{"id":8572,"date":"2010-01-06T01:29:00","date_gmt":"2010-01-06T00:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:03:47","modified_gmt":"2024-11-12T14:03:47","slug":"2010-ainda-e-o-futuro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/01\/06\/2010-ainda-e-o-futuro\/","title":{"rendered":"2010 a\u00ednda \u00e9 o futuro"},"content":{"rendered":"<p>Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta semana na igrexa de Pi\u00f1eira. \u00bf? Se o folio se refire \u00e1 daci\u00f3n de contas da \u00faltima festa da parroquia, significa que o domingo ser\u00e1 de dominio p\u00fablico a informaci\u00f3n publicitada, e que quenes se encargaron da realizaci\u00f3n da festa proporcionaron unha informaci\u00f3n da que dispor\u00e1n t\u00f3dolos veci\u00f1os. Abondo m\u00e1is da informaci\u00f3n que soemos ter de moitas dos cousas que nos afectan a nivel local. \u00c9 ou non un avance?<br \/>\nCoido que nos tempos que corren si o \u00e9, a pesares de non ser a primeira vez (nin moito menos) que se pode dar algo semellante. Non me estou a referir a unha cousa concreta. Poder\u00eda ser o balance das festas, como en Pi\u00f1eira, pero tam\u00e9n moitas outras informaci\u00f3ns \u00e1s que o pobo debera ter acceso inmediato. Mesmo moitas veces para poder ter a oportunidade de participar na toma de decisi\u00f3ns, ou para aportar ideas, ou sinxelamente para sentir m\u00e1is o pulso do pobo, sent\u00edrmonos m\u00e1is cidad\u00e1ns. Por exemplo, poder\u00edan ser as actas dos plenos, non actualizadas na web do concello dende agosto, ou o calendario para este ano presente, tendo conta que xa houbo un primeiro intento e na web do concello aparece o calendario laboral &#8230; para o 2008. A p\u00e1xina web ribadeo.org marcou un incremento substancial da informaci\u00f3n que nos pode chegar \u00f3s veci\u00f1os dun xeito directo. Informaci\u00f3n que tende a medrar, pero que \u00f3 mesmo tempo, necesita de revisi\u00f3n e un coidado constante, como rematamos de ver cos dous exemplos citados. E como poderiamos constatar polas cousas que faltan, tanto de informaci\u00f3n como de posibilidades de facer xesti\u00f3ns.<br \/>\nComezando o ano, 2010 \u00e9, na s\u00faa maior\u00eda, futuro. Cheo de posibilidades. Unha delas, por exemplo, aproveitando a ampliaci\u00f3n do \u201cplan E\u201d \u00f3 presente ano, a de facilitar a difusi\u00f3n de informaci\u00f3n \u00f3s veci\u00f1os &#8230; e a posibilidade dos veci\u00f1os para acceder \u00e1 informaci\u00f3n e contribu\u00edr a xestionar o propio concello. Informaci\u00f3ns xeradas polo propio concello. Xesti\u00f3ns ante a administraci\u00f3n que redundar\u00edan no ben de todos, indo na li\u00f1a proxectada na UE, que pretende que se instale a administraci\u00f3n electr\u00f3nica a nivel estatal antes de 2015, e que en Espa\u00f1a, segundo plans ministeriais, ter\u00eda que terse xa implementado (Lei 11\/2007 &#8216;de Acceso Electr\u00f3nico de los Ciudadanos a los Servicios P\u00fablicos&#8217;). Un futuro aproveitable e sempre mellorable \u00f3 que se ten referido moitas veces a AVV O Tes\u00f3n.<br \/>\nE, o plan E, que ten que ver neste caso? Pois, por exemplo, aproveitando os obxectivos declarados polo mesmo plan, ampliar a infrastrutura tecnol\u00f3xica do concello (si, tam\u00e9n da administraci\u00f3n do concello, pero m\u00e1is, en xeral de todo o concello para o aproveitamento das TIC) e facilitar o acceso a internet v\u00eda unha wifi municipal, que chegue \u00e1s parroquias que a\u00ednda non te\u00f1en a posibilidade de conexi\u00f3n. Sei que hai dificultades por enfrontamento con intereses empresariais nas telecomunicaci\u00f3ns, pero hai exemplos de conexi\u00f3n en diversos pobos da xeograf\u00eda nacional, e hai petici\u00f3ns para paliar unha falta no rural, cunha soluci\u00f3n da que tam\u00e9n poderia aproveitarse o casco urbano. Asemade, para unha mellora na web municipal (que cabe no plan E), facendo que sirva para m\u00e1is, na v\u00eda da administraci\u00f3n electr\u00f3nica, e que sirva para mellorar as relaci\u00f3ns administraci\u00f3n-administrado como foi xa dito no par\u00e1grafo anterior, xa hai exemplos diversos a grande escala polo mundo adiante. Por certo que a administraci\u00f3n-e ten sido motivo polo que xa ten participado xente de Ribadeo en proxectos transnacionais. Tam\u00e9n o plan E pode servir para formaci\u00f3n para poder aproveitar eses medios, aumentando as posibilidades da infrastrutura e persoal xa adicado no concello \u00e1 sociedade da informaci\u00f3n (cun orzamento que non pasa polos mellores momentos). En fin, infrastruturas e melloras das que nos podemos beneficiar todos.<br \/>\nO dito, 2010 a\u00ednda \u00e9 futuro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta semana na igrexa de Pi\u00f1eira. \u00bf? Se o folio se refire \u00e1 daci\u00f3n de contas da \u00faltima festa da parroquia, significa que o domingo ser\u00e1 de dominio p\u00fablico a informaci\u00f3n publicitada, e que quenes se encargaron da realizaci\u00f3n da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-8572","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8572","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8572"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8572\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8572"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8572"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8572"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}