{"id":8654,"date":"2009-11-21T21:24:00","date_gmt":"2009-11-21T20:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:06:05","modified_gmt":"2024-11-12T14:06:05","slug":"actos-para-o-domingo-22-n-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/11\/21\/actos-para-o-domingo-22-n-do\/","title":{"rendered":"Actos para o domingo 22-N do observatorio da mari\u00f1a pola igualdade"},"content":{"rendered":"<p>O <a href=\"http:\/\/observatorioigualdade.blogaliza.org\/\">Observatorio da Mari\u00f1a pola Igualdade<\/a> escenificar\u00e1 este domingo<br \/>\n  en Ribadeo a obra teatral \u201cTirando do f\u00edo da vergo\u00f1a\u201d, coa que<br \/>\n           participa nun concurso do Ministerio de Igualdad<\/p>\n<p>Na representaci\u00f3n da obra, que busca concienciar \u00e1 poboaci\u00f3n sobre a lacra da violencia<br \/>\n   machista, participar\u00e1n persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mari\u00f1a<br \/>\nEste domingo a partir das 13 horas, nos Cant\u00f3ns de Ribadeo, o Observatorio da Mari\u00f1a pola<br \/>\nIgualdade representar\u00e1 &#8220;en vivo&#8221; a obra teatral TIRANDO DO F\u00cdO DA VERGO\u00d1A, coa que<br \/>\nparticipa no concurso &#8220;Sae a Escena&#8221; convocado polo Ministerio de Igualdade. (Lembramos<br \/>\nque a\u00ednda se vote poder en Internet pola obra desde a p\u00e1xina <a href=\"http:\/\/www.salaescena.es\/\">www.salaescena.es<\/a>, indo a<br \/>\nVOTACI\u00d3N e logo a TEATRO).<br \/>\nA peza teatral, dirixida por Patri Otero, busca concienciar \u00e1 poboaci\u00f3n sobre as causas da<br \/>\nviolencia de x\u00e9nero ao tempo que lembra a todas as mulleres asasinadas durante o ano 2009<br \/>\npolo feito de seren mulleres. A principal novidade na representaci\u00f3n deste domingo \u00e9 que<br \/>\nnela participar\u00e1n tam\u00e9n integrantes de diferentes colectivos sociais e culturais da Mari\u00f1a<br \/>\nque queren apoiar a iniciativa de forma expl\u00edcita e sumarse \u00e1 condena contra a violencia de<br \/>\nx\u00e9nero. Desde o Observatorio animamos a que a xente acuda ao acto e apoie coa s\u00faa<br \/>\npresenza esta iniciativa.<br \/>\nAo final da representaci\u00f3n lerase un MANIFESTO para reivindicar a reflexi\u00f3n e comprensi\u00f3n<br \/>\ndas causas que xeran este tipo de violencia, as\u00ed como para avaliar os avances e aspectos<br \/>\npendentes. O Manifesto, impulsado polo Observatorio, est\u00e1 subscrito por numerosos<br \/>\ncolectivos culturais e sociais da Mari\u00f1a, como o Colectivo 8 de Marzo (Ribadeo), a ongd<br \/>\nAmarante (Ribadeo), a Asociaci\u00f3n cultural A Pomba do Arco (Foz), o Colectivo Cultural<br \/>\nBuril (Burela), a SCDR Palestina (Burela), a Asociaci\u00f3n Cultural Paco Lanza (Ribadeo), a<br \/>\nAsociaci\u00f3n Cultural O Tes\u00f3n (Ribadeo) ou o Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros). Desde o<br \/>\nObservatorio facemos un chamamento a que calquera outro colectivo que queira apoiar o<br \/>\nmanifesto se po\u00f1a en contacto connosco a trav\u00e9s do noso correo electr\u00f3nico:<br \/>\nobservatorioigualdade(en)gmail.com<br \/>\nSa\u00fados cordiais,<br \/>\nObservatorio da Mari\u00f1a pola Igualdade<br \/>\n&#8211;<br \/>\nManifesto, versi\u00f3n provisional:<\/p>\n<p>MANIFESTO DO OBSERVATORIO DA MARI\u00d1A POLA IGUALDADE<br \/>\nCON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO<\/p>\n<p>Estamos ante un novo 25 de novembro, unha data de especial significado para a nosa sociedade,  e sobre todo para as mulleres. Un ano m\u00e1is atop\u00e1monos na mesma encrucillada, unhas cifras que reflicten  a pervivencia da violencia, as demandas da cidadan\u00eda  e dos movementos de mulleres que pretenden buscar soluci\u00f3ns e mellorar alternativas para atallar a violencia que d\u00eda a d\u00eda sofren as mulleres, violencia que sofren en silencio, violencia que sofren ante a impunidade dos que a provocan, violencia sen denuncia, violencia intempestiva, violencia que non cesa,&#8230;<\/p>\n<p>Durante