{"id":846,"date":"2024-03-08T15:39:00","date_gmt":"2024-03-08T14:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:55:27","modified_gmt":"2024-10-23T09:55:27","slug":"homenaxe-cataluna-ler-o-xornal-como","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/03\/08\/homenaxe-cataluna-ler-o-xornal-como\/","title":{"rendered":"Homenaxe a Catalu\u00f1a. Ler o xornal como exercicio mental"},"content":{"rendered":"<p><span>Homenaxe a Catalu\u00f1a. Ler o xornal como exercicio mental<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Non hai tanto tempo a\u00ednda que lin &#8216;Homenaje a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Catalu%C3%B1a\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Catalu\u00f1a<\/a>&#8216; (\u00e9 dicir, a traduci\u00f3n castel\u00e1 da obra de G. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Orwell\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Orwell<\/a>). A verdade, pensei que \u00eda ser outra cousa, pero a\u00ednda as\u00ed, gustoume \u00f3 tempo que me deu unha visi\u00f3n que non ti\u00f1a sobre o ambiente de guerra naqueles anos convulsos da guerra civil, en particular en Catalu\u00f1a.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Volv\u00edn lembrar o tema hoxe mesmo a conto dun editorial nun diario editado en Galicia, que non en galego nin concibido como galego, no que, unha vez m\u00e1is na li\u00f1a do xornal, fai un ataque a certos partidos ceb\u00e1ndose no corpo do estado precisamente con ese t\u00edtulo, ataque \u00f3 estado de dereito.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hai tempo que ve\u00f1o lendo o xornal -en xeral, os xornais, non s\u00f3 unha cabeceira- como exercicio mental. Tentando separar os feitos das opini\u00f3ns vertidas como feitos a trav\u00e9s de diversos m\u00e9todos, entre os que non est\u00e1 a vontade de presentar as cousas de xeito obxectivo nin o presentalas dun xeito completo que dea lugar \u00e1 creaci\u00f3n dunha interpretaci\u00f3n independente. Na mesma li\u00f1a, tam\u00e9n ve\u00f1o observando dende hai m\u00e1is de trinta anos a deriva da prensa a nivel estatal. Digo, hai m\u00e1is de trinta anos porque hai algo menos dese tempo lembro ter participado nun pequeno coloquio con xente doutros pa\u00edses onde a\u00ednda gababa o nivel da prensa en Espa\u00f1a, mesmo axustando que cr\u00eda que comezara un certo declive.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O caso \u00e9 que debera ser raro e vergonzante o ataque a unha lei que a\u00ednda non se presentou e da que pouco se sabe, co argumento de que \u00e9 ilegal, \u00f3 tempo \u00f3 que se ataca a quen a promove, polo feito e promovela, como se se tratara de delincuentes collidos in fraganti. No tempo transcorrido dende o comezo deses ataques, deu voltas, ten informes de legalidade, apoio expl\u00edcito ou impl\u00edcito de diversas instancias, pero segue a ser atacada m\u00e1is ou menos nos mesmos termos: lei ilegal impulsada por delincuentes. Pouco importa, do mesmo xeito que pouco parece importar tratar a xente que protesta como se fosen terroristas noutra lei que xa ten un decenio de coacci\u00f3n \u00f3 pobo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Como dic\u00eda, volv\u00edn lembrar a obra de Orwell a conta de todos os ataques a Catalu\u00f1a co enunciado de &#8216;defensa de Espa\u00f1a&#8217;, no que resulta ser un ataque a unha parte do estado para tentar manter unha idea hexem\u00f3nica dese mesmo estado que se di defender.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Non o entendo. Non o entendo m\u00e1is que como t\u00e1ctica, imposible como estratexia de destruci\u00f3n do que se di amar. E venme a lembranza da pasaxe do antigo testamento no que o rei prop\u00f3n como soluci\u00f3n \u00e1s d\u00faas presuntas nais dun p\u00edcaro o partilo pola metade. Non, non entendo a escalada de agravios, moitos deles entendidos como tales s\u00f3 por privilexiados que negan eses privilexios \u00f3 resto, o motivo do agravio. Por certo, algo compartido por ambos bandos, ou peor, por ambas bandas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Homenaxe a Catalu\u00f1a. Ler o xornal como exercicio mental &nbsp;&nbsp; &nbsp;Non hai tanto tempo a\u00ednda que lin &#8216;Homenaje a Catalu\u00f1a&#8216; (\u00e9 dicir, a traduci\u00f3n castel\u00e1 da obra de G. Orwell). A verdade, pensei que \u00eda ser outra cousa, pero a\u00ednda as\u00ed, gustoume \u00f3 tempo que me deu unha visi\u00f3n que non ti\u00f1a sobre o ambiente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-846","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/846","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=846"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/846\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=846"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=846"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=846"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}