n<p>En fin, \u00e9 unha visi\u00f3n do tema, que quiz\u00e1is non corresponde totalmente co<a href=\"http:\/\/atalaiaasocvecinos.blogcindario.com\/2009\/10\/01515-de-las-cinco-a-las-siete-de-la-tarde.html\">a relatada pola Atalaia<\/a> \u00f3 terme ido o primeiro da xuntanza, que sei continuou preto dunha hora m\u00e1is.<\/p>\n<p>Paso \u00f3 escrito de Pancho Campos:<\/p>\n<p>O RIBADEO QUE QUEREMOS<\/p>\n<p>Para un ribadense como eu, desenrolar este tema en total liberdade de pensamento, cond\u00faceme unha e outra vez a idea de ver de forma subxetiva a s\u00faa realidade, esto \u00e9, que vexo a Ribadeo non como un extra\u00f1o que ve un pobo con un conxunto de casas m\u00e1is ou menos bonitas nas que vive xente, sen\u00f3n que eu vexo-o como algo tan vivo e \u00edntimo que condiciona a mi\u00f1a forma de pensar e de sentir. Unhas veces vexoo baixo a idea chauvinista de un franc\u00e9s, de que non hai nada mellor que o noso; outras disfrutoo co mesmo sentido de apego as tradicions que un brit\u00e1nico, celebrando as nosas festas, rememorando eventos relixiosos en procesi\u00f3ns e particiapando nos actos p\u00fablicos de m\u00fasica e de espalecemento cidadan como na Xira, todo esto adobado de tanto o m\u00e1is orgullo que un alem\u00e1n e con o aprecio as costumes da nosa xente como a que lle dan os xaponeses.<\/p>\n<p>Por tanto facer un an\u00e1lisis obxetivo de Ribadeo, e velo simplemente como un obxeto de mantenemento e mellora, para min \u00e9 moi dif\u00edcil. De todas formas como ese \u00e9 o obxeto da tertulia, vou intentalo, pois como se suele decir: \u201csolo podes comprometerte con aquelo que queres\u201d.<\/p>\n<p>Dec\u00eda Ortega, \u201cun pobo est\u00e1 composto de elementos antag\u00f3nicos que para manterse xuntos necesitan unha tarefa com\u00fan\u201d. \u00a1Que gran verdade! Centos de familias xuntas que conviven en un espacio com\u00fan&#8230;. en paz, en armon\u00eda&#8230;e que pensan de tan diferente forma&#8230;.<\/p>\n<p>Temos que fomentar a solidariedade d\u00eda a d\u00eda para convivir xuntos, non \u00e9 posible estar tir\u00e1ndose os trastos as cabeza e exercitar o aplauso.<\/p>\n<p>Cando unha xente pensa que porque ela ten que traballar, os demais temos que soportar os boureos e a s\u00faa falta de escr\u00fapulos, equiv\u00f3case. Por encima da s\u00faa necesidade de traballar est\u00e1 a obriga do respeto os demais.<\/p>\n<p>Todos temos que traballar. E o meu traballo non debe de impedir que t\u00fa realices o teu. Todas as leises falan de liberdade para uns e outros, baixo o prisma do respeto m\u00fatuo. Si algu\u00e9n se salta as normas est\u00e1 exercendo unha \u201cactividade mafiosa que pensa que est\u00e1 por derriba do ben e do mal\u201d.<\/p>\n<p>Esto \u00e9 moi peligroso para a convivenza, pois estase a romper o principio m\u00e1is sagrado da convivenza:. o Respeto mutuo as libertades personales&#8230;aquelas das que un disp\u00f3n para coexistir coas do outro, sinon, non existe convivencia, existe subiugaci\u00f3n, vasallaxe, dictadura&#8230;. As sociedades m\u00e1is respetuosas son as m\u00e1is evolucionadas. V\u00e9xanse os pa\u00edses n\u00f3rdicos, donde o respeto polo vecindad e sagrado.