{"id":8485,"date":"2010-02-24T21:25:00","date_gmt":"2010-02-24T20:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:01:20","modified_gmt":"2024-11-12T14:01:20","slug":"sobre-o-castro-das-grobas-de-novo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/24\/sobre-o-castro-das-grobas-de-novo\/","title":{"rendered":"Sobre o castro das Grobas, de novo"},"content":{"rendered":"<p>Hai tempo que o pulo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez impulsou \u00e1 AVV O Tes\u00f3n e contribuiu a que o castro das Grobas se limpase e posteriormente se fixeran catas nel. Traballos que remataron a comezos da primavera pasada, e a dicir da xente que al\u00ed estivo traballando, e mesmo o que no seu momento puido observar nas escavaci\u00f3ns calquera visitante, con resultados positivos. Ach\u00e1degos nos que se incl\u00faen m\u00e1is de trescentas pezas extra\u00eddas das tres catas (d\u00faas de 5x5m2 e outra de 15x5m2) realizadas, e dos que a\u00ednda se pode observar o muro de edificaci\u00f3ns. Houbo pouco despois, a comezos do ver\u00e1n, unha nova na prensa que reafirmaba que a prospecci\u00f3n fora fruct\u00edfera, e anunciaba para finais do ver\u00e1n ou comezos do outono pasado a entrega da memoria definitiva no Ministerio en Madrid.<\/p>\n<p>Memoria que a d\u00eda de hoxe non se co\u00f1ece, nin sei que se presentara, polo que parece que o castro est\u00e1 polo momento desasistido dunha proxecci\u00f3n psoterior. A d\u00eda de hoxe, a pesar das boas palabras sobre o seu futuro, os seus fondos, a s\u00faa posta en valor, etc, non se sabe m\u00e1is do tema, mentras pouco a pouco a maleza vai retomando espazo, e a\u00ednda que os escolares do C.P. Gregorio Sanz, acompa\u00f1ados polos seus profesores e guiados por Jos\u00e9 M\u00aa, fagan excursi\u00f3ns para ver o lugar que habitaron un d\u00eda os antigos moradores.<\/p>\n<p>Queda, iso si, outro tipo de restos, como os artigos publicados sobre o Castro, un deles no libro &#8216;Sobre os Castros de Ribadeo&#8217;, editado o pasado ano por O Tes\u00f3n, ou os paseos organizados para a s\u00faa visita, as xornadas organizadas pola asociaci\u00f3n sobre os castros, a visita \u00f3 castro de Viladonga para poder ter unha referencia de recuperaci\u00f3n, ou o rastro en internet de diversos datos, entre os que se atopa como dirixirse al\u00ed dende Ribadeo.<\/p>\n<p>Queda, pero polo momento parece que s\u00f3 quedar\u00e1 esto, pois pediuse por exemplo unha sinalizaci\u00f3n para poder chegar al\u00ed dende o casco urbano, e ata agora non hai tal. Ou un d\u00edptico sobre o mesmo, e como non se imprima de internet o que hai, non se lograr\u00e1 impreso doutro xeito. Ou&#8230; o oco das escavaci\u00f3ns, que interpretei no seu momento que se \u00eda tapar para evitar o seu expolio, pero deb\u00edn de interpretalo mal.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, est\u00e1 xa en marcha de novo o exercicio de mover \u00e1s autoridades para que, \u00e1 s\u00faa vez se po\u00f1an en marcha para recuperar e por en valor o castro. Algo que sabemos que querer\u00edan facer, pero que preferimos alentar antes de esperar a que se eternice a decisi\u00f3n para recuperaci\u00f3n dun lugar que non s\u00f3 \u00e9 de todos, sen\u00f3n que a todos pode facer ben unha vez que se comece a po\u00f1er en valor.<\/p>\n<p>M\u00e1is sobre as Grobas, para comezar: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/03\/as-grobas-comeza-reexistir.html\">aqu\u00ed<\/a> ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/09\/o-castro-das-grobas-vilaseln-ribadeo.html\">aqu\u00ed<\/a>, ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/08\/escavacion-das-grobas-conferencia-de.html\">aqu\u00ed<\/a>, &#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai tempo que o pulo de Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez impulsou \u00e1 AVV O Tes\u00f3n e contribuiu a que o castro das Grobas se limpase e posteriormente se fixeran catas nel. Traballos que remataron a comezos da primavera pasada, e a dicir da xente que al\u00ed estivo traballando, e mesmo o que no seu momento puido [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[73,10,11,9],"class_list":["post-8485","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-castro-das-grobas","tag-cultura","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8485","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8485"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8485\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8485"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8485"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8485"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}