{"id":8711,"date":"2009-10-24T09:23:00","date_gmt":"2009-10-24T07:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:07:47","modified_gmt":"2024-11-12T14:07:47","slug":"un-erro-informatico-algun-comentario-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/24\/un-erro-informatico-algun-comentario-en\/","title":{"rendered":"Un erro inform\u00e1tico, alg\u00fan comentario en torno a Ribadeo e fotos para calmar e clamar"},"content":{"rendered":"<p>Di a Xunta, bo, os xestores actuais dela, que \u00e9 un <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/galicia\/2009\/10\/24\/0003_8058392.htm\">erro inform\u00e1tico e non doutro tipo que Feij\u00f3o figure co seu soldo sen conxelar<\/a>. Cr\u00e9oo. As desviaci\u00f3ns de soldos diversos poden vir por moitos sitios moito m\u00e1is dif\u00edciles de detectar e menor perxu\u00edzo eleitoral. As\u00ed, un erro inform\u00e1tico pode converterse nun &#8216;erro informativo&#8217;, deixando de ser, sinxelamente, un erro de quen o cometeu, foran os xestores da Xunta ou fora o oficinista encargado de aporrear o teclado.<br \/>\nMentras, parece que se quixera compartir cos <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2009\/10\/24\/0003_8057730.htm\">veci\u00f1os de Barreiros a soluci\u00f3n do urbanismo nese concello<\/a>, tan vici\u00f1o a Ribadeo. Por iso de que &#8216;cando as barbas do teu vici\u00f1o&#8230;&#8217;, boteille unha ollada curiosa \u00e1 nova, e resulta que m\u00e1is me pareceu unha construcci\u00f3n dunha rede caciquil de novo cru\u00f1o, disimulada coa participaci\u00f3n cidad\u00e1. Pasa que a administraci\u00f3n, en troques de facer p\u00fablico un documento para o seu estudo e opini\u00f3n xeral, o que fai \u00e9 pasarllo \u00e1 Federaci\u00f3n Provincial, que llo pode pasar s\u00f3 \u00f3s seus asociados. En principio poder\u00eda facelo tam\u00e9n p\u00fablico, pero non \u00e9 isa a pol\u00edtica (que se espera) dunha entidade que ten xa establecidos tratos coa administraci\u00f3n e que ten desenvolta a s\u00faa rede e espera incrementar a s\u00faa cota de poder incrementando a s\u00faa base con informaci\u00f3n que se poder\u00eda chamar moi ben &#8216;privilexiada&#8217;. Atopeime e comentei xa no blog, co bipartito, unha situaci\u00f3n con certa semellanza na rama da hostaler\u00eda: resulta que a federaci\u00f3n hostaleira de Lugo conseguiu unha ampliaci\u00f3n de horario o fin de ano pasado moi xenerosa de parte da Xunta, para os seus asociados; \u00f3 resto, morcilla. As\u00ed, dous establecementos semellantes, un \u00e1 beira do outro, poideron ter horarios diferindo ata 3 horas a noite vella. Est\u00e1 visto que os novos  tipos de caciquismo perpet\u00faan a condici\u00f3n de cacique, a\u00ednda que var\u00ede o perfil. Por certo, rematei de enterarme do tema do funcionamento &#8216;de caciquismo piramidal&#8217; nas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os \u00f3 preguntar o tema do horario na Federaci\u00f3n sen pertencer a unha organizaci\u00f3n federada. Xa <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/10\/mis-sobre-comisin-sanitaria-e-outras.html\">polo tema do Queres da zona sanitaria se me prantexou unha sospeita<\/a>, pero iste outro tema rematou de confirmarma. E prantex\u00f3useme outra cousa: renovar o asociacionismo dende dentro ou tirar abaixo o que hai indo por libre? Diso podemos falar outro d\u00eda.<br \/>\nPor certo, que falando da zona sanitaria, <a href=\"http:\/\/www.parlamentodegalicia.es\/estaticos\/tv\/canal4.asx\">representantes de t\u00f3dolos partidos parlamentares pediron \u00e1 Xunta que mante\u00f1a e desenvolva a nosa \u00e1rea sanitaria<\/a>.<br \/>\nE as novas de Ribadeo? O alcalde pide m\u00e1is garder\u00eda, pois xa voltou quedarse pequena. <a href=\"http:\/\/www.ribadeo.org\/actualidade\/nova.php?id=318&amp;lg=gal\">Ribadeo recibe sete mill\u00f3ns da Xunta de retorno para diversas obras<\/a>. E &#8216;A Mari\u00f1a asturlucense, un territorio de cooperaci\u00f3n&#8217;, seminario que durante estes d\u00edas foi desenvolto no Parador e \u00f3 que obviamente acudiron representantes pol\u00edticos de toda a zona, e acad\u00e9micos de f\u00f3ra dela, remata ista ma\u00f1\u00e1, e cada quen saca a s\u00faa lecci\u00f3n de paso que tenta achegar as ascuas \u00e1 s\u00faa sardi\u00f1a, interpretando os feitos. Hai novas na prensa, e a\u00ednda que unha xuntanza destas, con xente independente en teor\u00eda polo medio, sempre tenta ir na &#8216;boa direcci\u00f3n&#8217;, despois o tamiz pol\u00edtico pode facer que sexa irreco\u00f1ecible o que al\u00ed se falou.