{"id":8618,"date":"2009-12-14T20:42:00","date_gmt":"2009-12-14T19:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:05:01","modified_gmt":"2024-11-12T14:05:01","slug":"carta-pola-innovacion-creatividade-e-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/14\/carta-pola-innovacion-creatividade-e-o\/","title":{"rendered":"Carta pola innovaci\u00f3n, a creatividade e \u00f3 acceso \u00f3 co\u00f1ecemento"},"content":{"rendered":"<p>[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana, co que vai con retraso, e d\u00e9ixoo aqu\u00ed tal cual o atopei en galego, sendo consciente que a traslaci\u00f3n \u00e1 nosa lingua \u00e9 mellorable]<\/p>\n<p>Dereitos dos \/as cidadans\/\u00e1s e artistas na era dixital<br \/>\nIncl\u00fae soluci\u00f3ns legais, inmediatas e urxentes\n<\/p>\n<p>N\u00f3s, unha coalici\u00f3n inclusiva provinte de m\u00e1is de 20 pa\u00edses, de centos de miles de cidadans\/\u00e1s, usuarios\/ as, consumidores\/ as, organizaci\u00f3ns, artistas, hackers, membros do movemento de Cultura Ceibe, economistas, avogados\/as, mestres \/as, estudiantes, investigadores\/as, cient\u00edficos\/as, activistas, traballadores\/as, desempregados\/ as, emprendedores\/ as, creadores\/ as&#8230;<br \/>\nInvitamos a t\u00f3da-la cidadan\u00eda a facer s\u00faa esta Carta, difundila e po\u00f1ela en pr\u00e1ctica.<br \/>\nInvitamos a t\u00f3do-los gobernos, multinacionais e instituci\u00f3ns a escoitala urxentemente, entendela e aplicala.<br \/>\nContido<br \/>\n1. Introducci\u00f3n<br \/>\n2. Demandas legais<br \/>\n3. Directrices para a educaci\u00f3n e o acceso \u00f3 co\u00f1ecemento<br \/>\n4. Necesidades estructurais para unha sociedade do co\u00f1ecemento de todos\/ as e para todos\/ as<br \/>\n5. Membros do FCForum<br \/>\n6. Adhesi\u00f3ns<br \/>\n7. Versi\u00f3n completa<br \/>\n8. Licencia dual<br \/>\n1. Introducci\u00f3n<br \/>\nA Sociedade da Informaci\u00f3n e o novo contexto dixital supo\u00f1en unha revoluci\u00f3n na forma de crear co\u00f1ecemento e cultura, e sobre todo, na forma de acceder a eles. Cidad\u00e1ns\/ \u00e1s, artistas e<br \/>\nconsumidores deixaron de seren suxeitos pasivos e aisolados\/ as fronte a ind\u00fastria de distribuci\u00f3n de contidos. Agora cada persoa colabora, participa e decide.<br \/>\nA Tecnolox\u00eda, coma ponte, permite que as ideas e o co\u00f1ecemento fl\u00faan; rematando as\u00ed con moitas das barreiras xeogr\u00e1ficas e tecnol\u00f3xicas que imped\u00edan compartir; proporcionando adem\u00e1is novas ferramentas educativas e propiciando a aparici\u00f3n de novas f\u00f3rmulas de organizaci\u00f3n sociais, econ\u00f3micas e pol\u00edticas. Esta revoluci\u00f3n \u00e9 comparable coa que provocou a imprenta.<br \/>\nA pesar disto, a ind\u00fastria do entretenemento, a maior\u00eda dos proveedores de servizos de comunicaci\u00f3ns e os centros de poder seguen a tirar proveito, baseando as s\u00faas actividades<br \/>\nprincipalmente no control e na escasez. E todo isto violando os dereitos dos cidad\u00e1ns\/ \u00e1s \u00e1<br \/>\neducaci\u00f3n, \u00f3 acceso \u00e1 informaci\u00f3n, \u00e1 cultura, \u00e1 ciencia e a tecnolox\u00eda, \u00e1 liberdade de expresi\u00f3n, \u00e1 inviolabilidade das comunicaci\u00f3ns e \u00e1 privacidade. Protexen intereses privados fronte o interese p\u00fablico da sociedade en xeral, tal e como actuou a Inquisici\u00f3n tra-la aparici\u00f3n da imprenta.