{"id":8589,"date":"2009-12-28T19:32:00","date_gmt":"2009-12-28T18:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:04:14","modified_gmt":"2024-11-12T14:04:14","slug":"algo-que-non-aparecera-na-comarca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/28\/algo-que-non-aparecera-na-comarca\/","title":{"rendered":"Algo que non aparecer\u00e1 na Comarca: &#8220;Escribe en galego: leeranche m\u00e1is&#8221;"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Xa se retrasou moito o env\u00edo, e por eso non aparecer\u00e1 (\u00e9 contestaci\u00f3n a un escrito aparecido na comarca o 20 de novembro de 2009):<\/p>\n<p><strong>Escribe en galego: leeranche m\u00e1is.<\/strong><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de ler una artigo na Comarca de Ribadeo o pasado 20 de novembro, lembreime de que ben fixen \u00f3 non facer caso a quenes, hai poucos anos, me dic\u00edan que escribira o blog en galego, ou abondo antes, a quen me dic\u00eda o mesmo en relaci\u00f3n con outros escritos. Co imperialismo actual do galego, cru o ter\u00eda para atopar letores en castel\u00e1n&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero voltemos \u00f3 artigo citado para comentar s\u00f3 algunhas das frases e ver as\u00ed de aprofondar nelas e no imperialismo galegofalante que hai que aproveitar neste s\u00e9timo s\u00e9culo triunfal da cruzada galeguista dende o grande impulsor do galego, Alfonso X.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Preg\u00fantase o autor, refer\u00edndose \u00e1s elecci\u00f3ns auton\u00f3micas \u00faltimas, que cando se dar\u00e1 conta o sector defensor do galego de que o pobo galego optou polo biling\u00fcismo. \u00c9 tan evidente que o que exista o galego creba o biling\u00fcismo, como que os valencianos votaron pola corrupci\u00f3n. Barra libre para o galego, o idioma m\u00e1is forte!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n se pregunta polo negocio a conta do galego. Tendo en conta que o galego ten un negocio asociado abondo m\u00e1is de 20 veces superior \u00f3 asociado espa\u00f1ol (por po\u00f1er un l\u00edmite m\u00ednimo e en Espa\u00f1a, por non falar doutros pa\u00edses), non me estrana que se pregunte polo tema. E poderiamos ir por barrios, e distinguir a abrumadora maior\u00eda de libros editados en galego fronte \u00f3s impresos en castel\u00e1n, en Galicia e fora dela, \u00e1s m\u00faltiples televisi\u00f3ns en galego, mesmo \u00f3 idioma usado nas canci\u00f3ns&#8230; A\u00ed est\u00e1n as estat\u00edsticas, como a que sa\u00edu na prensa o d\u00eda 18 (t\u00edtulo: \u201cLa edici\u00f3n de libros en gallego aument\u00f3 casi un 25% en el 2008\u201d): no 2008 foron editados 2 482 libros en galego, como se pode ver, a parte do le\u00f3n dos 104 233 editados en toda Espa\u00f1a. Adem\u00e1is, os libros editados en Galicia son na s\u00faa maior\u00eda en galego, quiz\u00e1is porque aqu\u00ed non hai casas editoriais de distribuci\u00f3n nacional. A medra de t\u00edtulos tam\u00e9n foi forte, un 25%, non importando que o ano anterior houbera unha baixada. Tam\u00e9n est\u00e1 clara a importancia oficial na publicaci\u00f3n, o pulo dado polo imperialismo pol\u00edtico filogaleguista: A grande maior\u00eda dos libros, 199, dos case 2 500, foron de edici\u00f3n p\u00fablica. Adem\u00e1is, o pulo galeguista est\u00e1 craro nas tiradas: s\u00f3 unha media de 2 960 exemplares nas edici\u00f3ns en castel\u00e1n por 1 398 de media das edici\u00f3ns en galego. Asemade, os datos corroboran a importancia das novas tecnolox\u00edas: no caso do libro, xa hai en galego ata o asombroso n\u00famero de 123 t\u00edtulos editados sen papel.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Na prensa, na que como \u00e9 referido no artigo o castel\u00e1n est\u00e1 a piques de desaparecer, case todo est\u00e1 dito en galego: 0 d\u00eda 18 de outubro, dous d\u00edas despois da manifestaci\u00f3n de Santiago a favor do Galego as forzas galeguistas tiveron que forzar \u00e1 prensa a que baixara os niveles de novas dadas en galego, para que non se dubidara de que a manifestaci\u00f3n ti\u00f1a un sentido e as\u00ed seguir exercendo presi\u00f3n a favor do galego. Ise d\u00eda, debido \u00f3s efetos anteditos, puiden constatar que a porcentaxe de galego no diario de maior tirada auton\u00f3mica baixou ata un 1,25% do espazo. O que hai que facer para disimular!. Por certo, que ise esforzo de disimulo chega ata hoxe: vale con mirar o lugar onde est\u00e1 publicado iste artigo e comparar galego e castel\u00e1n para ver oque as forzas galeguistan te\u00f1en que facer para cubrir o seu imperialismo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En internet, a supremac\u00eda do galego \u00e9 inenarrable. V\u00e9se por exemplo, na Wikipedia, donde mesmo sen impulso p\u00fablico, as forzas imperialistas galegas lograron ter na actualidade, cun traballo do que dou