{"id":864,"date":"2024-03-02T14:48:00","date_gmt":"2024-03-02T13:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:55:57","modified_gmt":"2024-10-23T09:55:57","slug":"concentracion-pensionista-de-2-de-marzo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/03\/02\/concentracion-pensionista-de-2-de-marzo\/","title":{"rendered":"Concentraci\u00f3n pensionista de 2 de marzo en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Como outro s\u00e1bado primeiro de mes, hoxe tivo lugar unha nova concentraci\u00f3n <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/pensi%C3%B3ns\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">pensionista<\/a> en Ribadeo. Por mor da intensa chuvia, celebrouse nos soportais do Cant\u00f3n, no extremo da zona nova dos mesmos. Deixo en baixo a m\u00e1is do cartel, algunha foto de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Suso%20Fern%C3%A1ndez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Suso<\/a> (e un v\u00eddeo no que se ve tam\u00e9n o a temperie que fac\u00eda) e o audio de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Evaristo<\/a>, acompa\u00f1ando \u00f3 texto relacionado con el para servirlle de base. Por certo, texto abondo ilustrativo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/pensiC3B3ns2020240202.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"808\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/pensiC3B3ns2020240202.jpeg\" class=\"wp-image-865\" width=\"588\" \/><\/a><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" height=\"200px\" src=\"https:\/\/www.podcasts.com\/embed\/episode\/ribadeando-3a91407da\/xuntanza-pensionista-ribadeo-20240202\" title=\"Xuntanza pensionista Ribadeo 20240202\" width=\"100%\"><\/iframe><\/p>\n<p><em>Bo dia compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>      Vou comezar comentando  un <a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2024\/02\/10\/analise-do-plan-de-pensions-de-emprego-do-convenio-da-construcion-por-xabier-perez-davila\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">traballo realizado por Xavier P\u00e9rez Davila<\/a>, como sabedes economista de Vigo e compa\u00f1eiro de MODEPEN que analizou o VII convenio estatal do sector da construcci\u00f3n. Este convenio foi asinado o d\u00eda 3 de Xullo de 2023 polos sindicatos CC.OO. e UGT e mais a Confederaci\u00f3n Nacional da Construci\u00f3n ou sexa a patronal do sector e foi publicado no BOE de 23 de setembro. O acord\u00f3 inclue un Plan de Pensi\u00f3ns de emprego (PPE) que afectar\u00e1 a 1 mill\u00f3n 800 mil traballadoras e traballadores. Este convenio \u00e9 moi importante porque nel ac\u00f3rdase o primeiro Plan de Pensi\u00f3ns xestionado por unha empresa privada que se pretende extender  aos 18 mill\u00f3ns de traballadores e traballadoras do estado espa\u00f1ol ao aplicar a lei <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/diario_boe\/txt.php?id=BOE-A-2022-10852\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lei 12\/2022<\/a> de regulaci\u00f3n para o impulso dos plans de pensi\u00f3ns de emprego (LRIPPE), unha das catro leis da reforma Escriv\u00e1 do sistema de pensi\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>       O convenio entrou en vigor o 1 de febreiro de 2024 e agora xa hai datos dabondos para analizar os seus resultados e comprobar con n\u00fameros na man como vai repecutir nos salarios, nas pensi\u00f3ns, nos beneficios das empresas, nos beneficios das xestoras, nos fondos da caixa de pensi\u00f3ns e nos impostos que recada o estado.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>       O traballo de <a href=\"https:\/\/archive.org\/details\/impuestos_201904\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xavier P\u00e9rez Davila<\/a> \u00e9 moi extenso e est\u00e1 cheo de cadros e cifras e non o vou ler aqu\u00ed naturalmente porque levar\u00eda mais de unha hora. Est\u00e1 <a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2024\/02\/10\/analise-do-plan-de-pensions-de-emprego-do-convenio-da-construcion-por-xabier-perez-davila\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">colgado na p\u00e1xina de MODEPEN<\/a> e calquera pode lelo e ver que os argumentos de Xavier est\u00e1n apoiados por c\u00e1lculos serios e se en alg\u00fan punto no se est\u00e1 de acordo p\u00f3dese rebatir e discutir o que faga falta, ou sexa que tam\u00e9n \u00e9 un exercicio de transparencia para que se vexa que as nosas reivindicaci\u00f3ns non se basan de d\u00edxome d\u00edxome senon en estudos serios que tam\u00e9n son unha aportaci\u00f3n a todas as plataformas do estado espa\u00f1ol dende Galicia.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>      Eu so vou comentar alg\u00fan dos datos que me pareceron mais relevantes pero repito que esta en aberto na p\u00e1xina de MODEPEN para todo aquel que o queira consultar.