{"id":8682,"date":"2009-11-06T07:39:00","date_gmt":"2009-11-06T06:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:06:58","modified_gmt":"2024-11-12T14:06:58","slug":"novas-dende-escola-de-musica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/11\/06\/novas-dende-escola-de-musica\/","title":{"rendered":"Novas dende a Escola de m\u00fasica"},"content":{"rendered":"<p>Vexo no <a href=\"http:\/\/musiqueandoribadeo.blogspot.com\/2009\/11\/comunicado-do-claustro-de-profesores.html\">blog da escola de m\u00fasica e da banda<\/a> unha nota de afirmaci\u00f3n da s\u00faa labor. Coido que despois da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/11\/confirmada-dimision.html\">confirmaci\u00f3n de dimisi\u00f3n do Presidente de Amadores<\/a> que deixei o outro d\u00eda deb\u00eda po\u00f1er tanto a ligaz\u00f3n como unha aclaraci\u00f3n: Amadores non \u00e9 a escola, e a escola non \u00e9 a banda. A banda depende de Amadores, pero por convenio o seu diretor \u00e9o asemade da Escola, e por iso a marcha das d\u00faas entidades non \u00e9 completamente independente, a\u00ednda que en principio non te\u00f1an m\u00e1is relaci\u00f3n que compartir o diretor. O certo \u00e9 que na pr\u00e1ctica a cousa compl\u00edcase m\u00e1is: o local de ensaio \u00e9 o patio da escola, os m\u00fasicos son alumnos da escola, os isntrumentos, atriles, etc, quedan al\u00ed en moitas circunstancias, e mesmo o local de Amadores est\u00e1 adxunto \u00f3s locais da escola.<\/p>\n<p>Pode que a min non me chegaran os rumores dos que fala o artigo do seu blog porque a mi\u00f1a posici\u00f3n respecto a escola e banda \u00e9 clara: apoio con cr\u00edtica construtiva. E tam\u00e9n te\u00f1o claro que dende hai alg\u00fans meses, o feito de ter aberto un expediente \u00f3 diretor pasado (en principio o actual entendo que est\u00e1 en funci\u00f3ns) e de alongar a s\u00faa tramitaci\u00f3n est\u00e1 levando a que haxa xente que queira aproveitar \u00f3 estilo de &#8216;a r\u00edo revolto, ganancia de pescadores&#8217;, pero non vexo as cr\u00edticas por isa beira cun m\u00ednimo de base. Asemade, cuesti\u00f3ns de contrataci\u00f3n poden contribu\u00edr moito \u00e1s cr\u00edticas. Pero que se queira falar dun expediente e dar voltas sobre o mesmo non ten que ver coa escola, o mesmo que o tratar dunha contrataci\u00f3n: isas cousas, \u00f3 concello. E en canto \u00f3 funcionamento da mesma, por suposto que non \u00e9 perfecto, que lle queda moito por tirar para arriba se por exemplo o comparamos cun dos t\u00edpicos e burocr\u00e1ticos &#8216;plans de calidade&#8217; coas s\u00faas normas. Pero tam\u00e9n \u00e9 certo que no d\u00eda a d\u00eda ten mellorado e s\u00e9gueo a facer, e que polo tanto, se ben se poden facer cr\u00edticas, no contexto actual non as comprendo moi ben.<\/p>\n<p>Se se trata de criticar a xesti\u00f3n pol\u00edtica ducha crise que se relaciona coa escola, que se faga, pero separando as cousas, segundo aquelo de &#8216;\u00f3 C\u00e9sar o que \u00e9 do C\u00e9sar, e a Deus o que \u00e9 de Deus&#8217;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vexo no blog da escola de m\u00fasica e da banda unha nota de afirmaci\u00f3n da s\u00faa labor. Coido que despois da confirmaci\u00f3n de dimisi\u00f3n do Presidente de Amadores que deixei o outro d\u00eda deb\u00eda po\u00f1er tanto a ligaz\u00f3n como unha aclaraci\u00f3n: Amadores non \u00e9 a escola, e a escola non \u00e9 a banda. A banda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[81],"class_list":["post-8682","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-banda"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8682","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8682"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8682\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8682"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8682"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8682"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}