{"id":8593,"date":"2009-12-27T05:26:00","date_gmt":"2009-12-27T04:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:04:19","modified_gmt":"2024-11-12T14:04:19","slug":"un-artigo-sobre-sanidade-que-pasa-na","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/27\/un-artigo-sobre-sanidade-que-pasa-na\/","title":{"rendered":"Un artigo sobre sanidade: \u00bfQue pasa na sanidade p\u00fablica da Mari\u00f1a?"},"content":{"rendered":"<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p> Desde o d\u00eda oito de Outubro do 2009, constitu\u00eduse unha Plataforma Cidad\u00e1 en Defensa da \u00c1rea Sanitaria Norte da provincia de Lugo, esto \u00e9, da \u00c1rea da Mari\u00f1a en defensa do Hospital da Costa de Burela. Dita Plataforma conf\u00f3rmase con todo tipo de asociaci\u00f3ns e organizaci\u00f3ns veci\u00f1ais, culturais, deportivas, etc., as\u00ed como, alcald\u00edas, partidos pol\u00edticos e organizaci\u00f3ns sindicais da Mari\u00f1a que quixeron integrarse. Quedou, por tanto, constitu\u00edda unha Plataforma, moi s\u00f3lida nos seus principios. Na segunda reuni\u00f3n nom\u00e9anse a uns membros portavoces, para que vaian explicando polos Concellos da Mari\u00f1a, o por qu\u00e9 das inquedancias que levantou a Administraci\u00f3n Sanitaria da Xunta de Galiza, debido a comentarios que alguns dos seus membros fixeron nos medios de comunicaci\u00f3n.<br \/>\nO d\u00eda 14 de Outubro m\u00e1ndanse cartas o Ilmo. Sr. Presidente da Xunta, a Conseller\u00eda de Sanidade e o Xerente do SERGAS, para que env\u00eden por escrito o que de viva voz se dixo nos medios, xa que a preocupaci\u00f3n da Plataforma era e \u00e9, o cambio da Xerencia Econ\u00f3mica de Burela para Lugo, cre\u00e1ndo unha Xerencia \u00danica para toda a provincia. Esto, que \u00e9 o cabalo de batalla da Plataforma, creemos que \u00e9 totalmente nefasto para o Hospital da Costa, e polo tanto para todos os cidad\u00e1ns mari\u00f1anos que nos beneficiamos dos servizos de un bon hospital en Burela.<br \/>\n Pois ben. A Conselleira de Sanidade, Sra. D\u00aa Pilar Farjas Abad\u00eda, env\u00eda un escrito a Plataforma \u00c1rea Sanitaria Norte con fecha de 16-novembro-2009, en constestaci\u00f3n a carta remitida pola Plataforma, na que dice: \u201co noso proxecto non incl\u00fae a modificaci\u00f3n do mapa sanitario&#8230; que o Hospital de Burela non s\u00f3 ser\u00e1 a referencia sanitaria da Mari\u00f1a, sen\u00f3n que se reforzar\u00e1 tanto en servizos como en especializaci\u00f3n e autonom\u00eda, para ser un hospital mellor e m\u00e1is completo do que \u00e9 hoxe. Investimos nel porque cremos no hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido Popular quen o creou e ser\u00e1 un goberno do Partido Popular quen potencie o hospital de Burela\u201d.<br \/>\n Aqu\u00ed hai que aclarar que en 1986 cando se inaugura o Hospital, non poido o PP crear nada, pois non exist\u00eda, as\u00ed que esta \u00faltima parte, sobra, e si unha carta oficial ten p\u00e1rrafos falsos e est\u00e1 redactada coa m\u00e1is pura demagoxia pol\u00edtica, calquera representaci\u00f3n cidadana xa ten bastante para sospeitar de todo o seu contido. Pois a Plataforma \u00c1rea Sanitaria Norte non ten car\u00e1cter pol\u00edtico, e sempre o deixamos moi claro os membros que a representamos, pois cremos que tanto enferman os cidad\u00e1ns de esquerdas, de dereitas, do centro ou os que lles importa un pimento o cor da pol\u00edtica. Esto \u00e9 unha cuesti\u00f3n cidadana, unha cuesti\u00f3n de usu\u00e1rios, e non de reivindicaci\u00f3ns laborales que te\u00f1en outros c\u00e1uces e m\u00e9todos de protesta.<br \/>\n Cando nos dicen que nas reformas \u201cnon se incl\u00fae a modificaci\u00f3n do mapa sanitario\u201d, cre\u00e9molo a \u201cpie juntillas\u201d pois este concepto territorial que afecta a catorce Concellos da \u00c1rea Sanitaria de Burela, sabemos que de ningunha maneira se pode mover, pois a\u00ednda contratando a t\u00f3dalas paleadoras das empresas de autopistas para aterrar a Mari\u00f1a para Lugo, non creo que sexan capaces de facelo en este s\u00e9culo. Pero a influencia do Hospital da Costa de Burela, s\u00ed pode cambiar si se lle saca a Xerencia Propia por unha Xerencia \u00danica centralizada en Lugo.