{"id":8549,"date":"2010-01-18T08:33:00","date_gmt":"2010-01-18T07:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:03:07","modified_gmt":"2024-11-12T14:03:07","slug":"nova-xuntanza-da-mesa-de-asociacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/01\/18\/nova-xuntanza-da-mesa-de-asociacions\/","title":{"rendered":"Nova xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns de Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>O s\u00e1bado tivo lugar unha nova xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns. Copio e pego a nota de prensa dente o <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/\">blog de O Tes\u00f3n<\/a>, non sen antes lembrar que  <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2010\/01\/pleno-o-luns.html\">hoxe hai pleno<\/a>, do que non foi ampliamente difundida a orde do d\u00eda.<\/p>\n<p>O pasado s\u00e1bado 16 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns co Alcalde. Asistiron 14 asociaci\u00f3ns, entre elas, 12 de veci\u00f1os, estando convocadas t\u00f3dalas asociaci\u00f3ns inscritas no rexistro do concello.<\/p>\n<p>Nas tres horas que durou foron tratados os temas propostos na reuni\u00f3n previa entre asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os mantida o s\u00e1bado anterior, inclu\u00edndo o estatuto de participaci\u00f3n cidad\u00e1, informaci\u00f3n sobre a reserva da biosfera, a accesibilidade a Ribadeo e o carril bici, o xulgado de primeira instancia, a fachada de Ribadeo \u00e1 r\u00eda, o estado actual da pol\u00e9mica polo desmantelamento do hospital da costa, a central de tensi\u00f3n ele\u0107trica polo pol\u00edgono industrial, o centro de Alzheimer, o cumprimento da normativa de dep\u00f3sito sobre a tala de madeira nos montes e alg\u00fan tema m\u00e1is polo medio, como o incumprimento da normativa sobre o nome da r\u00eda.<\/p>\n<p>A lembrar que a Mesa de Asociaci\u00f3ns \u00e9 un intento que xa ten anos de cubrir un oco na relaci\u00f3n entre concello e pobo, que tende a armonizar dita relaci\u00f3n pola continuaci\u00f3n peri\u00f3dica de xuntanzas. Naceu no mandado municipal anterior, a partires dunha chamada do Tes\u00f3n a un grupo de asociaci\u00f3ns, e se ben non ten un estatuto oficial, representa un avance que se pretende que contin\u00fae a traverso do estatuto de participaci\u00f3n cidad\u00e1.<\/p>\n<p>Respecto \u00f3 estatuto de participaci\u00f3n, en xuntanza de 2008 o Tes\u00f3n presentou un borrador \u00e1 sasociaci\u00f3ns, que posteriormente foi trasladado \u00f3 concello, e que agora devolve para o seu estudo polas asociacions coa vista posta no seu futuro pase \u00e1 aprobaci\u00f3n polo pleno. A destacar que hai 20 anos foi aprobado de xeito previo un estatuto, non chegando \u00e1 s\u00faa aprobaci\u00f3n final e posta en marcha, e tendo sufrido cambio a lexislaci\u00f3n relativa dende aquela.<\/p>\n<p>As asociaci\u00f3ns ofreceron \u00f3 concello o seu apoio para a recuperaci\u00f3n do xulgado, \u00f3 tempo que pediron \u00f3 alcalde que se po\u00f1a mans \u00e1 obra para recuperalo despois de catro d\u00e9cadas.<\/p>\n<p>En canto \u00f3s outros temas, o concello tam\u00e9n recibiu apoio e petici\u00f3n para rematar co desuso da normativa oficial sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo, dentro da discusi\u00f3n sobre a Reserva da Biosfera. Tema relacionado tam\u00e9n foi o estado de enaxenaci\u00f3n \u00e1 Ribadeo da fachada mar\u00edtima do casco urbano, tan cambiado nos \u00faltimos anos.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 acceso \u00f3 centro urbano, presentouse o feito de que a humanizaci\u00f3n das r\u00faas non pode obviar que os coches de quen non vive no casco urbano necesitan aparcamento, e que para desprazarse no casco ser\u00eda convinte un trazado de v\u00edas que permitira facelo por medios alternativos, como a bicicleta.<\/p>\n<p>Como \u00e9 com\u00fan, esta nota de prensa est\u00e1 feita a partires dun resume da xuntanza, realizado por O Tes\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O s\u00e1bado tivo lugar unha nova xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns. Copio e pego a nota de prensa dente o blog de O Tes\u00f3n, non sen antes lembrar que hoxe hai pleno, do que non foi ampliamente difundida a orde do d\u00eda. O pasado s\u00e1bado 16 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns co [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,78,13,9],"class_list":["post-8549","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-participacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8549","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8549"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8549\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}