{"id":8674,"date":"2009-11-10T06:49:00","date_gmt":"2009-11-10T05:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:06:43","modified_gmt":"2024-11-12T14:06:43","slug":"un-pleno-no-seu-dia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/11\/10\/un-pleno-no-seu-dia\/","title":{"rendered":"Un pleno no seu d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Non \u00e9 o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de d\u00eda previsto. O de onte foi dos poucos. Tam\u00e9n, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separaci\u00f3n resulta esencial. E non s\u00f3 pola variedade e diversidade de temas, algo m\u00e1is ou menos com\u00fan, sen\u00f3n pola variedade e diversidade de ambientes que se viviron dende o primeiro punto da orde do d\u00eda (coma sempre, a aprobaci\u00f3n da acta) \u00f3 derradeiro (neste caso, o d\u00e9cimosegundo, rogos e preguntas), ou a variedade de xeometr\u00edas de votaci\u00f3n que houbo. Inclu\u00edndo asemade momentos de distensi\u00f3n entre os que o principal considero que foi unha das an\u00e9cdotas da c\u00e1mara, \u00f3 soar casualmente o m\u00f3bil do secretario e entoar os primeiros acordes da marsellesa, suscitando entre sorrisos e risos contidos e provocando polo mesmo o comentario &#8216;cada un ten as s\u00faas preferencias&#8217;. Casualmente non s\u00f3 que soara, sen\u00f3n que o fixera no tratamento do punto 5\u00ba, a variaci\u00f3n de taxas en relaci\u00f3n con servizos de interese local (en particular, de empresas de telefon\u00eda m\u00f3bil), un dos puntos que non tiveron discusi\u00f3n.<br \/>\nDebido \u00e1 disciplina de voto dentro dos partidos, non se notou \u00e1 hora da votaci\u00f3n a ausencia de Jos\u00e9 Carlos R. Andina, turn\u00e1ndose os representantes do PP en facer o traballo correspondente. En canto \u00e1 sala, 14 persoas no momento de m\u00e1xima audiencia.<br \/>\nQuitados os rogos e preguntas, dos que non podo falar porque me marchei ante o que promet\u00eda ser outra sesi\u00f3n m\u00e1is das longas, houbo dous puntos que consumiron a maior parte do tempo e de discusi\u00f3ns, o 4\u00ba, relativo \u00e1 aprobaci\u00f3n das contas xerais do 2008, e o 11\u00ba, constitu\u00eddo por tres moci\u00f3ns independentes e que tivo unha continuaci\u00f3n nun intento de meter unha nova moci\u00f3n polo tr\u00e1mite de urxencia.<br \/>\nO segundo punto foi de daci\u00f3n de contas, con varias preguntas, das que hai que destacar unha de Ram\u00f3n L\u00f3pez (PSOE) sobre unha curiosa factura e albar\u00e1n correlativo pero non correspondente, \u00f3 facturarse diferente n\u00famero de horas un d\u00eda por dous cami\u00f3ns para desescombrar unha finca na rua da muralla: nun deles chegaba na factura a 18 horas, polo que foi reclamado algo de control.<br \/>\nPasouse \u00f3 terceiro, sobre licenzas de primeira ocupaci\u00f3n de vivendas, todas unifamiliares neste caso, algo que non tivo discusi\u00f3n no pleno.<br \/>\nA aprobaci\u00f3n das conta xeral do 2008 f\u00edxose despois dunha exposici\u00f3n p\u00fablica en agosto, da que non constan reclamaci\u00f3ns. Comezou UPRi anunciando a s\u00faa abstenci\u00f3n por ser un informe t\u00e9cnico, a pesares de ter reparos. O PSOE anunciou o seu voto en contra alegando un informe xur\u00eddico sobre determinadas facturas, pedido e non facilitado, algo sobre o que versar\u00eda toda a discusi\u00f3n posterior. O PP anunciou o seu voto a favor asemade por ser un informe t\u00e9cnico.