s\u00e9culos o mundo organizouse de acordo \u00e1s necesidades e conveniencias dos homes, actuando e pensando como se a metade da humanidade formada polas mulleres carecera de importancia e significado. Esta historia in\u00edciase cando na educaci\u00f3n  se marcan os roles masculinos e feminino de forma inapelable, cando as expectativas das mozas son posu\u00edr un bo corpo, unha boa dispo\u00f1ibilidade e unha boa parella, cando no traballo \u00e9 normal que as mulleres ga\u00f1en menos que os homes, cando a relaci\u00f3n de parella \u00e9 de submisi\u00f3n e negaci\u00f3n da personalidade da muller, cando nos medios de comunicaci\u00f3n se suceden imaxes por mill\u00f3ns, de mulleres inferiores, invisibles, submisas e agredidas.<\/p>\n<p>Queremos po\u00f1er en evidencia os mitos que est\u00e1n a crearse arredor desta problem\u00e1tica :<\/p>\n<p>1-A desigualdade xa est\u00e1 superada. As pol\u00edticas institucionais e a  aprobaci\u00f3n de lexislaci\u00f3n destinada a garantir unha posici\u00f3n igualitaria entre mulleres e homes leva a pensar erroneamente que xa non hai ning\u00fan problema<br \/>\n2-As mulleres denuncian falsamente aos homes de violencia&#8230; Este mito da tendencia das mulleres a po\u00f1eren denuncias falsas \u00e9 absolutamente falaz e incorrecto, como demostran os datos dun estudo realizado en outubro desde o Consello Xeral do Poder xudicial, nos que se reflicten que s\u00f3 se interpuxo 1 denuncia falsa de 530 sentenzas. (Esta media \u00e9 moito inferior \u00e1s denuncias falsas que se po\u00f1en por presuntos roubos ou en fraudes \u00e1s compa\u00f1\u00edas aseguradoras)<\/p>\n<p>Os estereotipos e ideas err\u00f3neas sobre a violencia de x\u00e9nero xustifican en grande medida aos homes agresores ao tempo que responsabilizan \u00e1s mulleres da violencia que sofren.<\/p>\n<p>\u00c9 moi importante tomar conciencia da s\u00faa existencia e da nosa propia interiorizaci\u00f3n destes mitos. A desigualdade \u00e9 a causa da  violencia.<br \/>\nPara n\u00f3s queda un longo cami\u00f1o de denuncia p\u00fablica, de manifestaci\u00f3ns, de debate intenso, de an\u00e1lise das situaci\u00f3ns, que nos axuden a torpedear na li\u00f1a de flotaci\u00f3n este sistema que sit\u00faa as mulleres como categor\u00eda inferior.<\/p>\n<p>T\u00f3canos facer unhas denuncia constante das agresi\u00f3ns e das causas polas que se producen. E t\u00f3canos loitar contra este inxusto mundo de dominaci\u00f3n patriarcal, para subvertelo.<\/p>\n<p>Porque queremos vivir nunha Galiza sen violencia de x\u00e9nero, nunha Mari\u00f1a sen violencia de x\u00e9nero, nun Ribadeo sen violencia de x\u00e9nero..<\/p>\n<p>E para iso fac\u00e9monos eco desta verbas da poeta galega Marica Campo :<\/p>\n<p>Apenas hai palabras e unha \u00e9 morte.<br \/>\nCalella sen sa\u00edda \u00e9 outra: medo.<br \/>\nCham\u00e1moslle muller, mais ti\u00f1an nome,<br \/>\ncomo falar de espi\u00f1a e dicir rosa.<br \/>\nTodo foi un cami\u00f1o cara ao sangue,<br \/>\nO voitre e  mais a pomba nunha casa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Observatorio da Mari\u00f1a pola Igualdade escenificar\u00e1 este domingo en Ribadeo a obra teatral \u201cTirando do f\u00edo da vergo\u00f1a\u201d, coa que participa nun concurso do Ministerio de Igualdad Na representaci\u00f3n da obra, que busca concienciar \u00e1 poboaci\u00f3n sobre a lacra da violencia machista, participar\u00e1n persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mari\u00f1a Este domingo a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,9],"class_list":["post-8654","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8654","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8654"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8654\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8654"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8654"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8654"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}