{"id":8596,"date":"2009-12-26T02:07:00","date_gmt":"2009-12-26T01:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:04:23","modified_gmt":"2024-11-12T14:04:23","slug":"un-artigo-contestacion-por-que-voltas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/26\/un-artigo-contestacion-por-que-voltas\/","title":{"rendered":"Un artigo contestaci\u00f3n a &#8220;Por que a voltas co galego&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Recib\u00edn a petici\u00f3n de publicar o artigo seguinte, contestaci\u00f3n a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/12\/por-que-voltas-co-galego.html\">outro de Pancho Campos, &#8220;Por que a voltas co galego?<\/a>&#8220;, e despois da traducci\u00f3n consentida, aqu\u00ed vai, non sen antes lembrar unha pequena nota \u00f3 p\u00e9 da p\u00e1xina principal do blog, &#8220;En caso de publicaci\u00f3n de artigos de terceiros, as opini\u00f3ns verquidas neles non te\u00f1en por que coincidir coas mantidas polo blogueiro&#8221; (neste caso, son algo m\u00e1is que as opin\u00f3ns, son mesmo os datos manexados).<br \/>\n&#8212;<\/p>\n<p>Vivir en galego, obriga ou opci\u00f3n?<\/p>\n<p>Despois de ler o artigo de Pancho Campos Dorado, intentarei ser algo mas escueto, a\u00ednda que se alongou tanto, que non sei se poderei.<br \/>\n1\u00ba \/ Preguntabas, a trav\u00e9s do titulo do teu artigo \u00bfPor qu\u00e9 a voltas co galego? Contestaci\u00f3n: &#8211; Un amigo teu e compa\u00f1eiro de partido, neste semanario, sempre est\u00e1 con temas sobre o galego \u201carrimando a ascua \u00e1 s\u00faa sardi\u00f1a\u201d. Alg\u00fan dereito teremos a dicir os que non opinamos como el. Non crees? Ou s\u00f3 podedes opinar os do Bloque?<br \/>\n2\u00ba\/ Mira Pancho, (con papeis, cousa que moitos non poden) conseguir\u00eda demostrarche que prove\u00f1o dunha familia radicada nesta vila desde antes do ano 1700. Se polo feito de defender eu o biling\u00fcismo, consideras que a mi\u00f1a opini\u00f3n faime menos galego que ti, est\u00e1s moi, pero que moi equivocado. Iso \u00e9 a gran equivocaci\u00f3n dos do BNG, cr\u00e9desvos mas papistas que o papa e as\u00ed vanvos os resultados.<br \/>\n3\u00ba \/ Non sei como les ou interpretas os artigos. En ning\u00fan momento impuxen ou insinuei o que cada un ten que falar. Sodes v\u00f3s, unha minor\u00eda (16% do electorado) os que intentades impor \u00e1 maior\u00eda algo que esta rexeita. A proba?: O programa do P.P. optaba polo biling\u00fcismo e a sociedade galega maioritariamente apoiouno, e iso parece que non o remat\u00e1chedes de dixerir. O galego, imp\u00f3ndelo os do BNG arrinconando ou eliminando o Espa\u00f1ol. Non hai m\u00e1is que ver os panfletos que do Concello de Ribadeo anuncian alg\u00fan evento. Como poder\u00e1s comprobar est\u00e1n s\u00f3 en galego. O mesmo ocorre cos indicadores no n\u00facleo urbano. Non \u00e9 isto unha descortes\u00eda cara aos forasteiros que residen na nosa vila ou que ve\u00f1en a co\u00f1ecela? Non estamos en Espa\u00f1a?&#8230;Claro que, a v\u00f3s ese nome pouco ou nada vos importa. No tocante \u00f3 querer optar por un traballo na Administraci\u00f3n P\u00fablica, penso de distinto xeito ca ti. Estamos en Espa\u00f1a, polo tanto, igual dereito ter\u00eda a optar a un posto de traballo un madrile\u00f1o, andaluz etc., independentemente que soubese ou non falar galego, tendo en conta que a lingua com\u00fan para todos os espa\u00f1ois \u00e9 o castel\u00e1n. Pero iso aos nacionalistas \u201catrag\u00e1ntasevos\u201d. \u00c9 o colmo da estupidez que nunha rexi\u00f3n \u201cespa\u00f1ola\u201d, Galicia, se punt\u00fae m\u00e1is un curso de galego que o bo curr\u00edculo da persoa que vai a opositar.