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>      Vaia por diante o que temos dito tantas veces: Os plans Privados de Pensi\u00f3ns que defenden as grandes empresas, a banca, as xestoras privadas que se lucran da sua xesti\u00f3n e os grupos de dereitas ademais de un sector do goberno de Sanchez ca disculpa de que o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns non \u00e9 sostible econ\u00f3micamente \u00e9 unha falacia absolutamente falsa, en realidade o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns con esta lei vai servir non so para a financiaci\u00f3n das futuras pensi\u00f3ns sen\u00f3n para manter os beneficios de cinco xestoras dependentes de bancos e multinacionais para lucro dos seus directiovos e grandes capitais. O obxectivo de MODEPEN e das plataformas de pensionistas do estado espa\u00f1ol \u00e9 a derogaci\u00f3n de esta lei e a supresi\u00f3n definitiva da lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola de ning\u00fanha norma que permita o afogamento do sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>      Indo xa a alg\u00fan dos resultados concretos que analiza Xavier Perez Davila  temos os seguintes datos:<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>1\u00ba. Impacto do plan aprobado no  sobre o salario d@s traballador@s.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Con plan de pensi\u00f3ns o traballador cobrar\u00e1 560 euros menos, poder\u00e1 deducir 220,12 \u20ac na base impo\u00f1\u00edbel do IRPF e constituir\u00e1 dereitos a un fondo de pensi\u00f3ns de capitalizaci\u00f3n por esa mesma cantidade. Sen plan de pensi\u00f3ns, o traballador percibir\u00e1 560 euros m\u00e1is de salario.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>3\u00ba. Desv\u00edo de ingresos p\u00fablicos \u00e1 empresa financeira xestora do plan.  As empresas que desenvolvan plans de pensi\u00f3ns de emprego beneficianse de deduci\u00f3ns no Imposto de Sociedades (IS) e na cotizaci\u00f3n \u00e1 Seguridade Social. V\u00e9xamos o que esto sup\u00f3n no ponto seguinte.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>5\u00ba. C\u00e1lculo da perda de ingresos p\u00fablicos derivados da aplicaci\u00f3n do VII CCEC<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>A perda de ingresos da SS ser\u00e1 superior aos 90 mill\u00f3ns de euros.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>A perda de ingresos das administraci\u00f3ns p\u00fablicas pola deduci\u00f3n do 10 % no Imposto de Sociedades \u00e9 superior a 38 mill\u00f3ns de euros. Perda total de ingresos p\u00fablicos, sumando os resultados,  de 128 930 218 \u20ac que son os cartos que se perden para as arcas p\u00fablicas pola aplicaci\u00f3n de este convenio e pola posta en marcha no sector da construcci\u00f3n, 1 mill\u00f3n 800 mil traballadores dos Plan de Pensi\u00f3n privadas aprobadas polos sindicatos CC OO e UXT a patronal e o Goberno de Sanchez no periodo anterior.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Como diexen esto so son alguns datos do estudo do economista que comentamos e que pode consultarse na p\u00e1xina de MODEPEN, pero se insisto neles \u00e9 porque se esta pol\u00edtica se extende progresivamente a todos os sectores como agora pasou ca construcci\u00f3n o futuro da caixa de pensi\u00f3ns e do sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns vaise ver estrangulado e reducido para beneficio dos directivos e das empresas xestoras de estes plans privados de pensions e en perxuicio dos traballadores en activo e dos pensionistas porque aqu\u00ed era onde quer\u00eda chegar. Pode haber pensionistas que pensen que pensen que estas reformas a nos non nos van coller porque son os convenios actuais que afectan aos traballadores que agora est\u00e1n en activo. Pero moito ollo, que se se adelgazan m\u00e1is os fondos da caixa de pensi\u00f3ns e se siguen extendendo os gobernos de dereitas  en Europa, no mundo e no estado espa\u00f1ol, cas facilidades ademais que lles estamos dando pod\u00e9monos atopar a volta de catro ou cinco anos con un recorte das pensi\u00f3ns actuais ca disculpa de que non hai fondos e que as empresas non poden soportar unha suba de impostos e temos que tragarnos, se chegamos, ou os que cheguen un recorte das pensi\u00f3ns actuais ou das subas polo menos con IPC que \u00e9 un dos nosos logros recentes e que xa nos quixeron arrebatar hai pouco os gobernos do PP. Debemos ter moi craro e convencer aos nosos compa\u00f1eiros e veci\u00f1os xubilados de que aqu\u00ed non hai nada seguro e que as pensi\u00f3ns sempre van estar no aire se gobernan as dereitas e tampouco est\u00e1n garantidas seg\u00fan cal sexa o sector das esquerdas que goberne e que a \u00fanica defensa somos nos, a movilizaci\u00f3n das clases traballadoras  cuns claros obxectivos de pensi\u00f3ns dignas e p\u00fablicas para todos os sectores.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Outro informe, que tam\u00e9n <a href=\"https:\/\/www.modepen.org\/index.php\/2024\/01\/18\/deben-estar-exentas-as-pensions-de-tributar-o-irpf\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">se pode consultar na p\u00e1xina de MODEPEN<\/a>, trata sobre un un manifesto que apareceu e foi moi difundido en redes sociais  pedindo que as pensi\u00f3ns estean exclu\u00eddas do IRPF. MODEPEN e o conxunto de organizaci\u00f3ns que participan na Unidade de Acci\u00f3n Estatal non estamos de acordo con esa proposta.