{"id":8616,"date":"2009-12-15T13:06:00","date_gmt":"2009-12-15T12:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:04:59","modified_gmt":"2024-11-12T14:04:59","slug":"no-apartado-marina-de-el-progreso-de-15","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/15\/no-apartado-marina-de-el-progreso-de-15\/","title":{"rendered":"Distinguindo en torno \u00e1 Atalaia"},"content":{"rendered":"<p>No apartado A Mari\u00f1a de El progreso de 15 de decembro de 2009 aparece na segunda p\u00e1xina o t\u00edtulo \u201cEl ascensor panor\u00e1mico de A Atalaia empezar\u00e1 a funcionar en febrero\u201d, seguido do subt\u00edtulo \u201cEs el primero de estas caracter\u00edsticas en la comarca y revalorizar\u00e1 una zona del casco antiguo\u201d.<br \/>\nEstiven mirando a nova polo mi\u00fado e non aparece a citaci\u00f3n de quen opina que revalorizar\u00e1 unha zona do casco vello. Non me extrana.<br \/>\nDespois de tempo xa de oposici\u00f3n a un ascensor pola AVV O Tes\u00f3n, e de seguir a constru\u00edrse, coido que o m\u00ednimo \u00e9 facer unha matizaci\u00f3n: pode que as obras de mellora emprendidas para a comunicaci\u00f3n de diversas zonas (Cabanela, Atalaia, Porcill\u00e1n, Trinidade) sexan benvidas e que o orzamento correspondente vaia asociado \u00f3 ascensor. A benvida de accesos \u00e9 unha opini\u00f3n discutible respecto \u00e1 primeira parte, e m\u00e1is despois de implicar a conservaci\u00f3n da capela, e no que atinxe \u00e1 segunda, o orzamento conxunto, pode considerarse un xeito de facer as cousas. Pero o que non pode considerarse nin respecto a opini\u00f3n nin \u00f3  xeito de facer as cousas \u00e9 a indivisibilidade de ambas obras, misturando ascensor e mellora de accesos \u00e1 Atalaia como se foran unha.<br \/>\nChamar \u00f3 ascensor de panor\u00e1mico, cando est\u00e1 rodeado dunha mole de formig\u00f3n e precisamente fastidia boa parte da vista do mirador, dicir que salva un desnivel de m\u00e1is de 40 m cando s\u00f3 \u00e9 unha opci\u00f3n para a metade, ou non falar do seu mantemento (parece mesmo que non vai dispor de control de acceso, segundo a mesma nova), son enganos para, como se dic\u00eda antes, facer comulgar con rodas de mu\u00ed\u00f1o. Pode haber mesmo a quen lle guste a estrutura (coido que \u00e9 abonda xente m\u00e1is a que opina o contrario), pois pode considerarse &#8216;cuesti\u00f3n de gustos&#8217;, pero non pode haber quen opine que o mirador da Atalaia queda cercenado, pois non \u00e9 cuesti\u00f3n de opini\u00f3n, \u00e9 un feito. O mesmo se pode aplicar a outras destas opini\u00f3ns e feitos, que non son comparables.<br \/>\nSupo\u00f1o que porque non houbo oposici\u00f3n abonda (a pesar de ser maioritaria) o proxecto seguiu adiante e o ascensor agora est\u00e1 constru\u00eddo. Pero que este\u00f1a constru\u00eddo non o fai bo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No apartado A Mari\u00f1a de El progreso de 15 de decembro de 2009 aparece na segunda p\u00e1xina o t\u00edtulo \u201cEl ascensor panor\u00e1mico de A Atalaia empezar\u00e1 a funcionar en febrero\u201d, seguido do subt\u00edtulo \u201cEs el primero de estas caracter\u00edsticas en la comarca y revalorizar\u00e1 una zona del casco antiguo\u201d. Estiven mirando a nova polo mi\u00fado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,26,9],"class_list":["post-8616","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8616","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8616"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8616\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8616"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8616"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8616"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}