<br \/>\n4\u00ba\/ Si, si, xa sei o que foi \u201cNunca mais\u201d. Un movemento, utilizado politicamente polo BNG, que supostamente pretend\u00eda desacreditar a xesti\u00f3n do Goberno do P.P. Tam\u00e9n a mesma plataforma, mobilizou \u00e1 xente en contra da guerra de Iraq. Onde est\u00e1n agora, os desa mesma plataforma, con outra guerra, a de Afganist\u00e1n, e 88 espa\u00f1ois mortos en combate? Demasiada hipocris\u00eda, amigo Campos. Quizais o Sr. Zapatero ordenou aos deputados do BNG manter o pico cerrado sobre esta guerra a cambio de certas prebendas.<br \/>\n4\u00ba \/ Interpretas todo como che d\u00e1 a gana. Cando falo de estrepitoso fracaso ref\u00edrome \u00e1s elecci\u00f3ns auton\u00f3micas, e non \u00e1 manifestaci\u00f3n. A ver se interpretamos ben, para evitar o equivocarte.<br \/>\nA que ti defines como mini-manifestaci\u00f3n a favor do biling\u00fcismo \u00e9 preciso matizar que chov\u00eda a c\u00e1ntaros e non por iso a xente se cortou. Alg\u00fans borregos, que non vacas, intentaron boicoteala, sabes demasiado ben a que tribo pertenc\u00edan os borregos. Insultos \u00f3s manifestantes, pedradas, agresi\u00f3ns, dous polic\u00edas feridos por defender a liberdade a manifestarse das persoas al\u00ed concentradas\u2026!! Dez foron os \u201cdem\u00f3cratas nacionalistas\u201d detidos. Dem\u00f3cratas, verdade?<br \/>\n4\u00ba \/ Os comerciantes rotulan como lles sae\u2026 Ningu\u00e9n lles ten que impor nada. O seu nome porano en castel\u00e1n, galego ou ingl\u00e9s etc. dependendo de como se chamen ou como lles guste!! Pero sodes tan dem\u00f3cratas que pretendiades por pelotas \u201cobrigar\u201d a rotular en galego.<br \/>\n5\u00ba \/ Nova equivocaci\u00f3n t\u00faa ao afirmar que digo: \u201cO castel\u00e1n est\u00e1 arrinconado en Galicia\u201d. Mentira!! Eu dixen (repasa o meu artigo) \u201cQue a intenci\u00f3n do BNG cando pisou moqueta vermella era impor o galego no ensino e deixar arrinconado ao castel\u00e1n, algo que sigo mantendo e que cambia bastante da interpretaci\u00f3n que fas sobre o meu escrito.<br \/>\nCando falo ou digo que o castel\u00e1n desapareceu dalg\u00fans sitios ref\u00edrome \u00e1s administraci\u00f3ns p\u00fablicas ou os \u201cmedios de comunicaci\u00f3n p\u00fablicos galegos\u201d Todo o mundo p\u00f3deo constatar, \u00e9 evidente. Ti fas menci\u00f3n do privado, a empresa privada, que, afortunadamente ata agora, pode elixir a lingua que lle d\u00e1 a gana.<br \/>\n6\u00ba \/ Repr\u00f3chasme e insin\u00faas a mi\u00f1a falta de esp\u00edrito democr\u00e1tico, por dicir: \u201cAos nacionalistas canto mas se lles d\u00e1 mas queren\u201d \u00bf\u00c9 que os franceses son antidem\u00f3cratas por non permitir que nos colexios se estude a lingua bretona ou a vasca? \u00bf\u00c9 que eu son antidem\u00f3crata por pensar diferente a como o fas ti? O cancro do pa\u00eds son as autonom\u00edas amigo meu\u2026 e ser\u00e1n a s\u00faa ru\u00edna, pero isto ser\u00eda outro tema.<br \/>\n7\u00ba\/ Falas de dereitos, algo que est\u00e1 moi de moda en todas as bocas, pero moitos son os que se esquecen de que \u201cpara esixir dereitos hai que cumprir cuns deberes\u201d. O axioma \u201cSen deberes non hai dereitos\u201d \u00e9 mais sinxelo que todo o rollo que longas, pois enrred\u00e1desvos cos dereitos. Para os nacionalistas todos son dereitos, pero os deberes nunca os mencionades.