{"id":8703,"date":"2009-10-28T07:16:00","date_gmt":"2009-10-28T06:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:07:36","modified_gmt":"2024-11-12T14:07:36","slug":"por-fin-bookcrossing-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/10\/28\/por-fin-bookcrossing-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Por fin, Bookcrossing en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Dende hai tempo v\u00e9\u00f1olle dando voltas a po\u00f1er en marcha un sitio de liberaci\u00f3n e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento.<br \/>\nHoxe m\u00e9rcores \u00e1s oito da tarde haber\u00e1 un pequeno acto de presentaci\u00f3n da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a informaci\u00f3n na web pode atoparse a partir de <a href=\"http:\/\/www.bookcrossing-spain.com\/\">http:\/\/www.bookcrossing-spain.com<\/a>) e que conta polo momento co apoio da AVV O Tes\u00f3n e a colaboraci\u00f3n do concello, e que espera contar co apoio de t\u00f3dala xente de boa vontade. Calquera est\u00e1 invitado \u00f3 acto, feito en realidade m\u00e1is que nada para que a xente se entere da existencia deste lugar, un sitio para deixar e coller libros na Oficina de Turismo de Ribadeo.<br \/>\nAl\u00ed ser\u00e1n deixados alomenos 50 libros esta tarde, despois de rexistralos na web e pegarlle pequenos letreiros indicando que son libros que non est\u00e1n tirados, sen\u00f3n que se deixan para o seu uso, para dinamizalos, para que sirvan o m\u00e1is poisble, indicando o n\u00famero de rexistro para seguirlles o rastro, etc. Se algu\u00e9n trae m\u00e1is libros, mellor: pouco a pouco ir\u00e1nse rexistrando para seguirlles mellor o rastro e que podan cumprir mellor a s\u00faa funci\u00f3n.<br \/>\nA radio e a prensa (aqu\u00ed, <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2009\/10\/28\/0003_8066990.htm\">na Voz<\/a>) f\u00edx\u00e9ronse eco da iniciativa, foi difundida pola lista de cultura do concello e agora sae no blog, pero coido que necesitar\u00e1 coidados durante un tempo para ter un subministro cont\u00ednuo de libros, unha renovaci\u00f3n que afaga a algunha xente a pasarse por al\u00ed para compartir. De momento, espero seguir deixando libros a raz\u00f3n de varios por semana durante varios meses, mesmo libros que na biblioteca municipal non saben xa onde po\u00f1er, de ateigada de fondos bibliogr\u00e1ficos que est\u00e1, ata que vexa unha renovaci\u00f3n efectiva, sexa por que se traian e leven libros doutros lugares como Lugo ou Oviedo ou porque outras persoas, en conxunto, contrib\u00faan dun xeito regular.<br \/>\nTe\u00f1o claro que po\u00f1er en marcha unha iniciativa deste tipo \u00e9 doado, pero non o \u00e9 tanto mantela ata que frutifique; en casos pode tardar moito tempo en facelo, e a\u00ednda nalg\u00fan, sinxelamente pode non frutificar.<br \/>\nEn fin, p\u00f3dense dicir moitas m\u00e1is cousas para deixar unha imaxe n\u00eddia do bookcrossing, pero a mellor aprendizaxe ven de praticalo. De coller un libro e comezar a lelo, de, se se quere, comentalo na web ou dicir donde se deixa, de deixar alg\u00fan libro que se vexa que non \u00e9 probable que se volte a ler e que mesmo este\u00f1a ocupando un espazo que \u00e9 necesario na casa para outras cousas, &#8230;<br \/>\nPois iso; a cousa ir\u00e1 medrando pouco a pouco, pero non chega con medrar o n\u00famero de fondos; para que a iniciativa arranque necesita uso. E xa veremos como resulta.<br \/>\n(ver tam\u00e9n a entrada posterior <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/10\/xa-temos-zona-bookcrossing.html\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/10\/xa-temos-zona-bookcrossing.html<\/a>)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende hai tempo v\u00e9\u00f1olle dando voltas a po\u00f1er en marcha un sitio de liberaci\u00f3n e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento. Hoxe m\u00e9rcores \u00e1s oito da tarde haber\u00e1 un pequeno acto de presentaci\u00f3n da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a informaci\u00f3n na web pode atoparse a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8703","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8703","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8703"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8703\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8703"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8703"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8703"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}