{"id":8675,"date":"2009-11-09T07:37:00","date_gmt":"2009-11-09T06:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:06:44","modified_gmt":"2024-11-12T14:06:44","slug":"e-wise-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/11\/09\/e-wise-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"e-Wise en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza d\u00faas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. \u00d3 comezo ter\u00e1 moitos erros debido \u00e1 inexistencia de informaci\u00f3n sobre servizos existentes que non est\u00e1n cargados na plataforma. Que informaci\u00f3n ten na actualidade Ribadeo sobre os mesmos?<br \/>\nBen, que \u00e9 e-Wise? Un sistema de recollida e mantemento de datos sobre a distribuci\u00f3n e o estado das infrastruturas dos servizos que est\u00e1n furando as nosas vilas. ises que fan que cada dous por tres haxca que estar levantando as r\u00faas a pouco que se descuiden os mun\u00edcipes e o favorezan non amntendo a informaci\u00f3n adecuada.<br \/>\nNaturalmente, cando a cidade sexa maior, hai maior perigo de que as informaci\u00f3ns relativas se perdan, e de estar a levantar unha e outra vez as r\u00faas para facer o mantemento correspondente ou a ampliaci\u00f3n de servizos. Co paso do tempo, tam\u00e9n \u00e9 m\u00e1is probable que suceda. Por iso, ch\u00e1mese e-Wise como en Lugo, ch\u00e1mese doutro xeito e o sistema var\u00ede como sexa, pero o caso \u00e9 que cada vez \u00e9 m\u00e1is necesario en calquera sitio. De feito, en Ribadeo, o actual alcalde advertiu, segundo a prensa no seu momento, que as empresas que tiveran que meter infrastruturas no subsolo que foran aproveitando as r\u00faas que se \u00edan renovando, que logo non se lles \u00eda deixar. E, aparentemente alomenos, as novas obras fan que t\u00f3dalas r\u00faas remozadas leven un tubo de cables e outras cousas semellantes. Pero dubido que, tal como est\u00e1 a facerse, abonde.<br \/>\nPor iso, por que non e-Wise en Ribadeo? Quiz\u00e1is, segundo o par\u00e1grafo anterior, se considera que xa se est\u00e1 a facer algo parello. Se \u00e9 asi, que informaci\u00f3n ten o concello sobre as infrastruturas subter\u00e1nes ribadenses? Porque si, \u00f3 mellor a ten (debera tela), pero procurar algo pode ser como a procura dunha agulla nun palleiro. E, que previsi\u00f3ns de medre ten o sistema que se este\u00f1a a usar para o paso das infrastruturas por baixo da r\u00faa?<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgpUrza8DemEqKCoG8uS7KbvVw_3OX2zIYKrnmr9cbFnmnNvj3UjTQ0FyKFakiM2x_GWAJPy7M2sWd95zFQ5rc_s373Wcpf4ze-pfiIEyZJ4eSMbz_oKSD3_Afj1LpdJM9QyeBv9Q\/s2048\/pedindo+sinaturas+residencia.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgpUrza8DemEqKCoG8uS7KbvVw_3OX2zIYKrnmr9cbFnmnNvj3UjTQ0FyKFakiM2x_GWAJPy7M2sWd95zFQ5rc_s373Wcpf4ze-pfiIEyZJ4eSMbz_oKSD3_Afj1LpdJM9QyeBv9Q\/s2048\/pedindo+sinaturas+residencia.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nA foto? Da petici\u00f3n de sinaturas realizada onte por UPRi na porta da caixa de Aforros de Galicia (xa non hai perda, a oficina nova da Caixa que se abriu na Avda. de Galicia cerrou as s\u00faas portas hai cousa dun mes) para pedir a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/11\/sobor-dunha-discusion-situacion-do.html\">realizaci\u00f3n da residencia de anci\u00e1ns no antigo colexio da r\/Trinidad<\/a>. N\u00ba de sinaturas recollidas? Non sei. Antes de instalarse onte al\u00ed dic\u00edan ter 500.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de ver a nova do xurdimento da plataforma e-Wise en Lugo (estou a falar dunha nova que apareceu o 4 de setembro), vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 cabeza d\u00faas cousas ben diferentes. 1. Por que non en Ribadeo? 2. \u00d3 comezo ter\u00e1 moitos erros debido \u00e1 inexistencia de informaci\u00f3n sobre servizos existentes que non est\u00e1n cargados na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,9],"class_list":["post-8675","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8675","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8675"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8675\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}