<\/p>\n<p>Por outra banda, veremos que en un pobo sano que vive en paz, as asociacions lucrativas deber\u00e1n ser entidades morales e respetuosas cos conveci\u00f1os, pois est\u00e1n formadas por xentes de carne e oso. Cando non hai Respeto polos conveci\u00f1os as pasi\u00f3ns saltan a calle e fanse cr\u00f3nicas, \u00e9nchense os aires de maleficios (pois todo o mundo ruxe endemoniado) e resp\u00edranse r\u00e1fagas de odio en ambientes de Xuicio Final. Non, non queremos esto en Ribadeo, non \u00e9 de recibo chegar a extremos de belicidade que moitas veces, nas noites m\u00e1is morni\u00f1as e fermosas do est\u00edo, se transforman as catro da ma\u00f1a en p\u00f3rticos do inferno; con ruidos, pelexas, borracheras, vomitonas, vasos rotos, destruci\u00f3n do mobiliario urb\u00e1n, \u00e1rboli\u00f1os, papeleras, contenedores, incluso alg\u00fan que outro incendio&#8230;. No. Non queremos esto: \u00a1a barbarie do alcohol!<\/p>\n<p>Para esto, hai que educar a poboaci\u00f3n e debemos escoitar as madres dos rapaces, que non queren que se vaian os seus fillos de fin de semana, e que vivan expostos os peligros da carretera que todos co\u00f1ecemos.<\/p>\n<p>E un error aplicar a Pol\u00edtica simplesmente a labor social, para organizar a amistade dos homes, a s\u00faa libertade mutua, o amor, a diversi\u00f3n&#8230; Esto d\u00e9bese conseguir mediante a Educaci\u00f3n Familiar, Escolar e Cidadana.<\/p>\n<p>Algu\u00e9n poder\u00eda pensar que a Relixi\u00f3n, ser\u00eda unha v\u00eda de escape&#8230; \u00a1grave error! pois a sociedade relixiosa promete salvarnos e darnos o ceo, sempre e cuando obedezcamos o que dicte o seu poder soberano e f\u00e1ctico, e nos dispo\u00f1amos a perder de inmediato, as nosas \u201clibertades mundanas\u201d o noso \u201clibre albedrio\u201d en aras de conseguir algo totalmente hipot\u00e9tico e diverso&#8230;.que depende do lugar xeogr\u00e1fico no que te atopes, de poder verte coas \u201cUr\u00eds\u201d ou con \u201cSan Pedro\u201d<\/p>\n<p>Para que a poboaci\u00f3n permaneza no Ribadeo que queremos, \u00e9 necesaria a aut\u00f3nom\u00eda, non podemos seguir vivindo a expensas de bienes de servicios varios, queremos que en Ribadeo se xenere riqueza propia e para eso debemos po\u00f1er en valor o noso ben m\u00e1is preciado: a R\u00eda de Ribadeo, principal motor comercial e industrial do noso pobo, principal autopista do Atl\u00e1ntico que deber\u00e1 ser lugar de uni\u00f3n cos pobos da ribeira asturiana. Debemos aprender a contar os uns cos outros e apartar o ru\u00edn af\u00e1n de hostilidade de aqueles poucos que pensan que colaboraci\u00f3n mutua, significa espolio unilateral de patrimonio, e dobregamento a caprichos esp\u00fareos, salt\u00e1ndose as leises que faga falta con tal de non impere a legalidade e non dar o brazo a torcer&#8230; esa constante propaganda&#8230; en p\u00falpitos diversos:<\/p>\n<p>Malditos aqueles de bigotillo incipiente&#8230;<\/p>\n<p>que vendidos os cartos de pega\u00f1entas d\u00e1divas &#8230;<\/p>\n<p>prefiren antes o desleal chupe e que t\u00fa nada fagas&#8230;<\/p>\n<p>a que non haxa chupe e que o faga o de enfrente&#8230;.<\/p>\n<p>\u00bfComo \u00e9 posible que faga un ano, Portos de Galiza, o Seprona e Medio Ambiente lle meteran unha multa exemplarizante a uns rapaces de Ribadeo por ba\u00f1arse e xugar con un delfin na d\u00e1rsena de Porcillan&#8230; coa excusa de que estresaban o animal &#8230; de que non se pod\u00eda nadar e bucear na Ria de Ribadeo&#8230;.de etc. etc. \u00a11500 \u20ac de multa&#8230;total nada para econom\u00eda de unhos rapaces&#8230;!