<br \/>\nNon t\u00f3da-las instituci\u00f3ns, estructuras e convenci\u00f3ns do sistema actual sobrevivir\u00e1n se non son<br \/>\nquen de adaptarse \u00f3s novos tempos. As que sobrevivan veranse alteradas e redefinidas pola nova realidade, e \u00e9 posible que para elo precisen de esquemas de funcionamento totalmente distintos.<br \/>\nImplicaci\u00f3ns pol\u00edticas e econ\u00f3micas da Cultura Ceibe<br \/>\nA Cultura Ceibe ampl\u00eda os espazos para a implicaci\u00f3n cidad\u00e1, permitindo que un amplo abano de persoas e grupos participen e se impliquen en debates p\u00fablicos, reforzando a democracia en tempos de crise. A Cultura Ceibe \u00e9 unha condici\u00f3n previa para facer real a liberdade de expresi\u00f3n, axudando a reduc\u00ed- la fenda dixital, liberando o poder democr\u00e1tico das novas tecnolox\u00edas.<br \/>\nA Cultura Ceibe potencia novos modelos de implicaci\u00f3n cidad\u00e1 na provisi\u00f3n de bens p\u00fablicos e<br \/>\nde servizos baseados no procom\u00fan. E elo al\u00f3nxaa da forma convencional de actuar das instituci\u00f3ns tradicionais, demostrando a forza actual da sociedade civil. Reco\u00f1ecemo-lo procom\u00fan como unha forma distinta e desexable de goberno. \u201cO goberno do procom\u00fan\u201d fai referencia \u00e1s regras e os l\u00edmites necesarios e acordados para xestion\u00e1- la producci\u00f3n colectiva e o acceso a recursos compartidos. O goberno do procom\u00fan reco\u00f1ece e incorpora a participaci\u00f3n a inclusi\u00f3n, a transparencia, o acceso equitativo, e a sostenibilidade como obxectivos a conseguir a longo prazo.<br \/>\nEntendemos que a econom\u00eda social, xunto c\u00f3 mercado, constit\u00faen unha importante fonte de valor.<br \/>\nA incorporaci\u00f3n dunha nova e revitalizada idea do procom\u00fan ampl\u00eda o que entendemos por<br \/>\n\u201ceconom\u00eda\u201d e insta \u00f3s gobernos a respaldar o procom\u00fan do mesmo xeito que respalda a econom\u00eda de mercado.<br \/>\nA actual crise econ\u00f3mica mostrou os l\u00edmites do fundamentalismo asociado \u00f3 mercado, e ten<br \/>\nmostrado que os mercados sen control, baseados unicamente en instrumentos como a  competici\u00f3n e o interese propio, supo\u00f1en un risco xeral para a n\u00f3sa civilizaci\u00f3n. A filosof\u00eda da Cultura Ceibe, herdada do software ceibe, \u00e9 a maior demostraci\u00f3n emp\u00edrica de que unha nova \u00e9tica e unha nova empresa son posibles. Ten demostrado que existe unha nova forma de producci\u00f3n que funciona, baseada en habilidades e intercambios, onde o\/ a autor\/ a\/\/productor\/a no perde o control da producci\u00f3n e non precisa da mediaci\u00f3n de grandes monopolios. E f\u00edxoo base\u00e1ndose na iniciativa individual, na solidariedade con outros, con mecanismos de intercambio de acordo \u00e1s posibilidades e habilidades de cada persoa, democratizando o co\u00f1ecemento, na educaci\u00f3n, por medio dunha<br \/>\nproducci\u00f3n e unha distribuci\u00f3n xusta dos beneficios de acordo \u00f3 traballo realizado.<br \/>\nExpresamos a n\u00f3sa preocupaci\u00f3n polo benestar dos\/ as artistas, investigadores\/ as, autores\/ as e outros productores\/ as creativos\/ as. Nesta Carta propo\u00f1emos varias f\u00f3rmulas para recompensar colectivamente a creaci\u00f3n e a innovaci\u00f3n. O software ceibe, Wikipedia e outros moitos exemplos mostran que o modelo da Cultura Ceibe pode preservar a innovaci\u00f3n e que non son necesarios monopolios do co\u00f1ecemento para producir co\u00f1ecemento.