{"id":8586,"date":"2009-12-29T21:17:00","date_gmt":"2009-12-29T20:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:04:10","modified_gmt":"2024-11-12T14:04:10","slug":"primi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/12\/29\/primi\/","title":{"rendered":"Primi"},"content":{"rendered":"<p>Con data de onte enviei o seguinte texto para a Comarca, \u00f3 f\u00edo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/12\/primi-necega-e-o-premio-iniciativas-21.html\">entrada realizada sobre Primi<\/a>.<\/p>\n<p>Primi<\/p>\n<p>Hai xa tempo, no ano 2007, con motivo do D\u00eda das Letras Galegas, deixei escrito noutro lugar \u201cD\u00eda no que por outra parte, a s\u00faa adicatoria a Mar\u00eda Mari\u00f1o me leva a lembrar unha escritora ribadense viva en lingua castel\u00e1 na s\u00faa meirande parte e \u00e1 que coido que se lle poder\u00eda dar mais estima da que lle concede, Primi N\u00e9cega. Non me vou po\u00f1er a ponderar agora a s\u00faa obra, pero ch\u00e1mame a atenci\u00f3n que os seus contos, precisamente, non chamen m\u00e1is a atenci\u00f3n. E xa digo, salvando as distancias que as circunstancias impo\u00f1en, a figura dunha l\u00e9mbrame a da outra.\u201d<\/p>\n<p>Por eso foi unha ledicia ter a nova de que lle fora concedido o premio &#8216;Iniciativas 21&#8217;, neste caso con M. Carmen Rodr\u00edguez Cancelo e outras mulleres que foron reco\u00f1ecidas en toda Galicia. O acto de entrega tivo lugar o pasado 20 de decembro no Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a, rendindo homenaxe a \u201c21 mulleres que se te\u00f1en esforzado por superar as dificultades e os atrancos da vida coti\u00e1\u201d, sendo citada \u201cPrimitiva N\u00e9cega. Escritora\u201d. A lembrar que os premios Mulleres 21, tal como aparece na web da Fundaci\u00f3n, est\u00e1n adicados \u201ca mulleres excepcionais, como tam\u00e9n o \u00e9 a s\u00faa cotidianeidade, sen a que o progreso de Galicia non ser\u00eda posible.\u201d \u00c9 dicir, a mulleres de excepci\u00f3n que non se prodigan socialmente, sen\u00f3n que fan unha labor calada, do d\u00eda a d\u00eda.<\/p>\n<p>Tempo antes a\u00ednda do 2007, nunha introducci\u00f3n \u00e1 primeira edici\u00f3n de &#8216;Despertar&#8217;, o seu libro de poes\u00edas, tentaba facer unha aproximaci\u00f3n non \u00e1 s\u00faa vida, sen\u00f3n \u00f3 que \u00e9 Primitiva N\u00e9cega Gallo, &#8216;Primi&#8217; para os que a co\u00f1ecemos. Algo que alomenos para min non \u00e9 doado porque vai m\u00e1is al\u00f3 dunha biograf\u00eda. Tam\u00e9n na p\u00e1xina da &#8216;Galipedia&#8217; (\u201chttp:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Primi_N\u00e9cega\u201d) p\u00f3dese rastrexar algo da s\u00faa vida e obra, pero coido que \u00e9 na &#8216;Comarca del Eo&#8217; onde se pode seguir a s\u00faa traxectoria semana a semana, pois poucas falta \u00e1 cita cos lectores ofrec\u00e9ndonos sobre todo os contos e historias que crea. Tam\u00e9n sei que en internet pouco a pouco vai dispo\u00f1endo dalg\u00fan escrito seu para quen quera acceder a eles f\u00f3ra dos cauces habituais do papel, e as\u00ed aproximarse \u00e1 figura de Primi. \u00c9 o mellor xeito de achegarse a un aspecto dela, o de escritora.<\/p>\n<p>&#8230; Aspecto que non \u00e9 o \u00fanico. Poder\u00edan dicirse moitas cousas desta muller que ten o seu traballo diario, escribindo, totalmente integrado na s\u00faa vida. Pero coa cotidianeidade citada en &#8216;Iniciativas 21&#8217;, sei que Primi non vai difundindo as s\u00faas andanzas (non falaremos logo dos preg\u00f3ns, ou da curta , &#8230;) e por eso remato este pequeno reco\u00f1ecemento, non sen antes abrir o campo a outras facetas desta muller que naceu en Foz pero da que con todo o seu significado pode dicirse que \u00e9 de Ribadeo. Ben, a cousa \u00e9 que quedou oculto nos avatares do premio o colof\u00f3n que ela mesmo escribiu como final da s\u00faa escolma biografica: &#8216;a mi\u00f1a mellor obra son os meus fillos&#8217;. As cousas, claras: non lle fan falta reco\u00f1ecementos, no que m\u00e1is lle importa xa os ten, e nos escritos, cons\u00edgueos semana a semana. Pero coido que un premio como o que recibiu hai poucos d\u00edas tam\u00e9n o ti\u00f1a merecido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con data de onte enviei o seguinte texto para a Comarca, \u00f3 f\u00edo da entrada realizada sobre Primi. Primi Hai xa tempo, no ano 2007, con motivo do D\u00eda das Letras Galegas, deixei escrito noutro lugar \u201cD\u00eda no que por outra parte, a s\u00faa adicatoria a Mar\u00eda Mari\u00f1o me leva a lembrar unha escritora ribadense [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,108,9],"class_list":["post-8586","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-primi-necega","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8586","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8586"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8586\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8586"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8586"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8586"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}