<br \/>\nCompleto iste batiburrillo con fotos.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPb3UWR95xvqnkdHCmG15kTVZ1TEC-t2hB_gNrllPL-hTU7HUvVWIVrIbhaKB5Wuni3ZIRig4qxwE5anYg84EBlvR5w7HSkRfiT8gbT-HTWrMKfOxaqHiDvyIozfdG21OZ8_K6Zw\/s2048\/Ribadeo+1.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPb3UWR95xvqnkdHCmG15kTVZ1TEC-t2hB_gNrllPL-hTU7HUvVWIVrIbhaKB5Wuni3ZIRig4qxwE5anYg84EBlvR5w7HSkRfiT8gbT-HTWrMKfOxaqHiDvyIozfdG21OZ8_K6Zw\/s2048\/Ribadeo+1.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nA primeira, Ribadeo visto dende a ponte dos Santos \u00f3 atardecer. Parece que vai caer unha tormenta, ou alomenos choiva forte. Pero non, non caer\u00eda despois: chove sen que sirva de moito a predicci\u00f3n meteorol\u00f3xica nin a nivel nacional nin a nivel galego. Case, dir\u00edase, como na pol\u00edtica ribadense. Iso si, o Mondigo, \u00f3 fondo sempre cuberto e inescrutable, vixiando sobre o conxunto e a ponte, facendo beira da foto, pero tam\u00e9n sempre presente, tendendo ligaz\u00f3ns co al\u00e9n da r\u00eda. Amistosas? Iso xa depende.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgCf6fmUNrszCH0JDHP7tPvwjcTqbRKY0KXVhMzquSMAh0B5ZOg0OVd2KZIUtljMpOb6GPSmpxVhenRphTnv0v8VpLIMEPtdIy3O5SCkGX1ce2XwKaN6muc8J0Kk4OkE62drPl-QA\/s2048\/ponte+dos+santos+1.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgCf6fmUNrszCH0JDHP7tPvwjcTqbRKY0KXVhMzquSMAh0B5ZOg0OVd2KZIUtljMpOb6GPSmpxVhenRphTnv0v8VpLIMEPtdIy3O5SCkGX1ce2XwKaN6muc8J0Kk4OkE62drPl-QA\/s2048\/ponte+dos+santos+1.JPG\" alt=\"\" \/><\/a>A ponte, baixo dela, como un esquelete de ferro soportando o formig\u00f3n, chantada na r\u00eda e \u00f3 tempo deixando \u00e1 beira (neste caso, a galega) sobreiluminada a base de focalizar precisamente na mesma ponte. Pero, a\u00ednda que en fotos coma ista pareza o contrario, a ponte non \u00e9 m\u00e1is que un instrumento a usar, por m\u00e1is matroteto que sexa e se vexa, e o importante \u00e9 o que une e o que atravesa, as beiras e a propia r\u00eda de Ribadeo.<\/p>\n<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEijLNMtzNEY8YAhFiCqdR8m1ztMsbJAUAfqZNrtGKN5l_v2_ib6eXBlEdmn2bbuuvo-NvNWoFPlzLiqTuSvk4zDyXY_TKUjxuRfaA7lrYYFR91Rf0RBej9gWVmIQ_6cIhT85OChNQ\/s2048\/nubes+sobre+ribadeo+1.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEijLNMtzNEY8YAhFiCqdR8m1ztMsbJAUAfqZNrtGKN5l_v2_ib6eXBlEdmn2bbuuvo-NvNWoFPlzLiqTuSvk4zDyXY_TKUjxuRfaA7lrYYFR91Rf0RBej9gWVmIQ_6cIhT85OChNQ\/s2048\/nubes+sobre+ribadeo+1.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nAs d\u00faas \u00faltimas, tomadas tam\u00e9n dende Asturias, representan cousas opostas. O ceo da tarde sobre a zona de Ribadeo, cos seus claroscuros nos que a terra non \u00e9 m\u00e1is que unha silueta que contrasta contra o fondo, e a outra, un vertedoiro p\u00fablico non porque sexa usado polos vici\u00f1os, sen\u00f3n porque foi empregado para restos dunha obra p\u00fablica: a\u00ed est\u00e1 un cartel da ponte antes de facer a ampliaci\u00f3n e o cono de vento correspondente. Poden verse na zona de esparcemento que hai nada m\u00e1is deixar a ponte na parte asturiana, baixando cara \u00e1 sa\u00edda da r\u00eda.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjHz4P0wPlpF_KAZ8Z9he36pvgsHdick2mVUUydmWCRnk_ZR3PB16atW4NPIiP2JA_YBeH1S3tH7wgPkziUPzKtj94Em5MN233HlgPlb__ynSwEknqhzK3YK4Js-WW3N5il0djeRw\/s2048\/abandono+en+Castropol.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjHz4P0wPlpF_KAZ8Z9he36pvgsHdick2mVUUydmWCRnk_ZR3PB16atW4NPIiP2JA_YBeH1S3tH7wgPkziUPzKtj94Em5MN233HlgPlb__ynSwEknqhzK3YK4Js-WW3N5il0djeRw\/s2048\/abandono+en+Castropol.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Di a Xunta, bo, os xestores actuais dela, que \u00e9 un erro inform\u00e1tico e non doutro tipo que Feij\u00f3o figure co seu soldo sen conxelar. Cr\u00e9oo. As desviaci\u00f3ns de soldos diversos poden vir por moitos sitios moito m\u00e1is dif\u00edciles de detectar e menor perxu\u00edzo eleitoral. As\u00ed, un erro inform\u00e1tico pode converterse nun &#8216;erro informativo&#8217;, deixando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[103,93,13,9],"class_list":["post-8711","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos","tag-fotos-ribadeo","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8711","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8711"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8711\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}