<br \/>\nA sostibilidade da producci\u00f3n de co\u00f1ecemento e cultura depende do tipo de \u201cproducto\u201d (Por<br \/>\nexemplo os custos dunha pel\u00edcula son moi diferentes \u00f3s dunha enciclopedia online). Entre as<br \/>\niniciativas de Cultura Ceibe p\u00f3dense identificar varias formas e v\u00edas de sostenibilidade da<br \/>\nproducci\u00f3n. Algunhas destas v\u00edas est\u00e1n mais consolidadas que outras, as\u00edmesmo hai varias li\u00f1as de experimentaci\u00f3n. Un principio xeral presente \u00e9 a combinaci\u00f3n de varias v\u00edas de financiaci\u00f3n. Deste xeito gar\u00e1ntese unha maior independencia dos proxectos. Modelos inspirados na econom\u00eda social cunha orientaci\u00f3n comunitaria multipl\u00edcanse e presentan v\u00edas sostibles para os proxectos e o traballo. Algunhas das v\u00edas de financiaci\u00f3n dos proxectos colaborativos entre iguais xa postas en pr\u00e1ctica son: Doaz\u00f3ns e trocos non monetarios (Ex. agasallos, bancos de tempo); Financiaci\u00f3n directa (Ex. Subscripci\u00f3ns e doaz\u00f3ns ); Capital compartido (Ex. \u201cMatching Funds\u201d, cooperativas comunitarias ou de consumidores); Delega en fundaci\u00f3ns ou entidades legais que garantan a infraestructura \u00f3s proxectos; Financiaci\u00f3n p\u00fablica (Ex. Renta b\u00e1sica, becas, premios, subsidios, contratos p\u00fablicos e comisi\u00f3ns); actividades comerciais (inclu\u00edndo tanto bens como servizos) e combinaci\u00f3n de distribuci\u00f3n P2P e streaming a baixo custo. A combinaci\u00f3n destas diversas opci\u00f3ns conforman v\u00edas de viabilidade tanto para creadores independentes como para a industria.<br \/>\nNon apoiamos o traballo voluntario individual como estratexia das empresas comerciais para<br \/>\napropiarse do beneficio xerado colect\u00edvamente. Non cremos que sexa socialmente desexable<br \/>\npermitir que certas empresas e alianzas comerciais domi\u00f1en un segmento substancial do mercado.<br \/>\nA era dixital pode conducirnos cara un mundo m\u00e1is xusto e beneficioso para todo o mundo.<br \/>\nPor todo o anterior, N\u00f3s propo\u00f1emos:<br \/>\nEn primeiro lugar, transparencia: Prec\u00edsase transparencia nos procesos de regulaci\u00f3n e nas<br \/>\nactividades de lobby, inclu\u00edndo informaci\u00f3n sobre qu\u00e9n son as autoridades responsables da<br \/>\naplicaci\u00f3n da lei, os procedementos obrigatorios que se han de levar a cabo, evitando a violaci\u00f3n de calquer dereito fundamental. Os recursos e ferramentas dixitais poden engadir m\u00e1is transparencia e credibilidade \u00f3s procesos pol\u00edticos. As\u00ed mesmo, a existencia e acceso das infraestructuras e das ferramentas dixitais te\u00f1en que fundamentarse en procesos transparentes.<br \/>\nPropo\u00f1emos un sistema de tres avisos para aqueles que violen o dereito a saber da cidadan\u00eda.<br \/>\n2. Demandas legais<br \/>\nDende o punto de vista legal, temos identificado lagoas que existen nas regulaci\u00f3ns e tratados<br \/>\nnacionais e internacionais, e nas reformas que compren para rematar c\u00f3s abusos nas pol\u00edticas sobre a difusi\u00f3n da cultura, tanto nas relaci\u00f3ns legais privadas como nas pol\u00edticas p\u00fablicas internacionais.<br \/>\nEstas lagoas perxudican \u00f3 interese p\u00fablico e impiden o desenrolo dunha ind\u00fastria cultural posta \u00f3 d\u00eda.<br \/>\nOs intereses p\u00fablicos principais son todos de gran importancia: Respaldar e asegurar unha<br \/>\ncreaci\u00f3n continua de obras intelectuais polo s\u00e9u importante valor social, e asegurar que t\u00f3da-la cidadan\u00eda poda acceder a eles sen trabas, para unha gran variedade de usos.