{"id":8490,"date":"2010-02-21T14:22:00","date_gmt":"2010-02-21T13:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:01:27","modified_gmt":"2024-11-12T14:01:27","slug":"unha-nova-edicion-iv-do-concurso-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/21\/unha-nova-edicion-iv-do-concurso-de\/","title":{"rendered":"Unha nova edici\u00f3n (a IV) do concurso de relatos hipercurtos"},"content":{"rendered":"<p>&#8220;O concurso consiste na  presentaci\u00f3n de relatos, de textos de 20 palabras exactamente (nin unha m\u00e1is, nin unha menos) adecu\u00e1ndose \u00e1s normas ling\u00fc\u00edsticas aceptadas en calquera das linguas das Comunidades de Galiza  e Asturias: galego, galego eo-naviego , castel\u00e1n e asturiano. No caso de haber d\u00fabidas ser\u00e1 o xurado quen resolva.<br \/>\nOs relatos hipercurtos poder\u00e1n ser presentados por calquera persoa ou colectivo cultural. Os menores de idade  precisar\u00e1n iren acompa\u00f1ados dos seus pais ou titores tanto para a entrega do relato como para a participaci\u00f3n na festa de entrega de premios. O estilo dos  textos ser\u00e1 libre acept\u00e1ndose tanto poes\u00eda como prosa, etc. e non hai l\u00edmite de traballos por autor ou autora. S\u00f3 se require a utilizaci\u00f3n de un dos tres m\u00e9todos preparados ao efecto:<br \/>\nO primeiro, e principal pola tradici\u00f3n do concurso, \u00e9 o uso das papeletas  cun \u00fanico texto ou traballo de 20 palabras en cada unha e un tel\u00e9fono de contacto preferibelmente m\u00f3bil para localizar os premiados e invitar por SMS os participantes \u00e1 cerimonia de entrega. Estas papeletas estar\u00e1n a disposici\u00f3n dos concursantes no pub EL CORTELLO, r\u00faa San Roque, 13 RIBADEO (Lugo) onde tam\u00e9n  estar\u00e1 a urna para depositar as obras a concurso.<br \/>\nOutra das opci\u00f3ns \u00e9 envialas por correo, postal ou e-mail aos enderezos: EL CORTELLO, r\u00faa  San Roque 13 RIBADEO 27700 ou  hipercortoselcortello@gmail.com intentando non inclu\u00edr datos persoais que poidan influ\u00edr no xurado, as\u00ed como protexer datos persoais sens\u00edbeis como prev\u00e9 a lei.<br \/>\nA terceira opci\u00f3n \u00e9 a trav\u00e9s de SMS (mensaxe curta) a un m\u00f3bil que estar\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel na publicidade do concurso (600265207).<br \/>\nA presentaci\u00f3n do concurso e a apertura do prazo de entrega de traballos ser\u00e1 o venres 5 de febrero \u00e1s 20.00 h nunha cerimonia de presentaci\u00f3n de bases, papeletas e urna.<br \/>\nO prazo de recepci\u00f3n de traballos finalizar\u00e1 o venres 9 de abril \u00e1s 24 h. Neste momento retirarase a urna do local e  cerrarase virtualmente a recepci\u00f3n de relatos polos outros m\u00e9todos. Esta data est\u00e1 prevista inicialmente para permitir un m\u00ednimo de 2 meses para a entrega de relatos hipercurtos.<br \/>\nA resoluci\u00f3n do xurado darase a co\u00f1ecer o  d\u00eda 23 de abril de 2010 \u00e1s  21h nunha cerimonia que incluir\u00e1 a lectura dos textos ganadores polos seus propios autores ou autoras, cuxa presenza no  acto \u00e9 indispens\u00e1bel para recibir o premio ou os premios.<br \/>\nEstas datas poder\u00e1n variar segundo a disponibilidade do xurado e  de EL CORTELLO<br \/>\nTodos os cambios de datas  definitivas ser\u00e1n anunciados con antelaci\u00f3n na prensa, radio e no propio local.<br \/>\nOs primeiros premios establecidos son tres:<br \/>\nPara o primeiro clasificado,  200 \u20ac  e un trofeo, obra dun prestixioso artista-ceramista da zona. Este trofeo ser\u00e1 igual para todos a non ser pola indicaci\u00f3n do posto obtido no concurso.<br \/>\nUn segundo premio, dotado igual de trofeo e una suscrici\u00f3n a unha revista literaria.<br \/>\nO terceiro recibir\u00e1  igualmente  o trofeo e a suscrici\u00f3n .<br \/>\nPara os finalistas haber\u00e1 agasallos de intenci\u00f3n literaria coma outros anos. A organizaci\u00f3n res\u00e9rvase o pos\u00edbel  cambio do valor ou os artigos dos premios.<br \/>\nO xurado estar\u00e1 integrado por profesionais da literatura ou a educaci\u00f3n, un membro da organizaci\u00f3n do concurso e  de El CORTELLO, e  un representante da \u00e1rea de Cultura do  Concello de Ribadeo.<br \/>\nA s\u00faa resoluci\u00f3n  ser\u00e1 inapel\u00e1bel e o xurado poder\u00e1 declarar deserto alg\u00fan dos premios, conceder acc\u00e9sit ou premios ex\u00ad-aequo  ou inclu\u00edr alg\u00fan premio m\u00e1is en raz\u00f3n da calidade dos textos presentados.<br \/>\nPor suposto,  os datos achegados polos concursantes non ser\u00e1n utilizados comercialmente nin formar\u00e1n parte de ning\u00fan ficheiro para usos non previstos pola lei  de datos.<br \/>\nA participaci\u00f3n no concurso sup\u00f3n a aceptaci\u00f3n destas bases.<br \/>\nA organizaci\u00f3n e as persoas  colaboradoras.&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;O concurso consiste na presentaci\u00f3n de relatos, de textos de 20 palabras exactamente (nin unha m\u00e1is, nin unha menos) adecu\u00e1ndose \u00e1s normas ling\u00fc\u00edsticas aceptadas en calquera das linguas das Comunidades de Galiza e Asturias: galego, galego eo-naviego , castel\u00e1n e asturiano. No caso de haber d\u00fabidas ser\u00e1 o xurado quen resolva. Os relatos hipercurtos poder\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-8490","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8490"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8490\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}