<br \/>\n Vexamos. Cando nos dicen: \u201cqueremos que t\u00f3dolos galegos, vivan onde vivan, te\u00f1an uns servizos sanitarios de calidade, accesibles e que melloren d\u00eda a d\u00eda\u201d, aqu\u00ed na Mari\u00f1a xa temos todo esto de calidade e accesible, polo que non hai nada de novo, e a Conselleira s\u00f3 lle ped\u00edmos que cumpla coa coletilla final \u201cque melloren d\u00eda a d\u00eda\u201d, o que dudamos moit\u00edsimo, xa que non responde as preguntas da Plataforma e de diversos colectivos, de si se vai manter ou non a Xerencia de Burela, pois centralizala en Lugo, ser\u00e1 nefasto para o bon funcionamento do Hospital da Costa de Burela, pois a toma de decisi\u00f3ns e os recursos materiais e humanos, ser\u00e1n cambiados a favor das prioridades de Lugo coa Xesti\u00f3n central.<br \/>\n \u00bfPor qu\u00e9 pensamos esto?. Pois ben. Est\u00e1n para abrir en Lugo un hospital novo que seg\u00fan nos dicen, vai a ser un hospital dos millores de Europa (o cal non po\u00f1emos en duda), e que contar\u00e1 con unha dotaci\u00f3n de varios centos de profesionais especializados, os cuales a d\u00eda de hoxe non existen ou non est\u00e1n libres e disponibles en toda Galiza, polo que se recurrir\u00e1 a acadalos dos hospitales orbitales, como \u00e9 Burela ou Monforte. E cando leven a un profesional de Burela, para traballar en Lugo, os cidad\u00e1ns da Mari\u00f1a, teremos que trasladarnos a Lugo, \u00bfen que especialidades?&#8230; a d\u00eda de hoxe non se sabe&#8230; pero sin duda na que faga falta en Lugo, e esto s\u00ed ser\u00e1 en detrimento para o poder adquisitivo do cidad\u00e1n da Mari\u00f1a, que perder\u00e1 os dereitos que ten desde fai pouco m\u00e1is de 20 anos, e que a Plataforma tampouco quere perdelos en aras de non se sabe ben que \u201caforro do erario p\u00fablico\u201d.<br \/>\n Como exemplos da nosa inquedancia, podemos citar:<br \/>\n1) Fai pouco traslad\u00f3use de Monforte por uns d\u00edas un anestesista para Lugo, con todo o seu equipo de anestesia, esto \u00e9 botellas, monitores, etc. Esto, parecer\u00e1 unha tonter\u00eda, pero \u00e9 simple e llanamente, un ataque na l\u00ednea de flotaci\u00f3n do traballo en quir\u00f3fanos, pois \u00bfqu\u00e9 nos importa que te\u00f1amos o millor ciruxano no quir\u00f3fano, sin\u00f3n ten as condici\u00f3ns e ferramentas esenciales para traballar? E concadenado a esto&#8230; si o ciruxano non pode traballar en Monforte ou en Burela&#8230;\u00bfque fai aqu\u00ed? haber\u00e1 que levalo a donde poida traballar&#8230; si non hai ciruxanos&#8230; \u00bfpara que queremos quir\u00f3fanos?&#8230;. etc. etc.<br \/>\n2) En Burela hai catro quirofanos grandes e dous pequenos&#8230; e por raz\u00f3s completamente alleas o sentir de esta Plataforma Cidad\u00e1, non est\u00e1n a traballar polas tardes, e esto crea listas de espera cada vez m\u00e1is longas, non s\u00f3 na gran cirux\u00eda, sen\u00f3n tamen na cirux\u00eda de ambulatorio.<br \/>\n3) As listas de espera en Burela, desde o cambio de Goberno na Xunta, multiplic\u00e1ronse sabe Deus por canto, m\u00e1is de dez veces seg\u00fan expertos profesionais do asunto. Esto trae unha masificaci\u00f3n na espera tan sumamente grande, que despois de levar un tempo, si a un paciente lle propo\u00f1en solucionar a s\u00faa doenza en un hospital privado ou concertado, a xente xeralmente acepta, a\u00ednda que gaste t\u00f3dolos seus aforros, e \u00e9 desviada de forma alarmante, do P\u00fablico para o Privado \u00a1e a esto, desde logo, non se lle pode chamar: magn\u00edfica xesti\u00f3n, como nos pretenden dar a entender para o aforro dos bienes do erario p\u00fablico&#8230; nin do cidad\u00e1n galego, esto \u00e9 simplemente, que por parte da Xunta apostan por un cambio de rumbo hacia a privatizaci\u00f3n da Sanidade P\u00fablica. \u00a1E non fai falta ser moi listo para ver esto!