{"id":8559,"date":"2010-01-13T07:29:00","date_gmt":"2010-01-13T06:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:03:20","modified_gmt":"2024-11-12T14:03:20","slug":"mirando-cara-o-ecoloxismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/01\/13\/mirando-cara-o-ecoloxismo\/","title":{"rendered":"Mirando cara \u00f3 ecoloxismo"},"content":{"rendered":"<p>&#8220;Por certo, \u00f3 final liberaron por fin \u00f3 voso colega manifestante L\u00f3pez de Uralde&#8221;.  O comentario de pasada que me chegou insertado nun correo sobre outro tema referiase \u00f3 Presidente de Greenpeace (ou sexa, &#8216;paz verde&#8217;) en Espa\u00f1a, facendo un contacto entre el (e polo tanto Greenpeace), participante na manifestaci\u00f3n contra a construcci\u00f3n dunha macronave no porto sobre a r\u00eda ribadense, e a AVV O Tes\u00f3n, convocante da manifestaci\u00f3n. De calquera xeito, non deixou de chamarme a atenci\u00f3n a redacci\u00f3n do par\u00e1grafo por varias raz\u00f3ns.<br \/>\nA primeira, o de &#8216;\u00f3 final&#8217;. Coido que estar retido 20 d\u00edas, illado, cunha lei sacada da manga poucos d\u00edas antes do cumio sobre o clima para permitir facer retenci\u00f3ns de ata 40 d\u00edas, sen ter usado en ning\u00fan momento a forza, sempre en acci\u00f3n pac\u00edfica, e m\u00e1is ben ensinando \u00f3s gardi\u00e1ns do cumio os seus puntos fracos, violando a polic\u00eda noutros casos a liberdade de asociaci\u00f3n das leis danesas e europeas, &#8230; non \u00e9 para comezar cun &#8216;\u00f3 final&#8217;. A liberaci\u00f3n, ise final, debera darse por sentado dende o primeiro momento. &#8216;\u00d3 final&#8217; s\u00f3 implica unha disfunci\u00f3n, algo que non vi\u00f1a a conto facer as\u00ed pero logrouse, o que non \u00e9 o caso respecto da liberaci\u00f3n.<br \/>\nOutros aspectos que me chamaron a atenci\u00f3n son digamos m\u00e1is l\u00fadicos: &#8216;\u00d3 voso&#8217;. Coido que L\u00f3pez de Uralde, como calquera persoa, &#8216;\u00e9 s\u00faa&#8217;. En todo caso, calquera persoa \u00e9 &#8216;un pouco de todos&#8217;, como ser social. Pero nunca debera catalogarse como &#8216;noso&#8217; ou &#8216;voso&#8217;, como algo que se pode adquirir ou traspasar. E menos, se cabe a\u00ednda, cando se trata de encasillar a algu\u00e9n nunhas ideas de defensa de todos (a\u00ednda que para defender a todos te\u00f1a que enfrontarse a alg\u00fans)<br \/>\n&#8216;Colega&#8217;. A pesar dunha foto publicada na &#8216;Comarca&#8217; de 20100109, pode dicirse que non co\u00f1ezo \u00e1 persoa da que estamos tratando. Coido que comparto algunhas ideas e alg\u00fans anhelos, pero non saber\u00eda dicir, por exemplo, se ten familia. Pode que me gustara poder chamarlle &#8216;colega&#8217;, pero a pesares do antedito, ou do respeto e o apoio que pode ter da mi\u00f1a parte ou da xente que conforma O Tes\u00f3n, non me sinto como un &#8216;colega&#8217;.<br \/>\n&#8216;Colega manifestante&#8217;. Se collemos e xuntamos o de &#8216;manifestante&#8217; \u00e1 verba &#8216;colega&#8217;, as\u00ed limitada a verba, a relaci\u00f3n entre L\u00f3pez de Uralde e eu ou calquera outra persoa manifestante en Ribadeo na manifestaci\u00f3n na que el estivo, achegariase m\u00e1is \u00f3 que di o diccionario: parece que si, estivemos nunha acci\u00f3n xuntos, que \u00e9 unha das posibilidades que contempla a definici\u00f3n de &#8216;colega&#8217; por parte da RAE. Pero a verdade \u00e9 que non sei nin como se enterou da manifestaci\u00f3n.<br \/>\nUnha vez aclarado iso sobre unha persoa que estivo en Ribadeo e compartiu alg\u00fan desexo connosco, coido que xa hai abonda informaci\u00f3n nos medios para ter claras varias cousas en relaci\u00f3n \u00f3 seu encarceramento. Entre elas, resaltar\u00eda unha precisamente pola pouca relevancia que levou nas informaci\u00f3ns: que o trato dado \u00f3s ecoloxistas na xuntanza de Copenhague non \u00e9 moi diferente do que se lles da outras veces a eles ou a outros grupos que actuando acertada ou equivocadamente tentan po\u00f1er algo de cordura nas relaci\u00f3ns humanas ou dos humanos coa natureza. Que trato?. Tentar de quitalos de enmedio porque molestan a quenes lles foi outorgado (ou colleron de por si) o poder de decisi\u00f3n no tema correspondente.<br \/>\nOutra cousa esquecida entre as informaci\u00f3ns \u00e9 que por desgraza \u00e9 necesario a presi\u00f3n da prensa a posteriori dos sucesos para voltar as cousas \u00f3 seu cauce, en troques de que sirva de xeito previo a consulta \u00e1 cidadan\u00eda, a s\u00faa implicaci\u00f3n en problemas que lle afectan. Algo as\u00ed como a normalizaci\u00f3n do dereito \u00f3 pataleo, que cando \u00e9 abondo e prolongado, pode facer variar decisi\u00f3ns anteriores.<br \/>\nUnha terceira, que os problemas quedan eclipsados polo &#8216;glamour&#8217; ou a &#8216;impresi\u00f3n&#8217; das noticias, primando a foto de quen decide por riba do que se decide, esquecendo adem\u00e1is xa non s\u00f3 a orde causa-efecto das cousas (neste caso, respecto da detenci\u00f3n dun grupo de ecoloxistas), sen\u00f3n tam\u00e9n pasando p\u00e1xina moito m\u00e1is r\u00e1pidamente sobre as decisi\u00f3ns (mellor, a falta de decisi\u00f3ns) tomadas sobre o clima na xuntanza a alto nivel de Copenhague que sobre o propio feito da detenci\u00f3n. Algo que, se ben pode ter servido para que &#8216;\u00f3 final&#8217; remataran liberados os detidos uns d\u00edas antes do prazo dado pola nova lei ad-hoc, tam\u00e9n serve para trivializar unha decisi\u00f3n que non \u00e9, nin moito menos, trivial: a de non facer nada mentras que o planeta segue \u00f3 garete debido \u00e1s nosas acci\u00f3ns anteriores, despois de primar un tipo de econom\u00eda que lle da cartos a quen m\u00e1is ten contrarest\u00e1ndoo con retirada de prestaci\u00f3ns a quen m\u00e1is as necesita.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Por certo, \u00f3 final liberaron por fin \u00f3 voso colega manifestante L\u00f3pez de Uralde&#8221;. O comentario de pasada que me chegou insertado nun correo sobre outro tema referiase \u00f3 Presidente de Greenpeace (ou sexa, &#8216;paz verde&#8217;) en Espa\u00f1a, facendo un contacto entre el (e polo tanto Greenpeace), participante na manifestaci\u00f3n contra a construcci\u00f3n dunha macronave [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-8559","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8559"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8559\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}