<br \/>\nA. Co\u00f1ecemento com\u00fan e Dominio P\u00fablico<br \/>\n1. Expansi\u00f3n do Dominio P\u00fablico e reducci\u00f3n dos periodos de Copyright.<br \/>\n2. Os resultados de investigaci\u00f3ns e obras intelectuais e culturais financiadas con fondos p\u00fablicos deber\u00edan ser de Dominio P\u00fablico.<br \/>\n3. Debe asegurarse que as obras no Dominio P\u00fablico sexan accesibles para a cidadan\u00eda en xeral.<br \/>\nB. Defensa do acceso \u00e1s infraestructuras tecnol\u00f3xicas e neutralidade na Rede<br \/>\n1. Os\/ as cidad\u00e1ns\/ \u00e1s te\u00f1en dereito a unha conexi\u00f3n a Internet que lles permita enviar e recibir o contido que desexen, us\u00e1-los servizos e aplicaci\u00f3ns que desexen, conectar o hardware e us\u00e1-lo softare que desexen, sempre que elo non dane a rede.<br \/>\n2. Os\/ as cidad\u00e1ns\/ \u00e1s te\u00f1en dereito a unha conexi\u00f3n a Internet ceibe de todo tipo de<br \/>\ndiscriminaci\u00f3n, xa consista \u00e9sta en bloquear, limitar ou priorizar determinados tipos de aplicaci\u00f3ns, servizos ou contidos, ou basada na ubicaci\u00f3n do emisor ou do receptor.<br \/>\n3. Non se deber\u00eda impor ningunha limitaci\u00f3n nen filtrado sen una orde xudicial previa.<br \/>\nC. Dereitos dos\/ as cidad\u00e1ns\/ \u00e1s en contexto dixital<br \/>\n1. DEREITO DE CITA con prop\u00f3sitos educativos ou cient\u00edficos, ou sinxelamente informativos, creativos ou outros calesquera.<br \/>\n2. DEREITO A COPIA PRIVADA cando a reproducci\u00f3n \u00e9 para uso privado ou para ser compartida entre iguais e non se obte\u00f1a ning\u00fan beneficio econ\u00f3mico, nen directo nen indirecto, de ela.<br \/>\n3. USO XUSTO: Dereito a acceder e a usar obras baixo copyright sen necesidade de<br \/>\nautorizaci\u00f3n dos propietarios do copyright, con prop\u00f3sito educativo, cient\u00edfico, informativo, sat\u00edrico ou accesorio \u00f3 proxecto creativo principal, sempre que se identifique e se cite correctamente a obra e se respecten t\u00f3do-los dereitos morais.<br \/>\nD. Est\u00edmulo da creatividade e a innovaci\u00f3n<br \/>\nExpresamo-la nosa preocupaci\u00f3n polo benestar dos artistas e autores. Propo\u00f1emos varias<br \/>\nf\u00f3rmulas para recompensar colect\u00edvamente a creaci\u00f3n art\u00edstica e a innovaci\u00f3n.<br \/>\n1. Os dereitos de autor patrimoniais non son sustitutivos dun soldo digno.<br \/>\n2. As desigualdades na capacidade de negociaci\u00f3n levan a situaci\u00f3ns inxustas entre as persoas<br \/>\nque crean e as entidades de comercializaci\u00f3n.<br \/>\n3. Cando existe unha explotaci\u00f3n comercial dunha obra, as regras relativas \u00f3s dereitos<br \/>\necon\u00f3micos deber\u00edan priorizar a protecci\u00f3n dos intereses econ\u00f3micos das comunidades creativas.<br \/>\n4. A abolici\u00f3n de t\u00f3do-los \u201cc\u00e1nons dixitais\u201d inxustos que sancionan indiscriminadamente no<br \/>\nnome da \u201ccompensaci\u00f3n dos\/ as artistas\u201d, e que tratan de penalizar actividades que non son<br \/>\ncriminais en modo alg\u00fan.<br \/>\n5. Os\/ as autores\/ as e creadores\/ as deber\u00edan ter sempre a posibilidade de rescind\u00ed-lo seu<br \/>\ncontrato co\u00e1s ENTIDADES DE XESTION de dereitos de autor.<br \/>\n6. Non deber\u00eda permitirse que as entidades de xesti\u00f3n de dereitos de autores sexan un<br \/>\nmonopolio, nin que \u00e9stas impidan \u00f3s artistas ou autores usar licencias ceibes.