fe, un total de case 53 000 artigos, por s\u00f3 532 000 na edici\u00f3n castel\u00e1, abondo m\u00e1is completos. \u00c9 evidente que, tanto en Galicia como f\u00f3ra dela, \u00fasase m\u00e1is a versi\u00f3n galega desta &#8216;enciclopedia universal&#8217; que a versi\u00f3n espa\u00f1ola. E, no conxunto de p\u00e1xinas accesibles por internet, as porcentaxes disp\u00e1ranse moito m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n \u00e9 certo, como se di no artigo, que o ensino est\u00e1 tomado polo galego. S\u00f3 hai que irse \u00e1 Coru\u00f1a e comprobar que tam\u00e9n al\u00ed, lugar de vivenda da oitava parte da poboaci\u00f3n galega, despois de deixar de chamarse &#8216;La Coru\u00f1a&#8217;, os textos e a fala castel\u00e1 est\u00e1n ausentes das aulas. E mesmo se pode comprobar que xa non \u00e9 tan dif\u00edcil atopar libros de texto en galego para calquera materia e nivel como antes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n na xudicatura o castel\u00e1n est\u00e1 a piques de ser desterrado. V\u00e9xase se non a cantidade de casos que se seguen en galego. Unha vez m\u00e1is, a punto de triunfar. Que o Tribunal Supremo (non o TSXG) te\u00f1a que avalar que os nenos en Galicia non podan escolarizarse exclusivamente en castel\u00e1n non deixa de ser unha manobra de distracci\u00f3n para esconder que a escolarizaci\u00f3n \u00e9 completamente en galego. E que un xu\u00edz al\u00f3 por Madrid lle quite a tutela a unha nai galega en raz\u00f3n de que a v\u00e1stago ser\u00eda escolarizada en galego, unha lingua coa que non se vai a ningunha parte, \u00e9 unha intoxicaci\u00f3n medi\u00e1tica que serve para enfervorizar as masas de apoio, o lobby galegofalante en Madrid.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A\u00ednda m\u00e1is, mesmo o autor do artigo citado foi ganado no seu momento polo imperialismo galego para ser galegofalante, a\u00ednda que non totalmente: na escrita, segue a ser castel\u00e1nescribinte. Mesmo a min, de pequeno, obrig\u00e1ronme a falar o galego nas clases, denigrando o castel\u00e1n e present\u00e1ndome t\u00f3dolos libros na nosa lingua imperial, o mesmo que \u00f3s meus compa\u00f1eiros de promoci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pide que Feijoo bote fora o decreto do galego da \u00e9poca Fraga. Non, que non o bote, que ameazar\u00eda a supremac\u00eda ling\u00fcistica, cultural, medi\u00e1tica, econ\u00f3mica, galega e galeguista e o progreso porcentual en todos os campos nestes anos de vixencia da lexislaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Por certo, a min non me fai falta ser galeguista nin pedir a independencia; recollendo as verbas de Rosa D\u00edez a pasada semana, e aplic\u00e1ndoas, eu xa son galego. E, visto a cantidade de procesos por corrupci\u00f3n aqu\u00ed e no resto de Espa\u00f1a, non vexo grandes ventaxas pr\u00e1ticas de pedir a independencia dun lugar cun PIB, renta per c\u00e1pita, etc, abondo por baixo da media nacional, a\u00ednda que iso non quere dicir, por exemplo, que apoie que as finanzas galegas te\u00f1an os centros de decisi\u00f3n f\u00f3ra da comunidade, o mesmo que pasou co sector leiteiro&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de ver nunha nova (en castel\u00e1n, por certo) unha bandeira no 20-N coa lenda &#8216;vencimos e venceremos&#8217;, coido que debo axustar algunha nota:<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nota 1. A t\u00edpica nota de &#8216;calquera parecido coa realidade \u00e9 casualidade&#8217;, pero os datos est\u00e1n a\u00ed para ser comprobados.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; <\/span>Nota 2. Como non pretendo vencer sen\u00f3n s\u00f3 informar, tampouco pretendo iniciar unha guerra de contestaci\u00f3ns. Por min, isto queda aqu\u00ed.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nota 3. Naturalmente, non tratei todos os puntos do artigo citado. Iso pode dar lugar a charlas, que con Jos\u00e9 Luis danse preferentemente en galego.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Xa se retrasou moito o env\u00edo, e por eso non aparecer\u00e1 (\u00e9 contestaci\u00f3n a un escrito aparecido na comarca o 20 de novembro de 2009): Escribe en galego: leeranche m\u00e1is. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Despois de ler una artigo na Comarca de Ribadeo o pasado 20 de novembro, lembreime de que ben fixen \u00f3 non facer caso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-8589","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8589","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8589"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8589\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8589"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8589"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8589"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}