{"id":857,"date":"2024-03-03T23:30:00","date_gmt":"2024-03-03T22:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:55:41","modified_gmt":"2024-10-23T09:55:41","slug":"non-fai-falta-que-lle-chames-paz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/03\/03\/non-fai-falta-que-lle-chames-paz\/","title":{"rendered":"Non fai falta que lle chames paz. Constr\u00faea"},"content":{"rendered":"<p><span>Non fai falta que lle chames paz. Constr\u00faea<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe non vou \u00e1 xuntanza semanal pola paz. Veuseme \u00e1 cabeza outra xuntanza, para quen foi a ela m\u00e1is abondo m\u00e1is urxente e necesaria, a que deu lugar a que unha centena de famentos gazat\u00edes fora cazada mentres tentaba apa\u00f1ar algo de comida nun reparto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Xente cazada, pois entendo que \u00e9 unha t\u00e9cnica de caza: atrapar -neste caso, abater- \u00f3 animal mentres tenta alimentarse ou beber. Mesmo procur\u00e1ndolle o alimento como trampa, a modo de anaco que se crava no anz\u00f3. Nesta ocasi\u00f3n, tendo controlada a rede de distribuci\u00f3n de alimentos dende o exterior.<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Netanyahu est\u00e1 a logralo: deshumanizar non s\u00f3 \u00f3 &#8216;inimigo&#8217; (iso xa \u00e9 \u2018t\u00edpico\u2019 en toda guerra), sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 s\u00faa propia xente, como un punto de apoio m\u00e1is para manterse nun poder do que quer\u00edan chimpalo xa antes de que comezara esta fase da guerra coa toma de ref\u00e9ns polos palestinos. Un paso adiante detr\u00e1s do seu propio &#8216;eu&#8217;, do que lle importa. Non \u00e9 o \u00fanico caso na historia. Se se fala de \u2018historia\u2019, parece que falamos dun pasado lonxano, e tampouco fai falta. Mira outras guerras actuais, mesmo a que ameaza hoxe cunha confrontaci\u00f3n nuclear en Europa. \u00c9 a guerra, as guerras, que unha vez comezadas tenden a ir a m\u00e1is&#8230;<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero non nos enganemos fac\u00e9ndonos cruces das atrocidades, ou de como poden comezar. Todas as guerras te\u00f1en apoios. Xente dalg\u00fan xeito interesada en comezala. E logo, en mantela. Polos motivos que sexan. Ou se non, que ser\u00eda da guerra de Netanyahu sen os Estados Unidos de Am\u00e9rica e mesmo da Uni\u00f3n Europea, que lle reclaman de xeito t\u00edmido altos \u00f3 fogo fronte \u00f3s asasinatos, mentres seguen a comerciar mesmo coas armas usadas neles?<\/span><\/p>\n<p><span><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>E non, non nos enganemos tampouco por outro lado: a guerra af\u00e9ctanos. Non s\u00f3 v\u00eda a colaboraci\u00f3n do estado na fabricaci\u00f3n de armas, ou doutros xeitos materiais, mais tam\u00e9n n\u00f3s somos destinatarios desa deshumanizaci\u00f3n, dese facer pasar as novas m\u00e1is r\u00e1pido porque aburren, porque xa son co\u00f1ecidas, porque si, porque s\u00f3 son unhas cantas vidas menos.<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u2018Eles dispararon antes\u2019! E v\u00e9\u00f1enseme \u00e1 cabeza feitos como o incidente fronteirizo fabricado polos nazis que foi o \u00faltimo fito antes da segunda guerra mundial, ou a alimentaci\u00f3n de hai anos de Ham\u00e1s polo goberno israel\u00ed para tentar debilitar Al Fatah, o movemento m\u00e1is poderoso daquela en Palestina, ou como se nos fundamentos de Israel non houber agresi\u00f3ns abondas. \u00c9 algo que todo o mundo sabe, a\u00ednda que pareza moitas veces non importar: violencia xera violencia. E, mentres \u2018a primeira violencia\u2019 dun ciclo chega a esquecerse nunha desorde pasional que soe superala de longo, a paz hai que constru\u00edla, sempre \u00e9 inestable.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non fai falta que lle chames paz. Constr\u00faea &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe non vou \u00e1 xuntanza semanal pola paz. Veuseme \u00e1 cabeza outra xuntanza, para quen foi a ela m\u00e1is abondo m\u00e1is urxente e necesaria, a que deu lugar a que unha centena de famentos gazat\u00edes fora cazada mentres tentaba apa\u00f1ar algo de comida nun reparto. &nbsp;&nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[17],"class_list":["post-857","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/857","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=857"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/857\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=857"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=857"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=857"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}