<br \/>\n7. As patentes que monopolizan calquer tipo de software, m\u00e9todo comercial, l\u00f3xica, algoritmo<br \/>\nmatem\u00e1tico, informaci\u00f3n xen\u00e9tica ou seres vivos, os procedementos industriais, regras de xogo, actividades intelectuales, ou de calquer otro tipo de desenrolo intelectual hum\u00e1n, deber\u00edan ser ilegais e non deben ser nunca concedidas.<br \/>\n3. Directrices para a educaci\u00f3n e o acceso \u00f3 co\u00f1ecemento<br \/>\nO apredizaxe \u00e9 un proceso de construcci\u00f3n social que ten lugar mediante o intercambio de<br \/>\nco\u00f1ecemento, experiencia, e dos diversos matices culturais. A cultura evoluciona a medida que o co\u00f1ecemento impregna \u00e1 sociedade. Entendemos a educaci\u00f3n como un proceso social que implica un amplo abano de actores educativos, tecnolox\u00edas, entidades e actividades, non s\u00f3 as oficiais e formais. A n\u00f3sa visi\u00f3n da educaci\u00f3n busca fomentar unha cultura de intercambio de co\u00f1ecemento e innovaci\u00f3n educativa que sexa eficiente e sostible.<br \/>\nOs seguintes puntos trazan os fundamentos esenciais para o proceso de ceibe desenrolo cultural e creaci\u00f3n de co\u00f1ecemento:<br \/>\nSoftware ceibe<br \/>\nO software ceibe (tam\u00e9n chamado de c\u00f3digo aberto) permite estudiar e aprender conceptos en<br \/>\nlugar de caixas negras, permite a transparencia en procesos de intercambio de informaci\u00f3n, asegura a competici\u00f3n e a innovaci\u00f3n, proporciona independencia de intereses corporativos e fai medra-la autonom\u00eda dos\/ as cidad\u00e1ns\/ \u00e1s.<br \/>\nPor todo elo, as instituci\u00f3ns educativas, e dem\u00e1is lugares nos que se dan procesos educativos<br \/>\ndeber\u00edan usar, promover e implementar software ceibe. Asimesmo, t\u00f3do-los programas<br \/>\ndesenrolados en entornos educativos con fondos p\u00fablicos deber\u00edan publicarse como software ceibe.<br \/>\nAcceso aberto<br \/>\nAs publicaci\u00f3ns de acceso aberto aseguran o acceso \u00f3s resultados da investigaci\u00f3n cient\u00edfica,<br \/>\ntanto para usos cient\u00edficos como para o p\u00fablico en xeral, potencian as posibilidades de aprendizaxe e permiten que distintas disciplinas descubran os resultados das outras.<br \/>\nPor todo elo, as universidades e centros de investigaci\u00f3n deber\u00edan adopt\u00e1-lo modelo de acceso<br \/>\nabertopara a publicaci\u00f3n de traballos de investigaci\u00f3n. A solicitude de patentes sobre os resultados de investigaci\u00f3ns financiadas con fondos p\u00fablicos deber\u00edan desaconsellarse. As patentes cuios titulares sexan instituci\u00f3ns p\u00fablicas deber\u00edan de se liberar de forma irrevocable e ceibes de regal\u00edas ou calquer outra restricci\u00f3n.<br \/>\nEst\u00e1ndares abertos<br \/>\nO uso de est\u00e1ndares abertos e formatos abertos \u00e9 esencial para asegur\u00e1-la interoperatividade<br \/>\nt\u00e9cnica, e tam\u00e9n proporciona igualdade de oportunidades para proveedores\/ as rivais, permite un acceso sen obst\u00e1culos \u00e1 informaci\u00f3n dixital e garante a disponibilidade do co\u00f1ecemento e a<br \/>\nmemoria social, agora e no futuro.<br \/>\n4. Necesidades estructurais para unha sociedade do co\u00f1ecemento de todos\/ as e<br \/>\npara todos\/ as<br \/>\nPrivacidade<br \/>\nOs\/ as cidad\u00e1ns\/ \u00e1s te\u00f1en dereito a:<br \/>\n\u2013 Navegar por Internet e acceder \u00f3s s\u00e9us contidos de maneira an\u00f3nima.<br \/>\n\u2013 Decidir en calquera momento trasladar, modificar ou cancelar os s\u00e9us datos de usuario de<br \/>\ncalquer servizo de Internet.