<br \/>\n4) O Deputado D. Jos\u00e9 Manuel Balseiro, m\u00e1ndonos carta certificada que recibimos con fecha de 10-novembro-2009 a AVV O Tes\u00f3n de Ribadeo (supo\u00f1o que o igual que a t\u00f3dalas AAVV que se solidarizaron coa Plataforma), na que nos dice que: \u201ca Conseller\u00eda de Sanidade confirma non xa o mantemento da \u00e1rea sanitaria da Mari\u00f1a lucense, sen\u00f3n tam\u00e9n que o Hospital da Costa seguir\u00e1 a ser referencia sanitaria da nosa comarca. No mesmo escrito (ref\u00e9rese o escrito adxunto da resposta N\u00ba9315 do Parlamento de Galicia, 2-nov-2009) os novos responsables da Xunta asumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario de Burela, tanto en servizos como en especializaci\u00f3n e autonom\u00eda\u201d&#8230; e remata dec\u00edndonos: \u201cDesexo saiba comprender o importante que dar a co\u00f1ecer neses actos informativos (os da Plataforma Sanitaria) a posici\u00f3n oficial da Xunta a este respecto\u201d.<br \/>\n Nos apartados 2)e 3) queda claro o \u201creforzo de servizos e a autonom\u00eda\u201d que se est\u00e1 levando a cabo no Hospital de Burela. Por outra banda, calquera que entre nas p\u00e1xinas do Hospital de Burela, pode ver a nova denominaci\u00f3n: \u201cXunta de Galicia Conseller\u00eda de Sanidade Servicio Galego de Saude \u2013 Hospital Comarcal da Costa\u201d. \u00bfSaben na Conseller\u00eda que o Hospital da Costa e da Mari\u00f1a, e non Comarcal? \u00bfcomo se pode decir que: \u201casumen o compromiso de reforzar o centro hospitalario\u201d e a continuaci\u00f3n ignoran que a Mari\u00f1a est\u00e1 composta por tres comarcas, Occidental, Central e Oriental, e que de un s\u00f3 plumazo o Hospital lle reduciron a categor\u00eda a terceria-ava expresi\u00f3n? \u00bfou ser\u00e1 que por estas \u201cnimias\u201d sutilezas Administrativas os compo\u00f1entes da Plataforma nos alporizamos sen motivo?<br \/>\n Resumindo. D\u00e1monos conta de que desde a Plataforma, de momento, non chegamos a nosa cidadan\u00eda mari\u00f1ana, para comunicarlles en vivo e en directo os nosos temores fundamentados do que est\u00e1 a ocurrir. A cantidade de xente que acud\u00edu as nosas charlas foi moi pequena, incluso escas\u00edsima para o que se est\u00e1 a xugar, pois n\u00f3s s\u00f3 pretendemos dar a co\u00f1ecer que 72.000 cartillas de Seguro dos mari\u00f1anos, son un bocado moi apetecible, para moita xente, sociedades, entidades, etc. que pretende repartir tarta tan esquisita, para bienes esp\u00fareos que nada te\u00f1en que ver con noso bienestar mari\u00f1ano. Pero aquel que espere que se lle van a solucionar os problemas sen arrimar o hombro, en este caso est\u00e1 equivocado. O apoio cidadan mari\u00f1ano \u00e9 imprescindible para seguir mantendo, polo menos o que xa temos, sen perder nin un mil\u00edmetro do ga\u00f1ado. Creo que para n\u00f3s era imprescincible que estas inquedanzas, quedaran por escrito nos medios de comunicaci\u00f3n, pois cando a cidadan\u00eda empece a lamentarse&#8230; con aquelo de que \u201ceu non sab\u00eda&#8230;\u201d, \u201co cabo non me dixo&#8230;\u201d como dec\u00edamos na \u201cmili\u201d&#8230; \u00a1ser\u00e1 tarde&#8230;! e os lamentos haber\u00e1 que levalos a Lugo&#8230;. Agora empeza o Nadal, Fin de Ano, Reis&#8230;as\u00ed que, Boas e Sanas Festas, vos desexamos a todos&#8230; pero recordar tam\u00e9n, que logo ser\u00e1 Carnaval&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pancho Campos Dorado Desde o d\u00eda oito de Outubro do 2009, constitu\u00eduse unha Plataforma Cidad\u00e1 en Defensa da \u00c1rea Sanitaria Norte da provincia de Lugo, esto \u00e9, da \u00c1rea da Mari\u00f1a en defensa do Hospital da Costa de Burela. Dita Plataforma conf\u00f3rmase con todo tipo de asociaci\u00f3ns e organizaci\u00f3ns veci\u00f1ais, culturais, deportivas, etc., as\u00ed como, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8593","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8593","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8593"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8593\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8593"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8593"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8593"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}