<\/p>\n<p>\u00bfque pasa entonces coas \u201cfuerzas vivas\u201d do Principado de Asturias que se esta\u00b4a espoliar un pecio hist\u00f3rico de t\u00f3dolos veci\u00f1os da R\u00eda de Ribadeo co\u00f1ecido desde fai moitos anos&#8230;. buceando con botellas, levantando ca\u00f1ons e balas de ca\u00f1\u00f3n sin ton ni son, como vimos polos telediarios da T1, e aqui non pasa nada? \u00bfquen est\u00e1 pagando a labor penalizada de \u201candar o raque\u201d&#8230;que m\u00e1is se precisa para meter a esta xente na carcel? pois o barco hundido.. posiblemente, que non \u00e9 seguro do Galgo de Andaluc\u00eda pois foron tres os afundidos&#8230;. \u00e9 solo se sabe o nome e asentamento fixo do San Francisco, do outro tam\u00e9n o sabemos pero si o decimos \u201cvanlo ir a dar de alta nos descubrimentos de tesouros Asturias&#8230;.\u201d \u00a1de risa&#8230;.e de pena&#8230;! Con esta veci\u00f1anza e coa que temos que convivir&#8230; logo qu\u00e9ixanse si alg\u00fan d\u00eda lles damos de lado&#8230; \u00a1\u00e9 que somos moi se\u00f1oritos&#8230;! manda truco&#8230;!<\/p>\n<p>Antes que os apasionamientos desventurados preferimos a educaci\u00f3n da opin\u00edon p\u00fablica. Temos unha grande historia que pouco a pouco, vamos descubrindo. Ribadeo \u00e9 un pobo que responde en bloque, precisamente por haber sido unha cidade amurallada. \u00a1En extramuros non se co\u00f1ece a angustia do asedio!<\/p>\n<p>Gustar\u00edame expo\u00f1er a mi\u00f1a forma de ver a Econom\u00eda que nos ata\u00f1e como pobo, pois para min estamos asistindo a un grave error pol\u00edtico-econ\u00f3mico, que como dec\u00eda Juan Ortega en \u201cEl Sol, 24 de febreiro de 1918: \u201csalvar economicamente a un pobo desde o Ministerio de Facenda sempre \u00e9 unha medida fallida, neces\u00edtanse \u00f3s ambiciosos empuxados pola sede do ouro, para que o pobo non sexa mendigo&#8230;.. Foi un error do s\u00e9culo XIX facer do apasionamiento pol\u00edtico, un deber, por eso pasou a vida social as mans do que mellor sab\u00eda facer o le\u00f3n, o toro, a hiena nas asambleas p\u00fablicas e cos seus alaridos, acertaban a encender os instintos pasionales da muchedumbre&#8230;..\u201d<\/p>\n<p>Ribadeo precisa do Pol\u00edgono Industrial con urxencia si quer sobrevivir&#8230; necesita po\u00f1er en valor os s\u00e9u Porto Comercial, para eso precisa peraltar (levantar) a Ponte dos Santos al menos dez ou quince metros para darlle entrada a barcos de 6000 a 7000 Tm. Xa estaban entrando barqui\u00f1os de 6000 Tm e agora estamos conform\u00e1ndonos con barqui\u00f1os de altura de 2000 Tm. A desidia administrativa non se pode seguir perdendo o tempo e a pouca econom\u00eda en facer \u201cascensores\u201d nos acantilados e non decir nada do movemento do Porto.<\/p>\n<p>Pancho Campos<\/p>\n<p>Ribadeo, 22 outubro 2009<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte houbo unha tertulia na Casa da Xuventude que levaba por t\u00edtulo &#8216;o Ribadeo que non queremos&#8217; e que eu considerei no seu momento na li\u00f1a da declaraci\u00f3n &#8216;O Ribadeo que queremos&#8216;. Po\u00f1o m\u00e1is abaixo o escrito de Pancho Campos, ausente, enviado para ser lido na xuntanza e que s\u00f3 foi lido nunha parte m\u00ednima, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[33,46,9],"class_list":["post-8712","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8712","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8712"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8712\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8712"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8712"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8712"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}