<br \/>\nMentres non vos despoxedes dese radicalismo sectario, nesta terra galega, pouco ou nada ides facer.<br \/>\n8\u00ba \/ Tedes todo o dereito a observar favor da independencia, faltar\u00eda m\u00e1is! Pero esqueces algo (e a\u00ed radica a grandeza da democracia) a maior\u00eda do pobo galego est\u00e1 en contra. A proba?: s\u00f3 contades co apoio \u00e1s vosas teses do 16% do pobo galego, no 2005 ti\u00f1ades o 19%. Como ves baixou o term\u00f3metro, baixou a febre nacionalista\u2026 e seguir\u00e1 baixando, pois est\u00e1 abondo claro que Galicia non \u00e9 nacionalista. Somos espa\u00f1ois, a\u00ednda que respecto ao que pensa coma ti.<br \/>\nEu, Pancho, estou moi ben onde estou, en Espa\u00f1a, e ningu\u00e9n, por iso p\u00edsame a conciencia. Galego si! Pero ante todo e por riba de todo espa\u00f1ol!.<br \/>\n9\u00ba \/ Dis que es socio da Mesa pola Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica. Par\u00e9ceme moi ben. Pero cando dis a continuaci\u00f3n: Ser\u00e1 porque son demasiado galego?. A iso t\u00e9\u00f1oche que responder. Non!!! \u00c9lo porque te cres m\u00e1is galego que os que non pensamos coma ti. Pero non es nin m\u00e1is nin menos galego que eu, a pesar das diferenzas en opini\u00f3ns que temos. O crerse estar por riba da opini\u00f3n dos demais, aproveitando a lingua como bandeira, \u00e9 o voso erro, e as\u00ed vos luce o pelo en todas as elecci\u00f3ns auton\u00f3micas.<br \/>\n10\u00ba \/ Mentes, e non me gusta a palabra, cando dis que o P.P. xa perdeu unhas elecci\u00f3ns, l\u00e9mbrote que no 2005 o P.P. obtivo 37 deputados, o PSOE 25 e o BNG 13. Outra cousa \u00e9 que a uni\u00f3n, nada \u00e9tica a\u00ednda que legal, do PSOE e BNG evitase gobernar ao partido mas votado, con gran diferenza respecto aos demais \u2026 Pero as\u00ed vos foi a posteriori.<br \/>\nSi Pancho, si que falo galego e ti s\u00e1belo moi ben, pois cando nos atopamos sempre o falamos, pero \u00e9 o galego de San Miguel, dos campos de Folgosa, ou de Ribadeo. \u00c9 o galego que sempre falamos. O noso. Non esoutro galego \u201cinventado\u201d e sacado sabe Deus de onde, que ser\u00e1 o causante de arrinconar e esquecer o galego que de sempre falamos durante xeraci\u00f3ns.<br \/>\n11 \/ Dis que somos un pobo que podemos desaparecer. Imax\u00ednome que te referir\u00e1s \u00e1 lingua, ao idioma. Pero mira Pancho, os sentimentalismos hai que deixalos a unha beira. As linguas, inclu\u00eddos os pobos, p\u00e1salles como a todo: \u201cNacen, viven e morren\u201d. Lei de vida. A historia est\u00e1 a\u00ed para lembr\u00e1rnolo.<br \/>\nJose Luis Garcia de Presno<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recib\u00edn a petici\u00f3n de publicar o artigo seguinte, contestaci\u00f3n a outro de Pancho Campos, &#8220;Por que a voltas co galego?&#8220;, e despois da traducci\u00f3n consentida, aqu\u00ed vai, non sen antes lembrar unha pequena nota \u00f3 p\u00e9 da p\u00e1xina principal do blog, &#8220;En caso de publicaci\u00f3n de artigos de terceiros, as opini\u00f3ns verquidas neles non te\u00f1en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8596","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8596","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8596"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8596\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8596"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8596"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8596"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}