{"id":8656,"date":"2009-11-21T10:58:00","date_gmt":"2009-11-21T09:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:06:08","modified_gmt":"2024-11-12T14:06:08","slug":"divide-e-venceras-asamblea-sobre-area","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/11\/21\/divide-e-venceras-asamblea-sobre-area\/","title":{"rendered":"Divide e vencer\u00e1s. Asamblea sobre a \u00e1rea Sanitaria"},"content":{"rendered":"<p>Catro persoas na mesa (Pancho Campos, Tes\u00f3n; Pilar, CIG, Andrade, CSIF; Rosa, CCOO). 21, no m\u00e1ximo, nas butacas. Isa foi a asistencia en Ribadeo, no auditorio Hern\u00e1n Naval (estaba convocada na &#8216;casa da cultura&#8217;) a unha xuntanza sobre o futuro dun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/10\/nota-de-prensa-da-plataforma-en-defensa.html\">servizo sanitario que abrangue a 72 000 cartillas<\/a> (desprazados veraniegos aparte), correspondendo a zona de Ribadeo a abondo m\u00e1is de 400 cartillas por asistente.<br \/>\nCoido que houbo dous puntos esenciais, a propia tem\u00e1tica e a discusi\u00f3n necesaria sobre o por que de tan pouca xente.<br \/>\nA discusi\u00f3n sobre a tem\u00e1tica basouse no que poderiamos chamar &#8216;<span style=\"font-style: italic;\">crer ou non crer?, isa \u00e9 a cuesti\u00f3n<\/span>&#8216;, despois da letura das cartas enviadas (ver <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/11\/resposta-da-xunta-sobre-area-sanitaria.html\">http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/11\/resposta-da-xunta-sobre-area-sanitaria.html<\/a> e <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/11\/carta-da-conselleira-plataforma-da-area.html\">http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/11\/carta-da-conselleira-plataforma-da-area.html<\/a>. Todo o mundo estivo de acordo en que as cartas supo\u00f1en lexitimar a postura da plataforma, pero hab\u00eda discrepancia en canto \u00f3 significado, se cubr\u00edan ou non espectativas e polo tanto, xurdiu unha discusi\u00f3n sobre o futuro da plataforma (a pesares de que entendo que sobre o futuro concreto estaba a xente m\u00e1is ou menos de acordo dende o comezo en continuar).<br \/>\nCoido que a recollida dalgunas frases \u00e9 ilustrativa sobre a orientaci\u00f3n que tomou o tema:<br \/>\n&#8220;Se falta a algo, plantif\u00edcolle a carta, pero agora, te\u00f1o que crer o que di a carta&#8221; (Pancho Campos, Presidente de O Tes\u00f3n)<br \/>\n&#8220;A carta da Conselleira comeza mentindo sobre a creaci\u00f3n: non foi o PP, que daquela non exist\u00eda, nin AP, sen\u00f3n o Insalud, pois daquela non hab\u00eda transferencias en Sanidade&#8221; [e o goberno era do PSOE] \/ &#8220;A\u00ednda segue o organigrama, pero o xerente de Burela xa vai a tratar as cousas a Lugo, non direitamente a Santiago&#8221; \/ &#8220;De Monforte xa desviaron dous quir\u00f3fanos e levaron ata respiradoras para Lugo&#8221; \/ &#8220;O que aparece na carta (pola financiaci\u00f3n) xa estaba previsto hai m\u00e1is dun ano; a obra comezou en xaneiro e plantou por problemas&#8221;. (Andrade, sindicalista do CSIF, participante na mesa)<br \/>\nO ano pasado estaban presupostados 9,3 M\u20ac para iste, e cosa obras xa comezadas, aparece para o pr\u00f3ximo 1 M\u20ac. Onde vai o resto? \/ &#8220;Non creerei persoalmente, pero te\u00f1o que crer oficialmente&#8221;(Pancho Campos)<br \/>\nQuez\u00e1is a frase m\u00e1is repetida foi: &#8220;Non se comprometen a nada&#8221;, seguido de &#8220;A resposta non se axusta \u00e1 carta inicial&#8221; (ver as <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2009\/10\/carta-da-plataforma-sanitaria-o-sergas.html\">cartas enviadas o 14 de outubro<\/a>)<br \/>\n&#8220;Se minte&#8230; \u00e9 que non minte, porque non di nada&#8221; (dende o p\u00fablico, referido \u00e1 resposta obtida)<br \/>\n&#8220;\u00c1rea non \u00e9 xesti\u00f3n, e quen manda imp\u00f3n&#8221; (dita as\u00ed, o certo \u00e9 que non a dixo ningu\u00e9n, pero repetiuse de xeitos diversos varias veces)<br \/>\n&#8220;Pode que aclare as cousas no debate o separar o que \u00e9 deterioro pola idea de xesti\u00f3n xeral da Sanidade P\u00fablica en Galicia do que \u00e9 atribu\u00edble \u00f3 cambio no mando da xestin da \u00e1rea sanitaria&#8221; (eu)<br \/>\n&#8220;Fan falta compromisos verificables&#8221; (non tomei nota de que o dixo)<br \/>\nBen, a discusion estaba pois centrada na efectividade\/validez da resposta &#8216;oficial&#8217;. Houbo un longo momento de mala interpretaci\u00f3n sobre os signatarios das respostas, que se pode comprobar no blog do <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/\">O Tes\u00f3n<\/a> que son escritos asinados por Balseiro (o recibido polas asociaci\u00f3ns) e pola Conselleira (o recibido pola plataforma como tal), que acompa\u00f1an a un documento asinado pola Presidenta do Parlamento e que transcrebe a resposta da Conselleira de Sanidade a unha pregunta de Balseiro. \u00d3 final, todo o mundo estaba de acordo en que alomenos polo momento, a Plataforma debe continuar: hai charlas previstas ata o 17 de decembro, e logo xa se ver\u00e1, pois \u00e9 un esforzo po\u00f1er en marcha unha plataforma coma ista para deixar que caia e logo ter a posibilidade de voltala levantar m\u00e1is adiante se as cousas non van ben.<br \/>\nO outro punto tocouse s\u00f3 o final: a presidenta da AVV de Vilasel\u00e1n remarcou que hab\u00eda que deixar claro que non era unha plataforma pol\u00edtica, que hab\u00eda sindicatos e avv, e que os pol\u00edticos nin se deberan de nomear para evitar que xente dun determinado partido xa non acudise por medo a que os do propio partido o viran con malos ollos. Iso explicar\u00eda parte da baixa asistencia. A outra parte vir\u00eda explicada por crer que xa non hai problema debido \u00e1 confusi\u00f3n na prensa (e, engadir\u00eda eu, na mesma xuntanza, pois ata o final non quedou claro o esquema de quen dic\u00eda que que po\u00f1o no par\u00e1grafo anterior)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Catro persoas na mesa (Pancho Campos, Tes\u00f3n; Pilar, CIG, Andrade, CSIF; Rosa, CCOO). 21, no m\u00e1ximo, nas butacas. Isa foi a asistencia en Ribadeo, no auditorio Hern\u00e1n Naval (estaba convocada na &#8216;casa da cultura&#8217;) a unha xuntanza sobre o futuro dun servizo sanitario que abrangue a 72 000 cartillas (desprazados veraniegos aparte), correspondendo a zona [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8656","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8656","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8656"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8656\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8656"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8656"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8656"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}