{"id":8473,"date":"2010-03-05T15:58:00","date_gmt":"2010-03-05T14:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:00:57","modified_gmt":"2024-11-12T14:00:57","slug":"exposicion-do-forte-de-san-damian","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/03\/05\/exposicion-do-forte-de-san-damian\/","title":{"rendered":"A  EXPOSICI\u00d3N  DO FORTE   DE  SAN   DAMI\u00c1N"},"content":{"rendered":"<p>Primi N\u00e9cega<br \/>\nPresentase esta exposici\u00f3n. Cunha participaci\u00f3n de artistas da mari\u00f1a, e como ben dice nese librito, que nos dan, negro e verde con dibuxo dunha maz\u00e1 -que case apetece comela- co seu t\u00edtulo a car\u00f3n : &#8220;Abrindo surcos no contempor\u00e1neo&#8221;. Nunca  mellor dito, por eso non quer\u00eda  pasar sen ir vela. Coido que foi unha cousa nova para min, e a sorpresa chegou cando entramos al\u00ed\u2026! Xa sei que temos anos \u00e9 que non pasan en balde! Pero a m\u00edn gustoume todo aquelo que vin, hab\u00eda para t\u00f3dolos gustos e antoxos. Hai que pensar que non era unha exposici\u00f3n corrente de  \u00f3leos, pintura e outras artes, pois xa nos percatamos, cando entramos, \u00f3 ver aquela \u00e1rbore no  Barreiro da  portada, onde perendollaban unhas maza\u00ed\u00f1as moi apetecibles, que daban ganas de comelas\u2026 E alguen dixo &#8211;\u00bfE esto qu\u00e9 \u00e9, venden maz\u00e1s\u2026?<br \/>\nTodo un pretexto moi interesante abrindo o cami\u00f1o para a sala da exposici\u00f3n. Malia que \u00f3 d\u00eda seguente non quedou unha maz\u00e1 na \u00e1rbore, tan s\u00f3 os carozos colgaban en est\u00e9tica vista. Sempre ocorren estas cousas, os rapazes xa se sabe&#8230; ou quen sabe quen foi.<br \/>\nDe xeito a exposici\u00f3n estaba moi ben titulada \u201cMari\u00f1arte 09\u201c Que est\u00e1 para regalo no sitio m\u00e1is emblem\u00e1tico de Ribadeo, pegadi\u00f1o \u00e1 nosa fermosa r\u00eda, en vela perenne as s\u00faas torretas e almenas, onde os gardas doutros tempos coidaban daquel polovor\u00edn, que a fin de contas foi arrasado. Por eso \u00e9 moi importante que as persoas que amen o arte se acheguen unha tardi\u00f1a para ver as pinturas, as fotos  \u00e9 a cer\u00e1mica, cos grandes segredos da ciencia \u201cinform\u00e1tica\u201c que aqu\u00ed se presenta, imaxinando un pouco cuan osa a fantas\u00eda, que estamos nuha terceira dimensi\u00f3n ou nun mundo diferente.<br \/>\nQuiz\u00e1is pola mi\u00f1a idade, quedei un pouco abraiada. Case cheguei a pensar\u2026 \u00a1Meu Deus, e non vou entender nada desto\u2026! pero pouco a pouco a grandeza e a perspetiva duns novos valores, moitos deles para min desco\u00f1ecidos, fix\u00e9ronme reaxir de contado. E al\u00ed estaban fal\u00e1ndome na s\u00faa linguaxe de algo novo por vir, dunha  xeraci\u00f3n que existe, e que nos apenas co\u00f1ecemos.<br \/>\nAg\u00e1s o cadro de \u201cAs portas da memoria\u201c diciame ese algo que chegaba moi adentro, coa s\u00faa  br\u00e9tema, e aquel anoitecido no tempo da doenza, do engano dunha amargura presente. As\u00ed como a  imaxe da \u201cnena dos rizos\u201c sobre os papeis da escola, todo tristura, engano no espello dun vivir cal v\u00edtima inocente. E moitos m\u00e1is  que me dec\u00edan algo a traverso daquela tarde, como o do  av\u00f3\u2026 co seu pensamento derradeiro de tanta soidade\u2026 deixando na porta da casa unha noti\u00f1a dicindo   \u201c non hai ningu\u00e9n &#8230;<br \/>\nTodos o fixestes moi ben. Compre agora felicitarvos por ese acontecemento para que sigades adiente. Pois xa sabedes todos que este mundo nada ser\u00eda, senon fora \u00f3 arte, a xuventude esa posta en serio \u00e9 a esperanza, e tamen todo amor que cada quen puxo no seu traballo.<br \/>\nEnhoraboa\u2026<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Primi N\u00e9cega Presentase esta exposici\u00f3n. Cunha participaci\u00f3n de artistas da mari\u00f1a, e como ben dice nese librito, que nos dan, negro e verde con dibuxo dunha maz\u00e1 -que case apetece comela- co seu t\u00edtulo a car\u00f3n : &#8220;Abrindo surcos no contempor\u00e1neo&#8221;. Nunca mellor dito, por eso non quer\u00eda pasar sen ir vela. Coido que foi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,108],"class_list":["post-8473","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-primi-necega"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8473","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8473"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8473\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8473"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8473"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8473"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}