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>O mesmo que o anterior, o informe de MODEPEN e moi extenso e faise moi longo para leelo agora, ademais co d\u00eda que est\u00e1, pero recomendo moito que se lea con calma porque demostra como a extrema dereita, a banca e as empresas xestoras,  de forma sibilina vai intentandoi meter os seus argumentos dando a sensaci\u00f3n de que defenden alg\u00fan intereses dos traballadores cando no fondo so pretenden dinamitar o sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns e dividir as clases traballadoras con proxectos e ideas competitivas e antisolidarias e mesmo con mentiras manifestas. De xeito moi resumido so comentarei que este manifesto afirma por exemplo que as pensions xa tributaron polo IRPF mentras se traballaba, e iso non \u00e9 certo porque os que xa tributaron foron os salarios percibidos durante a vida laboral activa unha vez deducidas as cotizaci\u00f3ns \u00e1 seguridade social. Outra falacia que difunden \u00e9 que  Ao estar as pensi\u00f3ns sometidas ao IRPF prod\u00facese dobre imposici\u00f3n. Non, o salario e a pensi\u00f3n son rendas distintas que se perciben en per\u00edodos diferentes: unha durante a vida laboral activa e outra no tempo da xubilaci\u00f3n. Ademais, proceden de fontes diferentes: da empresa, a primeira; e do Estado, a segunda.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>4\u00aa. A pensi\u00f3n ser\u00eda o rendemento dun capital que a persoa xubilada foi acumulando ao longo da vida laboral. Rotundamente falso. A persoa ou persoas que redactaron o Whatsapp padecen de ignorancia ou practican a mentira. O sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns non \u00e9 un sistema de capitalizaci\u00f3n, as persoas traballadoras non acumulan capital ning\u00fan. Coas s\u00faas cotizaci\u00f3ns e impostos financian as pensi\u00f3ns das persoas xubiladas. As persoas traballadoras hoxe activas, cando se xubilen percibir\u00e1n a s\u00faa pensi\u00f3n das cotizaci\u00f3ns e impostos d@s ent\u00f3n activ@s. Por iso se chama sistema de repartici\u00f3n ou solidariedade entre xeraci\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>5\u00aa. Aos cargos pol\u00edticos do goberno, parlamento, senado non se lles aplica a retenci\u00f3n do IRPF. Falso de toda falsidade. As retribuci\u00f3ns dos representantes pol\u00edticos est\u00e1n suxeitas ao IRPF como todas as rendas. Esta afirmaci\u00f3n repetida innumer\u00e1beis veces fai parte da campa\u00f1a anti-pol\u00edtica que s\u00f3 beneficia \u00e1 dereita e \u00e1 extrema dereita. Cando algu\u00e9n afirma \u201ctodos os pol\u00edticos son iguais\u201d, en 9 de cada 10 veces a persoa que o proclama \u00e9 votante do PP ou de Vox.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Que hai detr\u00e1s deste texto?<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Un ataque contra a necesidade dun sistema impositivo poderoso que obte\u00f1a recursos suficientes para financiar os servizos p\u00fablicos e a intervenci\u00f3n p\u00fablica na econom\u00eda cada vez m\u00e1is necesaria. Son as estratexias politicas da dereita e da extrema dereita, son os Trump, Milei, que os arxentinos xa estan empezando a saber quen e, os Abascal, Ayuso, Feijoo, etc.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>Outros temas a lembrar: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=centro+de+sa%C3%BAde&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">O centro de sa\u00fade de Ribadeo<\/a> <\/em>[Nota: lembrouse que se est\u00e1 a espera dunha xuntanza que o alclde prometeu facer]<em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>A concentraci\u00f3n pola <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/paz\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">paz<\/a> <\/em>[Nota: que ser\u00e1 ma\u00f1\u00e1, domingo, como vesn sendo t\u00f3dolos domingos, diante da casa do concello de Ribadeo, \u00e1s 12:30]<em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787005_y.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787005_y.jpg\" class=\"wp-image-866\" width=\"640\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787004_y.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787004_y.jpg\" class=\"wp-image-867\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787006_y.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"360\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/03\/photo_5987698359751787006_y.jpg\" class=\"wp-image-868\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" height=\"337\" src=\"https:\/\/youtube.com\/embed\/U_1DSYLFgQs?si=w4K40IpHQL2GmmxL\" width=\"600\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como outro s\u00e1bado primeiro de mes, hoxe tivo lugar unha nova concentraci\u00f3n pensionista en Ribadeo. Por mor da intensa chuvia, celebrouse nos soportais do Cant\u00f3n, no extremo da zona nova dos mesmos. Deixo en baixo a m\u00e1is do cartel, algunha foto de Suso (e un v\u00eddeo no que se ve tam\u00e9n o a temperie [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":865,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,22,19],"class_list":["post-864","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-pensions","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/864","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=864"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/864\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/865"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=864"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=864"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=864"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}