{"id":8492,"date":"2010-02-21T01:38:00","date_gmt":"2010-02-21T00:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:01:30","modified_gmt":"2024-11-12T14:01:30","slug":"o-cruce-de-libros-para-sair-publicado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/21\/o-cruce-de-libros-para-sair-publicado\/","title":{"rendered":"O cruce de libros &#8230; para sa\u00edr publicado &#8230;"},"content":{"rendered":"<p>Non \u00e9 doado atopar libros en calquera sitio. Pero cada vez se atopan m\u00e1is. O cruce de libros, o bookcrossing, que o pasado outono chegaba a Ribadeo e paraba na Oficina de Turismo cunha presentaci\u00f3n na que participou a AVV O Tes\u00f3n, o cruce de libros a traverso do mundo enteiro, est\u00e1 facilitando as cousas para que os libros sexan algo m\u00e1is libres, algo m\u00e1is de todos.<br \/>\nLibros deixados en calquera sitio, dun xeito moitas veces desorganizado pero tam\u00e9n moitas outras, a maior\u00eda, de forma organizada, liberados para que calquera outra persoa os atope e os use, os lea, e despois os volte liberar para que sexan usados por outras persoas, nunha cadea que se sabe en cada caso onde comeza, pero non onde finaliza. E que pode ter unha parada nun banco do parque, ou nunha cafete\u00eda, ou nunha gasolinera, &#8230; ou na oficina de turismo de Ribadeo, por po\u00f1er tam\u00e9n un exemplo dos numerosos lugares que son zonas &#8216;oficiais&#8217;, rexistrados e visibles en internet, de intercambio de libros. Por non falar doutros que, da man de calquera, viaxan dentro do pa\u00eds ou cara \u00f3 extranxeiro, cunha parada moi lonxana a onde tiveron a s\u00faa orixe. Un movemento que vai cumprir os dez anos medrando cada vez m\u00e1is apresa, de xeito que se o outono pasado andaba polos cinco mill\u00f3ns de libros liberados, en febreiro de 2010 sobrepasa os seis mill\u00f3ns.<br \/>\nA idea do cruce de libros ten d\u00faas bases: os libros poden ser usados gratis e o pracer da letura non debe ter barreiras. Dous puntais que serven de acicate para unha especie de revoluci\u00f3n silenciosa a nivel mundial, tendo como protagonistas \u00f3s libros viaxeiros, de man en man, de lugar en lugar, mesmo de pa\u00eds en pa\u00eds: \u201cOla, son un libro BookCrossing, non estou perdido, pertenzo a un clube de letores global\u201d \u00e9 unha frase caracter\u00edstica (ahi outras moitas posibles, e en moitas linguas diferentes) que pode verse nos exemplares liberados, acompa\u00f1ados por un c\u00f3digo, o BCID ou identidade do cruce de libros que facilita o seu seguemento. Volumes que non cami\u00f1an s\u00f3s: pode atoparse en xeral informaci\u00f3n diversa de cada un deles, dende comentarios xerais a cr\u00edticas, de impresi\u00f3ns particulares a gu\u00edas de letura,  dende Ribadeo a Australia, &#8230;<br \/>\nAs d\u00faas bases citadas dan lugar \u00f3 chamado R<sup>3<\/sup> (en galego, RLR): Read (Ler), \u00e9 dicir, desfrutar do libro, o apartado fundamental de todo o proceso. Register (Rexistrar) na web o libro que se via a liberar, para comezar o seu seguemento e a facilidade de uso \u00f3 resto dos potenciais letores, o que significa algo as\u00ed como darlle un valor engadido. Release (Liberar) para que este\u00f1a a disposici\u00f3n de quen o queira ler e desfrutar. RLR que non sempre se segue \u00f3 p\u00e9 da letra polas persoas que voluntariamente colaboran, pero que facilita un mellor funcionamento.<br \/>\nAs\u00ed, o cruce de libros \u00e9 unha iniciativa cultural sen \u00e1nimo de lucro, financiada polas doaz\u00f3ns voluntarias dos membros e a organizaci\u00f3n dun pequeno mercado relacionado a traverso de internet. Internet&#8230; unha tecnolox\u00eda que permite unha organizaci\u00f3n distribu\u00edda do bookcrossing, unha inscrici\u00f3n de libros deixados, \u00e1 maneira de unha biblioteca universal, un seguemento do material \u00f3 longo do mundo, unha referencia das leturas que ti fixeches e os libros que est\u00e1s pensando en ler, mesmo facerlle un seguemento \u00f3s libros que desexes por medio do correo electr\u00f3nico &#8230; todo, dun xeito voluntario que permite \u00f3 tempo, manter lagoas de informaci\u00f3n e acumular unha grande cantidade da mesma.<br \/>\nEnderezos: <a href=\"http:\/\/www.bookcrossing-spain.org\/\">http:\/\/www.bookcrossing-spain.org<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.bookcrossing.com\/hunt\/29\">http:\/\/www.bookcrossing.com\/hunt\/29<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.libro-libre.org\/\">http:\/\/www.libro-libre.org\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non \u00e9 doado atopar libros en calquera sitio. Pero cada vez se atopan m\u00e1is. O cruce de libros, o bookcrossing, que o pasado outono chegaba a Ribadeo e paraba na Oficina de Turismo cunha presentaci\u00f3n na que participou a AVV O Tes\u00f3n, o cruce de libros a traverso do mundo enteiro, est\u00e1 facilitando as cousas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-8492","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8492","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8492"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8492\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8492"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8492"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8492"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}