{"id":8556,"date":"2010-01-14T02:41:00","date_gmt":"2010-01-14T01:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:03:16","modified_gmt":"2024-11-12T14:03:16","slug":"unha-proposta-para-tesoureria-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/01\/14\/unha-proposta-para-tesoureria-do\/","title":{"rendered":"Unha proposta para a tesourer\u00eda do concello"},"content":{"rendered":"<p>Os pagos co\u00f1ecidos \u00e1 SGAE por parte do concello sobrepasan os 30 000 \u20ac (cantidade reco\u00f1ecida en pleno hai tempo).<br \/>\nPoden evitarse? En parte, alomenos, si.<br \/>\nComo? Con uso de obras con licenzas libres.<br \/>\nQue \u00e9 a SGAE? A Sociedade General de Autores de Espa\u00f1a \u00e9 unha asociaci\u00f3n que te\u00f3ricamente se encarga de recadar para os autores asociados un canon por obras interpretadas, e que na realidade ten aproveitado toda interpretaci\u00f3n sen demostrar que ten delegada \u00e1 xesti\u00f3n de dereitos de autor e que estes est\u00e1n en vigor. Un exemplo delo, os 30 000 \u20ac citados, reclamados &#8216;por xunto&#8217; e dicindo que era unha rebaixa en por ser nesas condici\u00f3ns.<br \/>\nE iso das licenzas libres, que significa? Ten licenza libre unha obra sobre a que xa non te\u00f1a ningu\u00e9n dereito, por tere pasado \u00f3 dominio p\u00fablico (ben por ter sido feita hai moito tempo, ben por ter cedidos os dereitos), ou obras con licenzas do tipo Creative Commons (\u00e9 dicir, que pertenzan dalg\u00fan xeito \u00e1 &#8216;creaci\u00f3n com\u00fan&#8217;, o que abrangue varios tipos de licenzas), con dereitos dos autores limitados, etc.<br \/>\nHai certamente dificultades en aplicar sempre un mesmo esquema para reproducci\u00f3n ou interpretaci\u00f3n de obras. Pero, cara \u00e1 tesourer\u00eda, non se trata de aplicar sempre un permiso de tipo licenza libre, sen\u00f3n de reducir o pago de dereitos dun xeito xustificado: unha boa parte das actuaci\u00f3ns poder\u00edan seguir o esquema de uso deste tipo de licenzas, complementadas nalg\u00fans casos con obras propias dos int\u00e9rpretes. Tendo en conta, por exemplo, que as obras cl\u00e1sicas (excepto adaptaci\u00f3ns modernas) est\u00e1n en xeral liberadas, pertencen \u00f3 dominio p\u00fablico, e polo tanto, poden se usadas pola banda de m\u00fasica de xeito libre e non ahi que pagar o canon. As\u00ed pasa tam\u00e9n en xeral coa m\u00fasica tradicional ou con moitas obras como pasodobres de autores mortos hai longo tempo. Por outra beira, representaci\u00f3ns teatrais de obras escritas por xente das mesmas compa\u00f1\u00edas locais non te\u00f1en traspasada a xesti\u00f3n dos dereitos \u00e1 sociedades do tipo SGAE, e con eses mesmos cartos, poder\u00eda potenciarse por exemplo, a publicaci\u00f3n dos libretos.<br \/>\nOutra cousa diferente \u00e9 a imposici\u00f3n de temas a grupos musicais, ou a compa\u00f1\u00edas de teatro visitantes con obras de repertorio con dereitos, por exemplo, que sinxelamente non \u00e9 factible. Pero se tocan os seus propios temas, ou interpretan as s\u00faas propias obras &#8230; pasar por caixa a parte non ven a conto.<br \/>\nNon te\u00f1o datos da porcentaxe de aforro que poder\u00eda terse de aplicar estas medidas, pero a SGAE tampouco, e a bo seguro compensa polo aforro, e, se o concello (tal como declarou hai non moito o alcalde) est\u00e1 a considerar abusivos os cobros da SGAE, coido que haber\u00e1 que po\u00f1erse \u00f3 tema. \u00c9 dicir, ir m\u00e1is al\u00f3 das verbas. Polo menos, esixir a demostraci\u00f3n de que as obras interpretadas est\u00e1n baixo o paraugas recaudador da SGAE.<br \/>\n* Unha nota final: hai que ter en conta que a\u00ednda que a SGAE \u00e9 unha sociedade que aglutina a maior\u00eda de c\u00e1nones impostos deste tipo, non \u00e9 a \u00fanica, e a realidade pode ser m\u00e1is complexa, pero tam\u00e9n, e de xeito m\u00e1is que proporcional, ser\u00e1 m\u00e1is complexa a actuaci\u00f3n necesaria das asociaci\u00f3ns pertinentes para cobrar .<br \/>\n* Outra nota: \u00d3 longo da xeograf\u00eda espa\u00f1ola xa se te\u00f1en dado casos de sublevaci\u00f3n ante estes c\u00e1nones con resultado positivo nos xulgados, mentras que polo contrario, quen se submete viu incrementados de xeito substancial os pagos a realizar no mesmo tempo.<br \/>\n* Unha terceira: a SGAE \u00e9 unha sociedade opaca, que non amosa contas detalladas, e que trata de cobrar por calquera interpretaci\u00f3n (este\u00f1a ou non protexida polo seu paraugas) \u00f3 longo de toda a xeograf\u00eda espa\u00f1ola.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os pagos co\u00f1ecidos \u00e1 SGAE por parte do concello sobrepasan os 30 000 \u20ac (cantidade reco\u00f1ecida en pleno hai tempo). Poden evitarse? En parte, alomenos, si. Como? Con uso de obras con licenzas libres. Que \u00e9 a SGAE? A Sociedade General de Autores de Espa\u00f1a \u00e9 unha asociaci\u00f3n que te\u00f3ricamente se encarga de recadar para [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,32,9],"class_list":["post-8556","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8556","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8556"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8556\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8556"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8556"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8556"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}