<br \/>\n\u2013 Non sufrir interceptaci\u00f3n algunha das s\u00faas comunicaci\u00f3ns, e a poder cifr\u00e1-las s\u00faas<br \/>\ncomunicaci\u00f3ns.<br \/>\nDereito \u00e1s redes: Liberdade de uso, creaci\u00f3n e conexi\u00f3n<br \/>\n\u2013 A sociedade civil e a administraci\u00f3n p\u00fablica han de te-lo dereito a proveer e implementar<br \/>\nservizos de conexi\u00f3n a redes, inclu\u00edndo aqueles ofrecidos de maneira gratu\u00edta e sen condici\u00f3ns \u00f3s cidad\u00e1ns.<br \/>\nInfraestructuras e regulaci\u00f3n do mercado<br \/>\n\u2013 Neutralidade: A neutralidade da Rede debe ser garantida (l\u00e9ase Glosario de termos e<br \/>\ndemandas legais secci\u00f3n C, para unha definici\u00f3n m\u00e1is precisa).<br \/>\n\u2013 Simetria: Os proveedores de acceso a Internet deben garantir conexi\u00f3ns sim\u00e9tricas ou unha<br \/>\nproporci\u00f3n de carga\/ descarga razoable. Deber\u00eda existir un acceso \u00e1 banda ancha a prezos asequibles para calquer cidad\u00e1n.<br \/>\n\u2013 Diversidade: Deber\u00edan evitarse os monopolios nas infraestructuras de telecomunicaci\u00f3ns.<br \/>\nNon deber\u00eda permitirse que as operadoras de telecomunicaci\u00f3ns ofrezan o servizo de bucle local conx\u00fantamente con outros servizos de telecomunicaci\u00f3ns. Non se debe permitir que o mesmo accionista controle empresas que proporcionan o servizo de bucle local e empresas que<br \/>\npromocionan outros servizos de telecomunicaci\u00f3ns. Ningunha empresa de telecomunicaci\u00f3ns debe controlar m\u00e1is do 25% do mercado de calquer servizo. Pode haber excepci\u00f3ns a esta cuota para redes operadas polo sector p\u00fablico.<br \/>\nAdministraci\u00f3n p\u00fablica<br \/>\n\u2013 O sector p\u00fablico, os proxectos financiados con fondos p\u00fablicos e aqueles que impliquen \u00f3s<br \/>\ncidad\u00e1ns por lei, ou de maneira que afecte \u00f3s s\u00e9us dereitos fundamentais, deber\u00edan usar sempre software ceibe e est\u00e1ndares abertos.<br \/>\n\u2013 Cando non exista unha soluci\u00f3n ceibe ou est\u00e1ndares abertos, o goberno ou a administraci\u00f3n<br \/>\np\u00fablica competente deber\u00eda promov\u00e9-lo desenrolo do software que sexa necesario.<br \/>\n\u2013 Os gobernos deben garantir un acceso gratu\u00edto a Internet non exclusivo, independentemente<br \/>\ndo lugar de residencia de cada cidad\u00e1n.<br \/>\nC\u00f3mo deber\u00edase de proceder na administraci\u00f3n p\u00fablica en temas de evaluaci\u00f3n e compra de<br \/>\nsoftware<br \/>\n\u2013 A merca p\u00fablica de software deber\u00eda avali\u00e1-lo custo total do s\u00e9u uso, inclu\u00eddos os custos de<br \/>\ndeixar de us\u00e1-lo e de migrar a un software alternativo.<br \/>\n\u2013 A contabilidade p\u00fablica deber\u00eda distinguir claramente os custos das licencias de software, o<br \/>\nmantemento, o soporte t\u00e9cnico, e o servizo, desvincul\u00e1ndoos dos do hardware.<br \/>\n5. Membros do FCForum<br \/>\n1 eXgae 38 ScriptumLibre<br \/>\n2 Networked Politics 39 Felix Stalder<br \/>\n3 Mayo Fuster Morell 40 Franziska Heine<br \/>\n4 P2P Foundation 41 Dmytri Kleiner<br \/>\n5 Michel Bauwens 42 Anne Ostergaard<br \/>\n6 Consumers International 43 Jack J. Marxer<br \/>\n7 Electronic Frontier Foundation (EFF) 44 Alan Toner<br \/>\n8 David Bollier 45 Roberto Santos<br \/>\n9 Knowledge Ecology International \/ James 46 Asociaci\u00f3n de Internautas \/ Javier Cuchi<br \/>\nLove 47 Epidemia \/ Pablo Ortellado<br \/>\n10 Free Knowledge Institute (FKI) 48 Kim Tucker<br \/>\n11 La Quadrature du Net 49 La Casa Invisible<br \/>\n12 ScambioEtico 50 Margarita Padilla<br \/>\n13 Amelia Andersdotter eurodeputy from 51 Guifi<br \/>\nPirat Partiet 52 Mario Pena<br \/>\n14 European Digital Rights (EDRI) 53 Traficantes de Sue\u00f1os<br \/>\n15 Creative Commons Espa\u00f1a\/ Ignasi La- 54 Platoniq<br \/>\nbastida 55 Yproductions<br \/>\n16 Transnational Institute\/Hilary Wainwright 56 Jamie King<br \/>\n17 Students for Free Culture 57 Vittorio Bertola<br \/>\n18 Free Software Foundation India 58 Marco Berlinguer<br \/>\n19 Nagarjuna G. 59 Universidad N\u00f3mada<br \/>\n20 John Howkins 60 ASACC \/ Carmen Zapata<br \/>\n21 Foundation for a Free Information Infras- 61 REEM<br \/>\ntructure (FFII)\/ Alberto Barrionuevo 62 Toni Verger<br \/>\n22 ALQUA 63 Science, Education and Learning in Free-<br \/>\n23 Isaac Hacksimov dom (SELF)<br \/>\n24 Dyne.org Foundation\/Denis Jaromil Roio 64 Ignacio de Castro Arribas<br \/>\n25 The Open Standards Alliance\/Stefan Mar- 65 Maria Claudia de Azevedo Borges<br \/>\nsiske 66 Exit<br \/>\n26 David Evan Harris 67 CSDVA<br \/>\n27 David Hammerstein 68 La impr\u00f2pia<br \/>\n28 Joan Subirats 69 Josean Llorente<br \/>\n29 Fundaci\u00f3n Karisma<br \/>\n30 Carlos Sanchez Almeida<br \/>\n31 Conservas<br \/>\n32 FLOSS Manuals<br \/>\n33 David Maeztu<br \/>\n34 Josep Jover<br \/>\n35 Patricia Vila<br \/>\n36 Javier Candeira<br \/>\n37 IT-Political Association<br \/>\n6, Adhesiones<br \/>\n1 Gnowledge lab<br \/>\nTo be continued&#8230;<br \/>\nVersi\u00f3n completa<br \/>\nA versi\u00f3n completa deste documento, con referencias, fontes e un glosario, est\u00e1 dispo\u00f1ible en http:\/\/fcforum.net\/charter_extended<br \/>\nLicencia dual<br \/>\nEsta carta est\u00e1 publicada cunha licencia dual. Podes volvela a publicar<br \/>\nusando calquera destas licencias:<br \/>\n\u2022 Creative Commons Reco\u00f1ecemento- Compartir baixo a mesma<br \/>\nlicencia 3,0 Unported.<br \/>\n\u2022 Licencia de documentaci\u00f3n ceibe de GNU<br \/>\nCr\u00e9ditos e Reco\u00f1ecemento<br \/>\nA traducci\u00f3n \u00f3 galego desta carta \u00e9 unha obra derivada do orixinal, titulada \u201cCarta por la<br \/>\ninnovaci\u00f3n, la creatividad y el acceso al conocimiento\u201d que se ode atopar en<br \/>\nhttp:\/\/fcforum.net\/files\/carta-castellano.corta.pdf . A traducci\u00f3n \u00f3 galego \u00e9 de Iv\u00e1n Navas, Bodescu, lic\u00e9nciase dual baixo os mesmos termos do orixinal e p\u00f3dese atopar nun mirror no s\u00e9u sitio web, http:\/\/www.guiasinformaticas.es\/wp-content\/carta_corta_gal.pdf, adem\u00e1is de na p\u00e1xina web do FCForum.<br \/>\nHttp:\/\/fcforum.net<br \/>\nBarcelona, 1<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana, co que vai con retraso, e d\u00e9ixoo aqu\u00ed tal cual o atopei en galego, sendo consciente que a traslaci\u00f3n \u00e1 nosa lingua \u00e9 mellorable] Dereitos dos \/as cidadans\/\u00e1s e artistas na era dixital Incl\u00fae soluci\u00f3ns legais, inmediatas e urxentes N\u00f3s, unha coalici\u00f3n inclusiva provinte de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[40],"class_list":["post-8618","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8618","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8618"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8618\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8618"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8618"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8618"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}