<br \/>\nVoltando \u00f3 discurso do PSOE, citou 12 reparos de intervenci\u00f3n que non se poideron comentar pola interventora por estar de baixa por maternidade, e o alcalde respondeu dicindo que todos os temas foran tratados e aprobados xa con antelaci\u00f3n e que ning\u00fan grupo, dende os dez anos que leva na corporaci\u00f3n, votara nunca en contra. Por ista v\u00eda, sa\u00edron diversas &#8216;primeiras veces&#8217; de votaci\u00f3ns nos \u00faltimos tempos.<br \/>\n\u00d3 ser solicitada a s\u00faa intervenci\u00f3n, comentou a t\u00e9cnica que substitu\u00eda onte \u00e1 interventora sobre o procedemento, se un informe que foi incorporado con posterioridade \u00f3 tratamento do punto pola comisi\u00f3n ti\u00f1a que ter sido presentado nela ou non: parece que cada interventor fai \u00f3 seu xeito, variando segundo o concello.<br \/>\nA longa discusi\u00f3n sobre o tema fixo que Paco Rivas quixera explicar tam\u00e9n a abstenci\u00f3n do seu grupo, e a\u00ed xurdiu outra discusi\u00f3n das que se leva aireado longamente na prensa estes derradeiros tempos: o remanente positivo, o primeiro en dez anos segundo o goberno municipal, ou o aumento de m\u00e1is de 2M\u20ac de d\u00e9ficit no ano, segundo UPRi, tema xa tratado longamente nun pleno anterior e referido no blog. O asunto deu de si un dos momentos m\u00e1is tensos do d\u00eda: &#8216;\u00e9 un mentiroso&#8217; foi unha acusaci\u00f3n repetida varias veces do alcalde a Rivas.<br \/>\nO punto sexto, a modificaci\u00f3n financieira da ordenanza de taxas reguladoras de postos no mercado, consist\u00eda na aprobaci\u00f3n de que a cousa fora por domiciliaci\u00f3n bancaria e cobro \u00f3 comezo de cada bimestre. Foi aprobado cos \u00fanicos votos do BNG, tendo a proposta de que o cobro se fixera a mediados de bimestre (PP), e botando en cara en xeral os grupos da oposici\u00f3n que non \u00e9 o momento m\u00e1is propio para facer que os mercaderes adianten pagos. Como resposta a isto \u00faltimo, foron citados diversos pagos de taxas que se fan todos adiantados, dende a matr\u00edcula na EMM ata a petici\u00f3n de licenza de obras, pasando polo abono de piscina.<br \/>\n7\u00ba. Foi aprobado por unanimidade a adhesi\u00f3n \u00e1 negociaci\u00f3n conxunta do subministro el\u00e9ctrico mantida pola deputaci\u00f3n Provincial.<br \/>\nO punto 8\u00ba, a modificaci\u00f3n da taxa do cemiterio, foi retirado da orde do d\u00eda.<br \/>\nO 9\u00ba, sobre o xu\u00edz de paz substituto, xa tratado en pleno anterior, tampouco tivo dificultade algunha.<br \/>\nO punto seguinte, sobre o regulamento dos voluntarios de protecci\u00f3n civil, contemplou o rexeitamento das d\u00faas alegaci\u00f3ns presentadas,, coa abastenci\u00f3n de PSOE e UPRi.<br \/>\nO Punto 11 contemplou tres moci\u00f3ns que tratarei aparte:<br \/>\n&#8211; do PP, presendanto dun escrito tipo contra os orzamentos xerais do estado para 2010<br \/>\n&#8211; de UPRi, para cambio de ubicaci\u00f3n da residencia de maiores e centro de Alzheimer<br \/>\n&#8211; do BNG, sobre o mantemento da \u00e1rea sanitaria da mari\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non \u00e9 o normal que os plenos ordinarios se celebren sen ser retrasados de d\u00eda previsto. O de onte foi dos poucos. Tam\u00e9n, se en xeral se pode dicir que nos plenos se pode separar o que do como, no de onte isa separaci\u00f3n resulta esencial. E non s\u00f3 pola variedade e diversidade de temas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42,13],"class_list":["post-8674","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8674","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8674"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8674\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8674"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8674"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8674"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}